O Interrogatorio de Leis con… Julio Vila Torres
- “Os rapaces empezan a xogar dunha forma académica moi pronto. O Fútbol 7 ou Fútbol 8 debería deixarse a un lado”.
- “O Fútbol da Costa avanza cara a supervivencia propia en si mesma en moitos dos casos, onde as directivas seguen por non deixar desaparecer o feito e conformadas polas pais e nais dos nenos mentras os teñen alí.”
- “Os clubs non protestan… como van protestar? O Fútbol da Costa debería de unirse nunha Asociación que defendese os intereses de todos para pedirlle cousas as Administracions e a Federación. Deberían negociar xuntos a compra de material... o transporte dos equipos... as aseguradoras, servizo de fisioterapia e rehabilitación en garantías... os plans de competición... todo.”
- “Este ano dividiron as categorias de Xuvenís, Cadetes e Infantís en tres niveis... Un equipo como o Coristanco ten que ir competir ao Norte da Provincia de Pontevedra... En que cabeza cabe iso?”.
- “Os plans de competición hai que poñelos claros ao principio da temporada. E a Copa da Costa debe de ser xogada por equipos de 1ª, 2ª e 3ª Rexional”.
- “Na Comarca de Bergantiños temos un equipo que esquilma o fútbol base que hai darredor deles. Ti fas prebenxamín, benxamín, alevín e a nada que saques algún rapaz que sirva para xogar xa veñen eles con cantos de sirena e traballas para o inglés”.
- “Ponteceso é a ultima parada, é un premio. A idea é crear canteira e sentido de pertenencia nos que veñen atrás”.
- “A Copa da Costa é tradición... é un sentimento de pertenza…”
Nestes tempos falar con alguén que non te adorna o que queres escoitar adquire un valor incalculable. Tamén é certo que pode levar a máis dunha discusión xa que hoxe en día só nos gusta escoitar o que nos convén e as sensibilidades nos últimos tempos son moi fáciles de ferir. O noso interrogado é dos que non adorna o que di pero o que di adorna sempre o coñecemento de quen o escoita.
Podo dicir que creo que o coñezo ben (témonos encontrado dentro e fóra do campo) pero tamén vos digo que unha das súas maiores virtudes é que nunca o coñecerás de todo, xa que sen dúbida é alguén que ten a capacidade de sorprender. En materia futbolística temos, para min poucos cos seus coñecementos (finalista da votación ao Mellor Adestrador do curso pasado), postos a día de h ao servizo dun dos nosos equipos do fútbol costeiro, o que creo que é un luxo.
Seguro que moita xente ten unha idea preconcibida sobre el, seguramente por non coñelo en profundidade, polo que hoxe imos tratar de que o coñezades un pouco máis, con vos don Julio Vila... Torres.
- 1.- Sempre que falamos por teléfono digo o mesmo: “Don Julio Vila, como estás?” Ao que a túa resposta é sempre a mesma: “Torres, Julio Vila Torres”. Pode parecer un detalle insignificante pero penso que un ten gran valor. Que valores herdaches dos teus pais?
Pois Julio Vila Torres... Julio de Parucha... heredas todo. Bo e malo, pero o máis importante é cumplir ca palabra dada, traballar e aforrar e intentar darlle o mellor os teus na medida en que se poida... E aínda dentro das diferentes opinións ou forma de facer as cousas. Lealdade, pertenza e querer que ás veces costa sacalo para fóra. Valen máis os feitos que as palabras.
- 2.- Teño a sensación de que moita xente non te coñece abondo. Deixando o fútbol a un lado, quen é Julio Vila Torres?
Afortunado máis ca ningunha cousa. Como dicía antes para min a familia é moi importante... Crieime nunha que me dou todo, acolléronme noutra de forma espectacular e formei outra con Matilde que polo de agora vai ben... 31 anos xuntos.
Julio Vila Torres é fútbol e familia... e música.... Leño, ACDC... e algunha que outra canción adicada a Federación Galega de Fútbol.
- 3.- E quen queres ser no futuro?
Quero seguir sendo eu... independente... a nivel traballo conserva-o e a nivel fútbol non teño maior aspiración. Sempre digo que o vou deixar e sempre acabo meténdome noutra temporada. De feito para min os anos van de primeiros agosto a finais de xuño. Quizais botar máis tempo con meus pais que xa están moi maiores, pero este ir e vir da vida de hoxe en día parece que non tes tempo para nada…
- 4.- Fostes xogador, adestrador, traballastes para un club profesional [Huesca], pai de futbolistas, como ves o fútbol actual?
O fútbol actual…
O profesional moi saturado... moitas competicións e moitos partidos.... pero... do fútbol da tele o noso hai ata 6 categorías. O fútbol evoluvionou moito en temas de metodoloxía de entrenamento e forma de facer as cousas. Nós en Ponteceso, en 2ª Rexional, temos Preparador Físico, algúns equipos fan scouting de outros partidos, vídeos... cada día hai máis e mellor xente preparada cas xeneracións anteriores... en todas as categorías. Que vai faltar? Materia prima…
... na Comarca de Bergantiños temos un equipo que esquilma o fútbol base que hai darredor deles. Ti fas prebenxamín, benxamín, alevín e a nada que saques algún rapaz que sirva para xogar xa veñen eles con cantos de sirena e traballas para o inglés. A Federación Galega de Fútbol debía meter man de eso e non permitirlle a eses clubes ter máis dun equipo en determinadas categorías… Os equipos pequenos tamén queren formar e fomentar o sentido de pertenza.
- 5.- Sempre que falo de ti emprego a expresión: enciclopedia do fútbol, es dos que anhela o fútbol de antaño?
Máis que anhelar o fútbol de antes, anhelo poder xogar eu unha pachanga… Eu penso que os rapaces empezan a xogar dunha forma académica moi pronto. O Fútbol 7 ou Fútbol 8 deberia deixarse a un lado e que foran os nenos dentro do ambito da escola os que o practicaran ca axuda dos monitores ou dos profesores da mesma escola xunto con outros deportes como poidan ser fútbol sala, baloncesto, balonmán... etc, etc... que lle darían unha riqueza de aprendizaxe inmensa.
Queremos especializar os nenos dende biberóns e o que estamos facendo e condicionalos dunha forma egoísta. Os que facemos de adestradores nestas categorías parécenos que somos os máis e mellores estrategas do fútbol mundial.. Eu diante de todos e acabamos por aborrecer os rapaces que chegan a xuvenís e deixan todo. Efectivamente máis que anhelar o futbol de antes anhelo o aprendizaxe independente de antes... a calle... as rodillas e as mans rascadas das areas.
- 6.- Desde a túa opinión, que momento está a vivir o Fútbol na Costa? Cara onde debe avanzar o noso fútbol?
Vive unha epoca de bonanza no que se refire a medios para poder adestrar instalacions, material, xente con máis ou menos formación para facerse cargo dos adestramentos etc.. Quizais onde máis escasea xente é no de sempre, nas directivas que son sempre os mesmos..
Cara onde avanza? Volvo sobre a resposta anterior. Ao empezar moi pequenos os rapaces cando chegan a cadetes, xuvenis empezan a abandonar por moitos motivos, dende o aburrimento ata as obrigas dos estudos e dos traballos e é aí onde temos maiores dificultades para encontrar xente válida para competir nestas categorías e en seniors. Practicamente só adestras os venres e compites os domingos e reflexar un modelo de xogo ou outro é unha "quimera" nesas condicións.
Avanza cara a supervivencia propia en si mesma en moitos dos casos, onde as directivas seguen por non deixar desaparecer o feito e conformadas polas pais e nais dos nenos mentras os teñen alí. Hai excepcions pero son poucas... tes o Bergantiños e o Sofán como cabeceiras da comarca e con directivas potentes... pero... Cantos xogadores ten da comarca o Bergantiños? E o Sofán? Cantos do Concello? Por rebaixar e esixencia, poucos nos dous casos. Poñen pasta e viven unha realidade paralela e chea de espiñas. Neso admiro máis o Dumbria que quedou Campión da Copa da Costa con rapaces mallados ali dende ben cativos seguramente non do concello pero si da comarca e formados ali dende o fútbol base…
- 7.- Convivimos moito durante a nosa etapa en Dumbría, reñimos, rimos, separamos os camiños pero seguimos en contacto e a miúdo falamos de fútbol, dos nosos fillos, dos seus estudos, etc. Ao final iso é o que queda, rivalidades a un lado. Non cres que o fútbol na Costa debería ser un vínculo que nos una moito máis?
”Imos morrendo e imos aprendendo”. O Fútbol da Costa debería de unirse nunha Asociación que defendese os intereses de todos para pedirlle cousas as Administracions e a Federación. O Presidente da Federacion Galega de Fútbol estarrece a unión dos outros pero el encabeza a unión de todos…. "Consejos doy que para mi no tengo". É un contrasentido... o que fixeron o ano pasado co calendario da Copa da Costa aínda hoxe non tivo moita explicación agás a celebración da Supercopa que daba acceso a participación na Copa do Rei e que foi un acerto en toda regla... pero sobraron datas e non quero acordarme da humillación a que someteron ao Buño o ano anterior, un dos clubs fundadores da Liga da Costa.
As eliminatorias a partido único ata semifinais son un acerto, que dúbida cabe, e dalle emoción a unha competición que perdiu pulo co tempo e revitalizouna... agora ben, fora destes desencontros puntuais e aínda así volvo a repetir... os clubs deben de unirse, conformar unha asociación, velar polos intereses comúns... este ano dividiron as categorias de Xuvenis, Cadetes e Infantís en tres niveis... un equipo como o Coristanco ten que ir competir ao Norte da Provincia de Pontevedra... En que cabeza cabe eso? Quen foi o iluminado que eliminou a categoría de "Galega" e conformou unha intermedia e con que sentido? Recaudar máis cartos? O increible é cos clubs calan e sométense... Non sería mellor reforzar as ligas autonómicas e que foran máis competitivas e non "escajallar" o que hai feito... que sentido ten un partido de fútbol base que remata 14-0? Ao final vou ter que darlle a razón a Paco de Vimianzo cando me di "bolsillo cheo e barriga quente”.
- 8.- Esa etapa en Dumbría que significou para ti?
Dumbría... Dumbría é luz... "como me pude ir de esta ciudad”, dicía Maradona aterrizando en Barcelona a finais dos oitenta e con motivo dunha Gala da revista Don Balón… En maio, cando fomos xogar co Ponteceso o partido de volta das semifinais da Copa recibiron a miña familia cos brazos abertos, foron tratados coma da casa. Iso para min é todo. Aprendín a competir... entrei adestar Cadete de Liga Galega con 12 xogadores en pretemporada, 3 de eles porteiros... tiven que buscar xogadores debaixo das pedras. Co paso do tempo souben que estiven na corda frouxa máis do que eu cría. Valíu a pena? Rotundamente si. Outros no meu sitio ou incluso antes puxeron pés en Polvorosa, eu sufrino pero tamén o gocei. A Directiva aguantou a decisión que tomara cando me chamaron e prestáronme a súa axuda sempre. Pablo Conde Cives foi un caballero. César, López... e Serguei... "Pum, Pum, Pum" ese Serguei… en Dumbría bate un corazón invencible e un cerebro que o computa todo... Manolo López. O conflicto é inherente ao grupo pero eu non podo estar máis que agradecido por pertencer seis anos a aquel equipo. Ali empecei co Fútbol 8 tamén e alí Manuel fíxose xogador mellor ou peor pero... aí está.
Tamén teño recordos para Huelvis, para ti Óscar... para Carreira... Joaquín… Pastoriza... tantos... os nenos... Costa Carabel, Taboada, Nico Gómez, Costa Ramos, Rubén de Sardiñeiro... todos, todos... os últimos cos que tiven que fun ver a Coristanco hai nada: Jorge, Unai, Eloy...cracks. Foi unha epoca espectacular. Sábeo ben Javier Taboada e Heny.
- 9.- Antes de entrar no club do Conco, eras crítico con el. Unha vez dentro cambiou a túa forma de pensar?
Si... é verdade. Era crítico... con motivo dun partido de Copa en Fisterra no ano 2010 no que estiven de boria cun fisterrán ilustre que se queixaba amargamente de que o Dumbría arramplaba con todo... Ventanas viulle potencial ao fútbol base da Costa e quixo que fora unha realidade en Dumbría. Puxo o fútbol base nas mans de Diego Lobelos e dun tal Oscar Leis... e os poucos foron ocupando os primeiros postos das respectivas ligas de autonómica ata metelos en Ligas Galegas e mesmo División de Honra. Mais ca crítica, sería envexa. Non sabía a que sabía a medicina de ter equipos competitivos sempre e despois de probala daste conta do traballo que hai detrás… da captación de xogadores e de saber deles. Un traballo que non se ve máis ca nos resultados, hai que desplazarse, falar cos rapaces, falar cos pais... comprometelos, aguantar carros e carretas... Hai contradición en min? O que lle critico ao Bergantiños non llo fago o Dumbria? Si é certo... fai pouco fixen contas do que recauda o Bergantiños co fútbol base... Uns 80.000 euros, máis menos, ao ano, e ten que ir a outros concellos próximos fichar nenos. Cantas fichas move un e cantas o outro? E volvo cara atrás... Por que outra categoría a maiores no fútbol base de Xuvenil, Cadete e Infantil?
- 10.- En que equipos xogaches?
Xoguei pouco e mal.
Xuvenil en Coristanco con 15 anos e depois co equipo de Agualada de maiores pero coma o Guadiana... un ano si e outro no… Era bastante pirata. Despois empecei máis en serio na SD Coristanco con 24-25 anos pero torcin un xeonllo e fixen unha tendinitis e xa parei. Moi poca cousa... fabulamos con que somos moi bos xogadores pero "aujadeorisos”. Despois si que de pseudoadestrador si que levo anos 93-94 e 94-95 en xuvenís aqui na Agualada... E a partir do 05-06, xuvenís en Coristanco (5 anos, infantís 2), infantil en Baio, xuvenís e cadetes e F8 en Dumbría; 3 en sénior en Ameixenda e agora xa 3 nos sénior e F8 de en Ponteceso. E polo camiño fixen "ojeador" da SD Huesca un ano... como esta o fútbol, #Diosmio.
- 11 - Todos, ou case todos, temos alguén que nos marcou futbolísticamente, quen foi no teu caso?
Juan Gomez "Juanito", Carlos Santillana e Emilio Butragueño... na TV. No noso futbol? Rogelio López Pose... con apenas 13 anos ía con el ver como adestraba no Bergantiños de Preferente dirixido polo difunto Gerardo Calvo... Sempre detras del. Ía a Baio o Balsiño cando os adestraba Manolin... a Nanton cando saíon Campións de Copa primeiro e de Liga despois... Que equipos!!! Non habia un malo e si o habia pasaba desapercibido. Roi era gañador, carácter, xenio... potencia... once Rogelios facian falta en cada equipo…
- 12.- Despois de traballar como adestrador en varios clubs, creo que o Ponteceso che vai coma anel o dedo, equivócome? Que obxectivos vos marcades?
Ponteceso é a ultima parada, é un premio. Que eu sea adestrador do Ponteceso ten delito. É un grupo de xente excepcional tanto a nivel directivo como os compañeiros que adestran... Anota un nome: Eva Carril. Vai non, xa é unha adestradora fantástica e os xogadores... todos, dende o primeiro ao último axudan todo o que poden.
Ás veces tes que sacalo pao pero nada... son responsables. O domingo pasado en Louro enchéronme o peito de orgullo, que forma de rebelarse a derrota, que forma de levantarse unha e outra vez... tanto Ángel coma Brais e eu o obxectivo que nos marcamos é facer un equipo competitivo que vaia aos poucos cara arriba, conseguir pouco a pouco recuperar lesionados e coller embale dunha vez por todas e escalar posicións si somos capaces... pero o máis importante é facelo xuntos, facer equipo, unión e que eles os xogadores sexan os verdadeiros protagonistas tanto seniors coma algún que outro xuvenil que xa vén con nós. Deixar pouso nese sentido, crear canteira e sentido de pertenencia nos que veñen atrás…
- 13.- Vouche poñer a proba tocando algúns temas que seguro que outros serían politicamente correctos. Que opinas dos plans de competición e da maneira de propoñelos?
Os plans de competición... os plans de competición hai que poñelos claros ao principio da temporada. Cando se termina ca inscripción dos clubes e unificar fechas das ligas... de 1ª, 2ª e 3ª. Os equipos de Preferente non pertenecen á Liga da Costa e non fan nada xogando competicións coma a Copa e menos condicionando o calendario para o pracer deles, e dígoo aquí alto e claro. Aínda que o fútbol ás veces dache un revolcón como lle pasou o Sofán este ano na Ponte do Porto non é xusto que ti, con menos recursos, te enfrontes a ese tipo de equipos que che saca dúas categorías. A Copa da Costa debe de ser xogada por equipos de 1ª, 2ª e 3ª Rexional. Estas Supercopas con acceso a posibles eliminatorias da Copa do Rey responden a soños de grandeza en sobremesas nas que os máis cativos non collemos.
- 14.- Houbo casos nos que, aínda que se vexan perxudicados algúns clubs e non Iles gusten determinadas decisións, ninguén alza a voz e prefiren calar e acatar. Cal cres que é o motivo desta actitude cando mesmo en privado admiten non estar de acordo con determinadas decisións?
Os clubs non protestan... como van protestar. O ano pasado chamaron dende a Federación Galega de Fúttbol para queixarse da miña actitude co cambio de datas… esa é a sua forma de proceder. Xa o dicía Alfonso Guerra, o que se move non sae na foto. Isto a nivel rexional... o que se cocerá si vas subindo... #diosmío. Imaxínate que ti te revolves contra o poder establecido. Non volves a disfrutar de posibles prevendas como poden ser fases finais de Fútbol 8 locales ou de seleccións de Subdelegacións... finais de Copas de Futbol Base... senior…
- 15.- Pensas que falta unidade no noso fútbol, só nos activamos cando as decisións nos perxudican, mentres que o perxudicado é outro non o vemos igual, é necesaria unha unión de clubs máis forte na procura do ben común?
Os equipos da Costa tenhen que unirse... negociar xuntos a compra de material... o transporte dos equipos... as aseguradoras, servizo de fisioterapia e rehabilitación en garantías... os plans de competición... todo. A unión fai a forza... e non deixarse ir por sacar unha foto cunha copa de non sei que. Formación dos monitores, reciclaxe... pedir a mellora dos arbitraxes en xeral... moito por mellorar. Son o Lucifer xa o sei…
E no noso futbol hai xente moi cualificada para negociar todo eso.
- 16.- O Fútbol Costeiro é envexado en todo o noso país pola paixón coa que vivimos cada xornada e o seguimento que ten semana tras semana. A nosa Copa da Costa é un torneo de profundas raíces e tradición que ningún outro torneo de fútbol modesto ten, teño a sensación de que cada tempada intentan equiparar o noso Torneo de Copa co de Coruña ou Sar, por exemplo, cando penso que debería ser ao revés e tentar achegar aos demais ao noso. Que opinión tes ti sobre isto?
A Copa da Costa é tradición... é un sentimento de pertenza... eu mesmo me recordo con apenas 10 anos ir a praia a Laxe e coincidir con algún partido de Copa de aquel equipo do que formaban parte os Tinolos... subir a valla do Escarabajo arrabunando as pernas e ver o Laxe contra o Peñarol de Montevideo... ou sería o Atalaia de Porto do Son contra o Real Madrid... os siareiros no Fondo Norte de caolín animando os equipos. O torneo por excelencia... a recaudación para os xogadores... dalo todo ata o último alento. Xa o dicía Cruyff non hai nada como xogar á caída, ida e volta... tamén ten que ver co aire do mar, do Atlantico... ca Costa da Morte en si.
- 17.- Arrepínteste de algo? De aceptar a entrevista por exemplo?
Non me arrepinto de nada. Sei que o que escribo e contesto vai caer mal pero tampouco me importa moito... é o meu sentir.
Balonazos
- Frauta ou gaita?
Gaita…
- O día do Baio - Ponteceso quedou sen paga un tal Manuel Vila Pose?
A Manuel pouco tempo lle dou de pagar. Acabou o partido e leveino coller o tren a Coruña para Ourense... Iso si, díxenlle que tiña que ter coidado cas anticipacións (coláronselle un par de balóns) e cerrar pase por dentro co seu central, facer ben a liña de catro... carpintería. Os adestradores modernos... menos ronditos, xogos de posición e máis golpeos, pés de apoio... orientación, balón e rival... enseñar... descubrimento guiado... e adestrar nas condicións da competición.
- Vinicius ten…?
Vinicius non ten... non hai pausa... o Balón de Ouro mangáronllo... iso é certo. Calquera partido de semifinais de Copa de Europa ou Final tivo máis emoción e competencia que toda a Eurocopa que sufrimos este ano. Como decia Bill Clinton... "Es la economiaidiota, es la economía”.
- É certo que hai un pequeno Bernabeu na Agualada?
Hai un Bernabeu na Agualada... na de Parucha... e que Bernabeu... fútbol a cañón na TV, xamón, queixo todo tipo de viandas, Estrella Galicia... e o Madrí, uns días ganando e outros perdendo coma o outro día co Barça... pero... "que nos quiten lo bailado”.
- Poñome serio para despedirnos. Sabes que te admiro e que te aprecio moito, tanto no deportivo como no persoal, agora por riba sinto unha envexa tremenda porque tes a oportunidade de adestrar a Alberto Reacarei. Cóntanos como e iso.
Alberto Recarey. O domingo dei a aliñación con el de titular e ao acabar a charla cando xa saiamos o campo díxome que puxera a Mendieta de titular... que viña dende a Coruña xogar a Louro depois de traballar toda a semana e que prefiria que xogara el de saída…
Alberto é xeneros, comprometido, o primeiro en poñerse a traballar e buscalo mellor para o equipo... Alberto, Mendieta, Nando, Pedro, Javino, David Castro, Iván Rodríguez, Ures, Luca, Neira, Camilo, Brais, Darío, Puente, Ángel, Mara, Eloy Álvarez, Juanjo, Damián, Cotelo, Martín Pérez… todos e cada un de eles para min é un pracer inmenso ser o seu adestrador. ...inmenso ser o seu adestrador do que ten a culpa Pablo Mallón.
- Julio, moitas grazas polo teu tempo, pola túa paixón e a túa amizade, que espero seguir mantendo despois desta charla [risas]. Como sei que che encantan as dedicatorias, a quen lle queres dedicar este interrogatorio?
Dedicolla a José Maria Abelenda Velo, Antonio Calvelo, Rafael Pose Novo e a miña abuela Josefa Torres Espasandín.
Máis novas
O Interrogatorio de Leis
- O Interrogatorio de Leis con… Juan Cabrejo.
- O Interrogatorio de Leis con... Pablo Vigo.
- O Interrogatorio de Leis con... Miguel Chouza.
- O Interrogatorio de Leis con… Borja Facal.
- O Interrogatorio de Leis con… Trucho.
- O Interrogatorio de Leis con… Josiño Mira.
- O Interrogatorio de Leis con… Serguei.
- O Interrogatorio de Leis con… Dora.
- O Interrogatorio de Leis con… Vítor Recarei.
- O interrogatorio de Leis con Silvia Cancela.
Outras entrevistas en QPC: Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”.
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.