Martes. 08.10.2024
El tiempo

Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica

Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica
Anxo, do Soneira, e Gato, do Outes, Porteiros menos Batido da 1ª e 2ª Autonómica do Fútbol da Costa

Se esta semana dabamos conta dos pichichis da 1ª e 2ª Autonómicas, tocounos facer conta para ver os porteiros menos goleados destas dúas ligas xa rematadas. E xa as temos feito.

Gato, repite na Liga da Costa

Garo recollendo o Premio do Porteiro menos goleado na Gala QPC do ano pasado

Poucas houbo que facer na Liga da Costa, onde Gato, meta do Outes, repite o título do ano pasado como porteiro menos batido. Levará de novo para a casa unha nova luva xigante de Soloporteros na II Gala do Fútbol da Costa - QPC que temos armada para o vindeiro venres 26 de xuño en Cee, pois o moi bruto non faltou a un só partido (nin aos de Copa nin aos amistosos sequera) e só recibíu en Liga 33 goles, o que supón menos dun gol por partido. Un animal este Gato e nunca mellor dito. Un mozo natural da Serra que representa á perfección o modo de traballar do actual campión da Liga da Costa.

Máis cábalas na 1ª

Tivemos que tirar dos datos de Manuel Varela, o noso compañeiro carballés e un bo friki desto das estatísticas, para dilucidar o porteiro menos batido da 1ª Autonómica. Finalmente, e baseándonos nun mínimo de partidos xogados (o Marca pon un mínimo de 28 sobre 38 para o Trofeo Zamora, polo que nós marcamos un mínimo de 25 partidos), obtemos que Anxo, porteiro ceense do Soneira, é o porteiro menos goleado dos equipos costeiros na 1ª Autonómica, con 38 goles encaixados en 30 partidos, completando un promedio de 1,27 goles por partido.

Por diante, en promedio, atopamos a metas como Bugy do Sofán, ou Abraham do Malpica, pero cun número de partidos (14 e 15) que non son suficientes. De feito, este ano houbo poucos porteiros que superaran o mínimo de partidos xogados. Dani Varela, porteiro do Baio durante os primeiros 24 partidos, recibindo 31 goles. Suso, do Corme, con 24 partidos xogados recibiu 36 goles, pero o que máis recordará é o gol que marcou de porta a porta na xornada 25.

O Premio Álex Pombo

O Futbol da Costa con Alex Pombo

Hai un nome que hai que lembrar cando falamos de porteiros. E ese é do Alex Pombo. Deixounos este ano, tras 20 partidos xogados e 35 goles encaixados ata o momento fatídico no que nos deixou.

Este ano, na II Gala do Fútbol da Costa - QPC, farémoslle honra poñéndolle o seu nome ao Premio “Álex Pombo” ao Porteiro Menos goleado da 1ª Autonómica e Pref.”. Deste xeito, teremos que esperar ao final da Preferente para saber quen será o que o leve, porque Iván Coutiño e Vicente poden estar preto dos números de Anxo.

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios