venres. 06.12.2024
El tiempo

3ª Galicia: Escapa o Xallas

 Zas-Ameixenda-Foto-Noe Tourinan 1
Imaxe do Zas-Ameixenda-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Escapa o Xallas

Xornada de desacanso para o Malpica e o Xallas goleaba ao Seaia xa ten 6 puntos máis que o segundo, agora o Sofán B, que conseguía unha vitoria importante no Cubaleiro.

O Oza segue empeñado en manterse arriba, e o Soneira non acaba de estoupar e non pasaba do empate ante un gran Buño. O Lira venceu en Laxe e ocupa a 4ª praza de promoción a día de hoxe, deixando fóra a equipos como Cerqueda, Corcubión, Buño, o propio Laxe, ou o Zas, que necesitaba a amisosa visita do Ameixenda para romper un comezo malísimo de campaña.

Laxe - Lira (0-1)

  • Laxe: Jacobo, Aarón, Guzmán, Rubén, Eloy Liñares, Adrián, Samuel, Bieito, Saleta, Carrabete, Santi Casás. Tamén Roi, Manuel, Lema, Íker e Sergio.
  • Lira: Raúl, Isaac, César, Cartamil, Amoedo, Miguel, Gael, Juan, Marcos, Oli e Ángel. Tamén: Alexis Cambeiro, Christian, Aron, e Ramón.
  • Gol: 0-1, m.85: Ramón.

Partido xogado o sábado, marcado pola chuvia, que obrigou a xogar en longo todo o partido. Por parte do Laxe Saleta mandou unha falta ao longueiro e por bando liracho, chegaba o gol da vitoria no treito final.

Pereiriña - Oza (2-4)

  • Pereiriña: Isma Antelo, Eloy, Fabián, Diego Oca, Adrián Ozón, Estebo, Brais Lagoa, Antón Lestón, Tito e Charli. Tamén: Xacobe, Pablo, Jose, Chiru e Maelo.
  • Oza: Brais, Moreno, Isac, Casais (Aron), Lavandeira, Alex Freire, Nacho, Iván, Nico, Hugo Fraga e Abib (Edu).
  • Goles: 0-1, m.3: Nacho; 1-1, m.10: Antón Lestón de falta; 1-2, m.58: Hugo Fraga; 1-3, m.66: Hugo Fraga; 1-4, m.68: Hugo Fraga; 2-4, m.78: Estebo.

Partido intenso, que comezaba xa a golpes. Adiantábase o Oza co tanto de Nacho, pero de contado Antón Lestón sacaba a pluma para facer o empate de falta. Era mellor o equipo de Joaquín Quintáns, con algunha ocasión no primeiro tempo, pero pouco claras.

Mellourou na segunda o equipo carballés, aínda que o choque se volveu algo máis bronco. E en 15 minutos de desconexión local, aparecía Hugo Fraga para facer tres tantos consecutivos e romper o partido.

Oza celebrando vitoria
O Oza dedica a vitoria ao capitán Javi Vilariño, que tivo un percance no choio que o vai deixar fóra dos terreos de xogo un tempo.

Nantón - Cerqueda (3-3)

11 do Cerqueda en Fontoinas
11 do Cerqueda en Fontiñas
  • Nantón: Vidal, Fran, Muíño, Fariña, Adrián Abelenda, Roi Fachal, Márquez, Fuentes, Santi Moreira, Redondo e Iván Moreira. Tamén: Guille, Tato e Kevin.
  • Cerqueda: Mario, Adrián, Marcos, Dani Reixía, Samuel, Joel, Gus, Martín Añón, Íker, Eloy Suárez e Julián. Tamén: Alex Pazos, Christian Velo, Jose Alejandro, Rubén e Hugo.
  • Goles: 0-1, m.2: Joel; 1-1, m.23: Redondo; 2-1, m.38: Fran; 2-2, m.48: Joel; 3-2, m.52: Fran; 3-3, m.84: Samuel.

Partido con duas partes diferenciadas, que comeza co tanto nada máis comezar de Joel para os visitantes. Pero os de Jorge Calvete tomaban o mando nas Fontiñas e aproveitaban a pasividade visitante para dominar o partido, e facer ocasións como unha de Iván Moreira, ou o tanto de empate de Redondo nun rebumbio. Antes do descanso, un pase filtrado a Fran, que se estreaba como dianteiro titular, permite ao eterno lateral meter o segundo para os locais.

Saíron mellor os de Emilio Uzal na segunda. David avisa, e de seguido empata Joel cun gran cabezazo a centro de Jose. Pero pouco despois volve adiantarse o cadro local nun balón longo que volve cazar Fran á carreira.

Envorcouse o Cerqueda, metendo na área aos cabaneses, ata que Samuel empataba de novo. Con só 8 para o final, o partidi envorcouse para o outro lado, e o Nantón tivo un par de ocasións para levar o partido, como unha de Márquez que en vez de tirar quere ceder a Tato que, escorado, manda a mans do porteiro.

Xallas - Seaia (6-0)

  • Xallas: Iván Couto, Joel, García, Ramón, Asier, Adrián Forján, Peke, Steven, Nando, Rubén Sande e Sergio Barbeira. Tamén: Fabián, .Sergio Rod., Julian, Dani Picallo e Jose.
  • Seaiai: Anxo, Mario, Pablo García, Martín Costa, Diego Martínez, Luisma, Camilo, Alex Mato, Joel, Juni e Martín Souto.
  • Goles: 1-0, m.18: Sergio Barbeira; 2-0, m.44: Nando tras un balón longo peiteado por Rubén; 3-0, m.45: Peke de penalti tras unhas mans fóra da área do meta Anxo; 4-0, m.52: Ramón; 5-0, m.61: Rubén Sande de tiro cruzado; 6-0, m.72: Nando de volea a un centro de Rubén Sande.

Duraron 10 minutos os malpicáns, que pronto se entregaron pronto a un Xallas superlativo que foi dominador absoluto do choque, gañando cada duelo, e aproveitando os erros infantís dos de Moscoso.

Marcaron pronto os xalleiros, pero os xalleiros non eran quen de marcar as diferencias. Camilo, ex do Xallas, facía que Iván Couto volvese aparecer.
E case que na xogada seguinte, do 1-1 pasouse ao 2-0, nun balón longo que peiteou Rubén Sande e marcou Nando. E xa co tempo cumplido, unhas mans de Anxo fóra da área provocaban a súa expulsión Peke marca de falta e finiquita o choque, deixando que a segunda metade fose de trámite.

Zas - Ameixenda (12-0)

11 do Zas-Ameixenda-Foto-Noe Tourinan
11 do Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Eloy, Adrián, Álvaro, Darío, Peke, Andrés, Juan, Jose, Iván, Dani Mato. Tamén Anxo, Javi Suárez, Ronny, Lucas e Manu Fuentes.
11 do Ameixenda en Zas-Foto-Noe Tourinan
11 do Ameixenda en Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Ameixenda: Costa, Maldonado, Kampy, Louzán, Barreiro (Rois, m.30), Lagoa, Crisca (Elhadji, m.45, Pikita, m.65), Castreje (Álex, m.45), Damián (Santi, m.60), Óscar e Dani.
  • Goles: Andrés (2), Dani Mato (3), Álvaro, Javi Suárez (4), Lucas (2).

Facíalle falta como area un partido así ao Zas para coller confianza e ir afianzando o proxecto de Forján e Pereiro. Superioridade total do Zas de principio a fin, cun Dani Mato xa aos mandos do equipo, que aproveitaron os erros do Ameixenda, que no segundo tempo se deixou levar tras ir 0-4 ao descanso.

 Zas-Ameixenda-Foto-Noe Tourinan
Zas-Ameixenda-Foto-Noe Touriñán

Corcubión - Sofán (2-3)

  • Corcubión: Bruno, Martín, Goche, Gorka, Isaac, Alán, Díaz, Víctor, Rama, César e Iago. Tamén Antu, Borja e Mario.
  • Sofán B: Pablo Pose, Raúl, Cancela, Eloy Cabeza, Borja Viaño, Salah, Nacho Eirís, Alex Iglesias, Villajos e Adrián. Tamén: Mario, Lucas, Marcial, Manu Castro e Brais Calvo.
  • Goles: 0-1, m.13: Salah nunha xogada a balón parado; 1-1, m.37: Víctor Agulleiro; 1-2, m75: Adrián; 1-3, m.80: Adrián de penalti; 2-3, m.87: Rama nunha xogada a balón parado.

Empezou fallando un penalti o equipo local (parou o porteiro Pablo Pose a Iago Lema) e poñéndose por diante o equipo visitante nun balón colgado. Tiveron un par de chegadas os visitantes, pero antes do descanso, Víctor Agulleiro, que xunto a Alán volvían vestirse de branquiazul, empataría para os locais de vaselina, tendo aí bos minutos para darlle a volta ao marcador.

Tralo descanso, o gol puido caer para calquera lado, foi un bo partido, pero poñeriase por diante o Sofán con dous goles, un de xogada por banda e outro de penalti no que o Corcubión quedaría con 10. Os locais tiraron de orgullo e recurtaron distancias por medio de Rama, pero non foron quen de empatar o partido. Ao final, o filial carballés levou o choque, sufrindo, malia facer “o mellor partido da temporada”, segundo o míster Barca, dando conta de que este Corcubión está chamado a estar máis arriba.

Buño - Soneira (1-1)

  • Buño: Paco, Miguel Dourado (Elías López, m.55), Martín, Alán, José, Javi, Fran, Breo, Eloy, Elías Suárez, Brais (Andrés, m.65).
  • Soneira. Martín, Javi, Alberto Mouzo, De la Sierra, Adrián Sendón, Adrián Pereira, Brais Pereira, Riki, Basti e Alberto. Tamén: Sebas, Fernando de Vera, Susiño, Xabi e David.
  • Goles: 1-0 m.72: Andrés; 1-1 m.81: Susiño.
Capis do Buno e o Soneira
Os capis do Buño e Soneira, Miguel Dourado e Basti, co colexiado Mauro Sabio

Partido de moitas alternativas e con ocasións para ambos bandos, no que o Soneira tratou de levar o peso do mesmo. Foi Basti quen tivo as oportunidades mais claras para os irmandiños pero non acertaría de cara a gol. Pola súa banda, os locais xerarían as súas opcións tamén, sobre todo, despois de varias recuperacións na saída de balón duns vimianceses que estiveron dubitativos nesa faceta, pero os goles non chegarían nin para un lado nin para o outro polo que se chegaría ao descanso co empate inicial.

Tralo paso por vestiarios, o partido volveuse tolo por momentos con moitas idas e voltas, con opcións para os dous lados sendo Paco protagonista evitando que o Soneira se adiantase. Foron os de David Castro os que acertarían de cara a gol no minuto 72, momento no que Andrés materializaría unha transición a pracer a pase de Breo. Percutiu o Soneira, e foi Susiño o que acadaría o empate, para un Soneira que valora o traballo dos xuvenís Piñeira e Xabi, que puideron decantar a balanza para os de Josiño Abelenda.

 

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios