Esa Copa linda e desexada
Cada innovación trae os seus detractores, e non ía ser menos esta competición da Copa da Costa.
Moitos aún despois de todo o vivido e disfrutado táchana de cutre, que sen os equipos grandes perde todo o atractivo. Pero temos que recordar a toda esa xente que todos entraron o bombo, e se agora non están é por mérito dos equipos que se encargaron de eliminalos.
Agora tócalle soñar a eses equipos humildes, eses xogadores que non se levan as portadas dos reportaxes de deportes, eses afeccionados que son poucos pero verdadeiros e acompañan sempre os seus equipos.
O cadro de semifinais depáranos un finalista de 3ª rexional, e a verdade foron a gran revelación do torneo, chegando 4 equipos os cuartos de final e competindo en cada eliminatoria "de tú a tú" os seus rivais.
Camariñas - Cabana
A eliminatoria de 3ª, un Camariñas que apeou na súa casa a Ponteceso e Montelouro da Liga da Costa e foi capaz de dobregar a dobre partido o Coristanco, facendo o que ninguén fora capaz, gañarlle un partido.
Pola súa parte o Cabana desfíxose de 3 equipos da Liga da Costa facendo casi unha pequena pretemporada para esa categoría na cal xogara o vindeiro ano. Zas, Mazaricos e Malpica saian derrotados de As Redondas.
Esteirana - Corme
De aquí sairá o favorito para levantar o trofeo e arranxar a tempada. Os dous equipos non conseguiron rematar as suas respectivas ligas como desexarían. A Esteirana desfaciase de Seaia e Laxe sin complicacións para dar un golpe na mesa e gañarlle os dous partidos o Baio en cuartos.
O Corme sacoulle partido o de xogar no Cairo, para pasar as rondas ante Muros e Cerqueda, ademais de coller ventaxa quea posterior sería moi valiosa para desfacerse dun Castriz que vendeu a sua pel moi cara e sempre estivo dentro da eliminatoria.
Os catro equipos non serán de gran relumbrón, e algúns máis afastados das grandes tardes de gloria de antano, pero teñen algo en común, xa contan no seu palmarés ca Copa da Costa, que eso si que non o poden decir todos. Agora a espera de quen volva a escribir con letras de ouro despois de moito tempo o de ser os campións.
Empezan os soños, nervios e ata pesadelos, un mes crucial para facer grande o teu clube.
- Ángel Garrido.
Artigos de Ángel Garrido
- Aqueles marabillosos anos.
- Esta Copa si que mola:
- Do fin do mundo, o inicio do Fútbol.
- Eleccións Xerais, Municipais e futbolísticas.
- Se queres gañar, vai votar.
- Adestrador, profesión de risco mental.
- Enamórate do Fútbol da Costa.
- A Costa do gol.
- Fair play? Pouco e con matices.
- Do ceo ao inferno e viceversa.
- O poder das redes sociais.
- Na formación non se pode olvidar a diversión.