Domingo. 28.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Xallas frea ao Malpica

Oza-Corcubion nas Eiroas
Fermosa estampa nas Eiroas para o Oza-Corcubión
3ª Galicia: O Xallas frea ao Malpica

Venceu o Xallas na piscina de Pedra Queimada, quedando o cadro de Churián e Dori no alto da táboa xa con 4 puntos de vantaxe sobre o propio cadro malpicán. Por detrás, a 6 xa, queda o Sofán B, é xunto o Xallas, o único equipo invicto, e tamén o Soneira, que parece ir collendo velocidade de cruceiro.

A xornada deixou varias novidades no Sporting Zas. Foron Rubén Forján e Alfredo Pereiro os que se colocaron á fronte do equipo trala marcha de Ordóñez, e xa puideron contar con Dani Mato, que volve para ser peza fundamental na resurrección dun equipo chamado a facer moito máis.

 

Sofán B - Nantón (6-1)

  • Sofán B: Pablo Pose, Marcial, Manu Cancela, Eloy Cabeza, Borja VIaño, Brais, Salah, Roi Canedo, Adrián e Villajos. Tamén: Lucas, Raúl, Dani Calvete, Manu Castro, Alex Iglesias.
  • Nantón: Guillermo, Javi, Adrián Abelemda, Rupper, Fernando, Carlos Vidal, Tato, Márquez, Redondo, Javi Martínez, Santi Moreira. Tamén: Vidal, Fariña, Fran, Xoel e Kevin.
  • Goles: 1-0, m.12: Adrián; 2-0, m.15: Adrián de penalti; 3-0, m.25: Villajos; 4-0, m.75: Alex Iglesias; 4-1, m.77: Fran de falta; 5-1, m.82: Adrián; 6-1, m.89: Dani Calvete.

Resultado demasiado abultado para o visto no campo, cun filial sofanista moi serio, e un Nantón que espera sorpresas importantes para a vindeira xornada. Falta lle fai ao cadro de Jorge Calvete unha alegría esta campaña. Os cabaneses aguantaban ben pero nas dúas primeiras chegadas do cadro local, dous goles de Adrián, o segundo de penalti protestado polos visitantes.

A segunda metade foi máis igualada, cun Nantón que avisaba e que recurtabta. Pero varias lesións deixaban o cadro con 9 e o Sofán aproveitou para ampliar a renda.

 

Soneira - Laxe (6-2)

  • Soneira: Martí, Dani Costa, Oli, Javi, Alberto Mouzo, De la Sierra, Adrián Pereira, Braus Pereira, Basti, Vía, Richi. Tamén: Sebas, Jesús, Lemus e David.
  • Laxe: Jacobo, Aarón, Guzmán, Rubén, Eloy, Samuel, Pedro, Adrián Lema, Saleta, Bieito, Carrabete. Tamén: Romero, Fran, Íker, Santi Casás e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.14: De la Sierra; 2-0, m.52: Basti; 3-0, m.64: Basti; 3-1, m.65: Martín Carrabete; 4-1, m.68: Basti; 5-1, m.73: David; 5-2, m.76: Bieito; 6-2, m.78: De la Sierra.

Parece que colle velocidade de cruceiro este Soneira cos irmáns De la Sierra envalentonados cara gol. Partido que comenzou cunha presión alta do Laxe ante a saída de balón do Soneira, creando un par de ocasións tras sendos roubos. Pero o Soneira foise facendo dono do terreo de xogo, e pronto De la Sierra abría o marcador. O choque foi igualado ata o descanso.

E nada máis reanudarse, o Laxe tivo unha ocasión clara para empatar pero un gran Olí sacaría baixo paos no último momento. Esta xogada fixo despertar o Soneira que empezou a tomar os mandos do partido e no min 7 da segunda parte Basti faria o primeiro gol de seu triplete particular. O Laxe recurtaría pero Basti batía de novo, deixando o choque encarrilado, e tendo un final de partido de golpes nas dúas áreas.

 

Malpica - Xallas (0-2)

  • Malpica: Nacho, Pablo (Lou, m.54), Jorge Parga, Paco, Villar, Gabi (Raúl), Aday, Fran, Alberto Hombre (Eloy, m.86).
  • Xallas: Iván Couto, García, Asier, Peke, Chaski; Styven, Adrián Couto; Rodri, Forján, Nando e Sergio Barbeira.
  • Goles: 0-1, m.48: en propia; 0-2, m.51: Forján.

Partidazo en Pedra Queimada entre os dous primeiros da táboa. Primeiro partido sen Doro (tamén sen Ramón) para os de Doriño e Churián, pero o equipo respondeu, ante un grandísimo Malpica, que demostrou estar á altura do trasatlántico da categoría. Foi un partido de poder a poder, con moit balón longo ante o estado do campo, con charcos sobre todo nas bandas.

A primeira metade deixou algunha ocasión para os visitantes, pero tamén nun córner puido marcar o Malpica pero apareceu Iván Couto facendo un doble paradón.

Comezaba a seunda metade, e chegaband dous goles consecutivos dos xalleiros, un en propia tras un saque de esquina pechado moi ben botado por Peke. De contado Forján fai o segundo nun balón á contra.

Tratou o Malpica de responder, subindo liñas, pero a expulsión por vermella directa a Paco deixaba aos de Miguel e Fede con 10 con media hora por diante, co que o empuxe foi menor.

 

Oza - Corcubión (4-3)

  • Oza: Brais, Casais, Alberto (Isaac), Vilariño (Iago Rodríguez), Moreno (Dani Iglesias), Lavandeira, Alex Freire, Nacho Pose, Hugo Fraga, Nico e Abib (Edu).
  • Corcubión: Marcos, Martín, Goche, Mario, Antu, Alán, Gorka, Díaz, César, Rama e Iago Lema. Tamén: Iván e Íker.
  • Goles: 0-1, m.25: Alán; 1-1, m.46: Hugo tras unha xogada personal moi boa; 2-1, m.47: Nacho tras unha gran asistencia de Hugo; 2-2, m.48: Díaz; 3-2, m.55: Casais á saída dun corner; 3-3, m.60: César Lojo; 4-3, m.91: Alex Freire de penalti.

Partido de tolos, moi duro e moi bronco, cunha parte para cada un, e emoción ata o pitido final. Comenzaban mellor prantados os visitantes e gozando das mellores oportunidades. Alán faría o primeiro cun gran golpeo á escadra desde a frontal. Podería ampliar a renda o Corcubión, con dous balóns consecutivos ó pau cando xa se cantaba o gol.

Na segunda metade comenzou durmido o Corcubión e viu como en dúas xogadas o Oza dáballe a volta ó marcador. Nada máis meter o 2-1, Díaz empataría de novo para os visitantes. O partido volveuse bronco e duro. O Oza volveu poñerse por diante nun balón parado moi protestado polos visitantes (que controla ca man o balón) pero César Lojo faría o do empate pouco despois.
Xa co tempo cumplido, os locais poñerían o definitivo 4-3 de penalti.

Boas novas para o Oza que ademais contou con Dani, que debutaba esta temporada tras superar unha operación de narís.

 
SD Oza tras vencer ao Corcubion
SD Oza tras vencer ao Corcubión

Lira - Zas (2-1)

11 do Lira -Foto-Noe Tourinan
11 do Lira -Foto-Noe Touriñán
  • Lira: Raúl de Sil, Isaac, César, Cartamil, Rui, Juan, Pablo Leis, Marcos, Miguel, Oli e Ángel. Tamén: Gael, Roberto Amoedo, Christian, Ángel e Alexis Lago.
11 do Zas en LOmbans-Foto-Noe Tourinan
11 do Zas en LOmbans-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Eloy, Adrián, Darío, Peke, Álvaro Fariña, Javi Suárez, Andrés, Juan, Lucas. Tamén: Joni, Iván, Dani Mato e Jose.
  • Goles: 1-0, m.67: Pablo Leis; 1-1, m.71: Dani Mato; 2-1, m.90: Gael.
Lira-Zas en Lombans-Foto-Noe Tourinan
Lira-Zas en Lombáns-Foto-Noe Touriñán

Partido con alternativas para os dous equipos, co novo Zas de Rubén Forján e Alfredo Pereiro dominando ante un Lira esperando atrás. Un par de ocasións tivo o Zas, pero o Lira foise estirando e presionando máis arriba, rematando mellor a primeira metade.

Avisou o Lira nada máis saír dos vestiarios, e conseguía aos poucos minutos poñerse por diante. Pero o Zas foise arriba. A volta do capi Dani Mato traduciuse no empate, non fallou dende os 11 metros, e cando todo parecía que ía quedar en empate Gael cazou un balón longo e puxo o gol da vitoria para os liracos.

Lira-Zas-Foto-Noe Tourinan
Lira-Zas-Foto-Noe Touriñán
 

Ameixenda - Pereiriña (1-5)

11 do Ameixenda
11 do Ameixenda. Foto: SD
  • Ameixenda: Costa, Maldonado, Kampy, Louzán, Barreiro, Ocho, Torices, Lagoa, Evaristo, Crisca e Óscar. Tamén xogaron: Dani, Pikita, Álex, Damián e Santi.
  • Pereiriña: Xacobe, Christian, Pablo, Oca, Fabian, Estebo, Saulo, Charli, Miguel, Martín e Tito. Tamén: Soneira, Esteban, e Eloy.
  • Goles: 0-1, m.10: Saulo; 0-2, m.14: Miguel; 0-3, m.30: Estebo; 1-3, m.46: Barreiro; 1-4, m.67: Tito; 1-5, m.89: Saulo.
Capis de Pereirina e Ameixenda
Capis de Pereiriña e Ameixenda co colexiado- Foto: SD

Demasiado abultado o resultado no derbi ceense se ben o Pereiriña moi mellor que o Ameixenda en todo momento, sobre todo no primeiro tempo. Os verdes aproveitaron un par erros defensivos dos amarelos, e á media hora xa sentenciaran o choque

No segundo tempo o Ameixenda igualou e aínda ás veces dominou pero sen acerto, ante un Pereiriña que nunca marchou do partido e que foi merecedor dos 3 puntos.
De todas formas o resultado quedou nun segundo plano xa que mediada a segunda parte lesionouse Torices e este luns confirmaba que ten rotura de ligamentos no xeonllo dereito.

 

Cerqueda - Seaia (1-5)

  • Cerqueda: Mario, Adrián, Marcos, Dani Reixía, Samuel, Joel, Gustavo, Dani Varela, Íker, Suso e Julián. Tamén: Pazos, Christian Velo, Eloy, Hugo Fraga e Coello.
  • Seaiai: Senén, Mario, Pablo García, Martín Costa, Diego, Marta, Luisma, Camilo, Alex Mato, Joel, e Juni. Tamén: Anxo, Sergio, Pablo Caamaño, Jose Suárez e Sergio Bastón.
  • Goles: 0-1, m.5: Joel; 1-1, m.25: Suso de córner directo; 1-2, m.44: Mara; 1-3, m.45: Luisma; 1-4, m.53: Mara; 1-5, m.77: Camilo.

Gran partido do Seaia que dominou o derbi en todo momento, ante un Cerqueda que chegaba con moitas baixas e sufría a lesión de Dani e Dani Varela. Os de Moscoso e Morata fixeron o mellor partido da temporada. Entraron moi enchufados e pronto se adiantaban cun tanto de cabeza de Joel, que debutaba e facía un partidazo. Empataba o Cerqueda, pero ao fío do descanso Mara e Luisma rompían o partido.

Na segunda só houbo un equipo sobre o céspede de Xaviña.

 
Sporting Seaia tras vencer o derbi co Cerqueda
Sporting Seaia tras vencer o derbi co Cerqueda

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios