Copa Xuvenil: Os penaltis, e os porteiros, deciden
16:30 04/04/17
Benjamín, porteiro das Pedreiras, o cabanés Darío e o muxián Hugo, foron os protagonistas dos Oitavos da Copa da Costa Xuvenil
Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís
Ata 3 eliminatorias decidíanse á lotería dos penaltis nos Oitavos da CopadaCosta Xuvenil. Uns Oitavos a partido único e que non teñen prórroga (só se daría na final), decisións federativas que permitiron vivir unha xornada ben bonita.
Unha ocasión para que se luzan os Benjamín, Hugo ou Darío, eses sempre silenciados porteiros que esta fin de semana foron os protagonistas.
Xa saben que cada sábado actualizados o cadro nada máis rematar os partidos en www.copadacosta.com (teñen unha pestana xusto debaixo do cadro principal)
Coristanco - Cabana* (2-2)
- Coristanco: Alberto, Cristian, Esteban, Álvaro, Sergio, Braián, Alex, Carlos, Iván, Jose e Castro. Tamén: RR, Dani, Iago, Anido e Varela.
- Cabana: Darío, Nando, Manuel, López, Ferreiro, Breo, Julián, Simón, Castro, Alberto e Jose Ángel. Tamén: Valenciano, David, Kevin, Yago, e Roberto.
- Goles: 1-0, m.33: Braian de cabeza; 2-0, m.47: Anido de cabeza; 2-1, m.50: Diego Castro presiona e marca parando o despexe do porteiro; 2-2, m.70: Julián de falta.
- Penaltis: 0-3.
Sofán - Corme (0-5)
- Goles: Samu (3), Manu Tasende e Aitor.
Foto-Fin Lema
Foto-Fin Lema
Ponteceso - Esteirana (3-1)
- Ponteceso:Víctir, Brais Ceán, Iván Cousillas, Samuel, Jorge, Ismail, Eloy, Luca, Iván Rodríguez, Aday e Aarón. Tamén: Carlos, Damián, Lucas, Pop e Arturo.
- Esteirana: Alex de Yi; Rodri (Carlos), David Pais, Álex de Dina, David de Noia; Pachín (Farinós), Xian, Rubén, Carajillo; Benji e Íker
- Goles: 1-0, m.54: Iván Rodríguez; 2-0, m.75: Aarón; 2-1, m.76: Íker; 3-1, m.89: Lucas.
11 do Ponteceso Xuvenil
Partido dominando polos locais, pero ante unha Esteirana que sempre estivo metido no partido ata o último minuto. Bo partido o vivido na tarde do sábado, moito máis igualado do que a priori se presupoñía, dada a trexectoria de ambos conxuntos ó longo da tempada.
Comezaba o partido baixo o guión previsto, con dominio do Ponteceso e a Esteirana replegada, tentando de cazar algunha contra coa que crear perigo. E así chegaba a primeira gran ocasión da tarde, Benji rouba un balón en campo local, Pachín mete un bo pase entre os centrais deixando a Íker man a man con Víctor, saíndo victorioso o gardamallas pontecesán. Arredor do cuarto de hora de encontro, o adestrador local realiza un cambio de posición entre xogadores, chave no devir do encontro, colocando a Aarón no medio do campo, aportando moito máis dinamismo e profundidade ó xogo pontecesán. De aquí ó descanso o Ponteceso encerrou á Esteirana, que se defendía con moito orde, contrarrestando o ataque local. Dispuxo o Ponteceso dunha boa ocasión para marchar con vantaxa cara os vestiarios, pero o disparo de Eloy tras unha boa xogada personal, marhou lambendo a escadra.
Á volta do descanso, o Ponteceso impuxo unha marcha máis, creando moitos apuros na defensa visitante, tendo varias chegadas claras ante a meta de Álex. Nun balón longo, David Pais erra no despexe, quedándolle o balón a Iván, que bate por alto a Álex ante a súa saída. A partir de aquí a Esteirana estirou liñas tentando atopar o empate, feito que lle valeu ó Ponteceso para atopar máis ocos, dispoñendo de varias ocasións para pechar o partido. Dispuxo de dúas ocasións claras para poñer o 2-0 no marcador, pero sendos remates de cabeza atoparon con Álex de Yi, que respostou con dúas grandes intervencións. A falla dun cuarto de hora, unha chegada por banda dereita do Ponteceso, acaba cun remate na área que responde Álex, pero o rexeite cae nos pés de Aarón que marca a pracer. Lonxe de darse por vencida a Esteirana, reducía distancias ó minuto seguinte. Un balón longo de Carlos, é aproveitado por Íker para batir a Víctor de vaselina trala súa saída. Nos últimos minutos o encontro volveuse un "correcalles", sen ningún control, coa Esteirana buscando o empate e o Ponteceso tentando pechalo partido. No desconto, unha dura entrada de David Pais, deixaba con 10 ós visitantes, e Lucas anotaba o terceiro para o Ponteceso xusto antes do pitido final.
Eliminatoria na que o Ponteceso fixo valer a súa condición de favorito, non sen moito traballo, ante unha Esteirana moi seria.
Fisterra - Muxía* (0-0)
- Fisterra: Aarón, Papin, Cesar, Andres, Cristopher, Manuel, Dani, Golpes, Pichino, Asier(Ezequiel ) Aaron (Jorge).
- Muxía: Hugo, Rodri, Marce, Gusa, Borja, Tomás, Toja, Vilela, Mario, Xan e Josiño.
- Goles: 3-4 nos penaltis.
Xallas - Laxe (7-1)
- Xallas: Hadrián, Héitor (Raúl), Pablo, Martin, Peke, Carlos (Juanjo), Fran (Alberto), Manu (Brais),Chiki (Rachón), Riero e Grille.
- Laxe: Íñigo, Valentín, Bruno, Manu Cousillas, Kike, Santi, Samuel, Alex, Álvaro, Bieito e Miguel. Tamén: Iván.
- Goles: 1-0: Rieiro (descanso); 2-0: Alberto; 3-0: Pablo: 4-0: Grille, 5-0: Rachón; 5-1: Manu Cousillas; 6-1: Raúl, 7-1: Rieiro.
Os Miúdos - Cee (2-4)
- Os Miúdos: Tony, Pipo (Bruno), Anxo, Alberto, Gael, José, Flavio, Tajes, Riomao, Xavi e Javi Sieira (Alex).
- Cee: Carlos, Brais Lagoa, Rubén Senlle, Hugo, Chema, Castillo, Isma Márquez, Jon, Isma, Samu e Pablo. Tamén: Xabi, Xavi, Adri e José Carlos.
- Goles: 0-1, m.34: Samu; 1-1, m.42: Xavi; 1-2, m.44: Isma; 2-2, m.50: Flavio de penalti; 2-3, m.88: Chema tras un saque rápido dunha falta; 2-4, m.80: Rubén Senlle pola escuadra.
Xuvenís do Cee en Muros
Volvía o Cee ao único campo no que se deixara puntos na primeira fase, para disputar un partido tremendamente vivido que se só se resolvíu nos últimos instantes matendo a emoción ata o final. O equipo de Manu Camello, con problemas de efectivos toda a campaña, competiu contra un dos potentes da categoría, e aguantou 88 minutos metido no partido. Antes adiantárase en dúas ocasións o equipo de Carlos Pazos.
Na segunda metade houbo ocasións para os dous equipos, e ambos puideron ter pasado a eliminatoria. Pero foi o Cee, con dous goles xa case que no desconto o que pasa a eliminatoria.
Baio - Outes (2-1)
- Baio: Julián, Iago, Javi Muíño, Gavín, Sergio Antelo, Souto, Mohedano, Miguel, Estefan, Regueira e Luís Eiroa. Tamén: Manu Leal, Fuentes, Damián, Manu Cedrón e Santi Moreira.
- Outes: Adrián, Álvaro (Ryan), Gorgal, Joel, Alberto, Saúl, Jose, Adán, Simón, Serxio e Fabio (Fran).
- Goles: 1-0, m.13: Estefan; 2-0, m.66: Luís Eiroa; 2-1, m.88: Simón de penalti.
Montelouro - As Pedreiras* (1-1)
- Montelouro: Xaco, Javi, Antonio, Sergio, José, Adri, Joaquín, Airam, Bertín, Xandre e Juan de Celia. Tamén xogou: Alexis.
- As Pedreiras: Benjamín, Fidalgo, Eloy, Dani Cotelo, Aarón, Iván, Alex Cotelo, Verdes, Ángel, Brais Cancela, Yago. Tamén: Alberto e Diego Vázquez.
- Goles: 1-0, m.73: Juan de Celia; 1-1, m.83: Brais Cancela de penalti.
- Penaltis: 3-4.
Novas relacionadas
- O coristanqués Castro, pichichis das Liga Xuvenís.
- O Fútbol da Costa encheu o Eleuterio Balayo para disfrutar da Selección Xuvenil.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- X.10 (2ª fase): As Pedreiras e Xallas non fallaron e xogarán a Fase de Ascenso á Liga Galega.
- X.9 (2ª fase): O Ponteceso esperará un tropezo de Pedreiras ou Xallas na última xornada.
- X.8 (2ª fase): Xallas e Ponteceso xogaranse acompañar ás Pedreiras na Fase de Ascenso.
- X.7 (2ª fase): As Pedreiras pega o salto.
- X.6 (2ª fase): O Ponteceso cae do póker.
- X.5 (2ª fase): 4 equipos para 2 prazas.
- X.4 (2ª fase): O Cee volve mandar.
- X.3 (2ª fase): As Pedreiras frea ao Cee.
- X.2 (2ª fase): O Cee segue sorprendendo.
- X.1 (2ª fase): Un gol de diferencia.
- X.18: O Outes meteuse na Liguilla dos campións.
- X.17: Cee e Ponteceso celebran os primeiros títulos do curso.
- X.15: Só dúas loitas pendentes.
- X.14: Esteirana, Outes e Corme perderon o barco dos 5 de arriba.
- X.13: O repóker de ases.
- X.12: Contra vento e marea.
- X.11: Non fallou ningún.
- X.10: Ferve o Norte.
- X.9: O Coristanco tamén quere gloria.
- X.8: Cee e San Lorenzo quedan sós.
- X.7: O Coristanco mantén o pulso de San Lorenzo, Xallas e Cee.
- X.6: 5 equipos invictos.
- X.5: O San Lorenzo vai en serio.
- X.4: Collendo posicións.
- X.3: O heroe inesperado.
- X.2: O primeiro derbi da historia carballesa.
- X.1: O San Lorenzo estrea As Pedreiras con goleada.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- O cadro da Copa da Costa sempre en www.copadacosta.com.