Cabana, Outes e Camariñas únense á revolución do #FUTFEM
15:56 03/07/23
Comezos de xullo e imos xa debullando como vai ser a próxima temporada do #FUTFEM costeiro. Xa contamos os pasados meses que Seaia, Fisterra e Muxía uníanse á revolución #Futfem.
Estas semanas vense xestando a creación de novos equipos, nomeadamente o Camariñas F.C., o Cabana S.D. e o Outes C.F. (este aínda por confirmar que xuntan xente suficiente).
Deste xeito, contabilizamos, ademais do Bergantiños que seguirá pelexando por cotas doutro nivel da man de Gueli, unha quincena de clubs que sacarán equipo feminino para a vindeira campaña. Repasamos ademais como quedarán as competicións trala crúa fase da permanencia, que provocaba que caeran 5 equipos á 3ª Galicia.
2ª División Galega
- Xallas (ás ordes de Rupper).
- Cee (Rafa Suárez).
- As Miúdas (Lucho).
3ª División Galega
- Dumbría (Fran Figueroa).
- Corme (Rubén Souto).
- Ponteceso (Curro).
- Cerqueda (pendente de confirmar adestrador/a).
- Mazaricos (pendente de confirmar adestrador/a).
- Seaia (novo).
- Fisterra (novo, ás ordes de Fran).
- Muxía (novo, pendente de confirmar adestrador/a).
- Camariñas (novo, ás ordes de Jua Cabrejo).
- Cabana (novo, ás ordes de Marcos e José Manuel).
- Outes (novo, pendente de confirmar a súa participación) .
- Corcubión (ás ordes de Rubén Castillo, pero pendente de confirmar se segue no F7 ou se une ao F11).