Os calendarios das Ligas de Fútbol Base en www.futboldacosta.com
Os vindeiros 14 e 21 de novembro arrincan as ligas de Xuvenís, Cadetes e Infantís do Fútbol da Costa. Tras máis dun ano de parón, volve o fútbol base, que aínda ten pendente as ligas de F8.
En calquera caso, facendo análise da situación pre e post-pandemia, hai que recoñecer que o covid fixo estragos, sobre todo en Cadetes onde apenas hai 10 equipos en competición, cando hai dous anos había 14.
Volven ademais sen máscara, co certificado de vacinación, como marca o protocolo recén aprobado.
Nas categorías Xuvenil e Infantil haberá dous grupos. Meteranse nunha eliminatoria a doble partido (semifinal e final) os 2 primeiros de cada grupo, para determinar o que finalista costeiro que xogará a Fase de Ascenso á Liga Galega contra os 3 campións dos grupos de Santiago.
En Cadetes, onde temos un só grupo, o campión da liga enfrontarase aos campións santiagueses por un posto na categoría autonómica.