Luns. 20.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Xallas e Ponteceso xogaranse acompañar ás Pedreiras na Fase de Ascenso

Xuvenís: Xallas e Ponteceso xogaranse acompañar ás Pedreiras na Fase de Ascenso
Cee-As Pedreiras Xuvenil-Foto-Sergio Cambeiro Imaxe do partidazo entre Cee e As Pedreiras Xuvenil-Foto-Sergio Cambeiro Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Moito máis preto do título da Liguilla atópase o recén chegado á categoría As Pedreiras. O equipo carballés deu un paso case definitivo cara a Fase de Ascenso á Liga Galega e mesmo cara ao título, tendo 4 puntos de vantaxe sobre os perseguidores a falta de 2 xornadas, despois de vencer ao Cee nun partido tolo, e deixando aos ceenses practicamente fóra de toda loita. Unha loita (a da 2ª praza que dá acceso á Fase de Ascenso), que se centra entre Xallas e Ponteceso. Os dous equipos chegan empatados cando quedan dúas xornadas, pero os xalleiros teñen o golaveraxe individual a favor, polo que dependen de si mesmos. Na penúltima xornada ademais terán en fronte a un tocado Outes que aínda non sumou nesta liga, mentres que o Ponteceso visitará ao invicto líder. Unha vitoria dos xalleiros e outra dos carballeses deixaría sentenciada a Fase.  

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, xornada 8

 

Xallas - Coristanco (5-1)

  • Xallas: Hadrián, Danis (Heitor), Pablo, Alberto, Raúl (Peke), Carlos (Brais), Juanjo, Fran (Martin), Rachón (Manu), Carlos e Grille.
  • Coristanco; Alberto, Espasandín, Álvaro, Sergio, Esteban, RR, Dani, Carlos, Castro, Alex e Iván. Tamén: Eloy (porteiro), Cristian, Anido, Jose, Varela.
  • Goles: 1-0, m.1: Grille; 2-0, m.25: Carlos Rieiro; 3-0, m.35: Rachón á contra; 4-0, m.47: Carlos Rieiro; 4-1, m.60: Carlos anota un golazo de falta dende a frontal; 5-1, m.80: Carlos Rieiro.
Partido disputado en Castriz ante bastante público, moito desplazado desde Coristanco. Pero non está tendo boa sorte o equipo de Eloy nas últimas xornadas e o sábado foi un bo exemplo: dous porteiros lesionados no mesmo partido, e seguramente para o resto da temporada. Xa a cousa pintaba mal cando o meta titular Alberto se lesionaba no quecemento. Arrincaba o partido con gol local, pero apenas un minuto despois, nun balón colgado, Eloy, que voltaba despois de 3 meses dunha longa lesión, caía mal e lesionábase o hombreiro, tendo que esperar durante unha hora por unha ambulancia. Era un xogador do campo o que se colocaba baixo paus. Isto pareceu relaxar o Xallas e o Coristanco fíxose algo máis co balón pero sen dispoñer de ocasións. Á contra, primeiro Carlos Riero e Rachón, farían o 3-0 co que se chegaría o descanso. Nada máis empezar a segunda de novo Carlos faría o cuarto, e o Xallas dou por finiquitado o encontro, o que lle serviu aos visitantes para ter máis protagonismo. A base de casta, agallas e garra, os coristanqueses recurtarían nun golazo de Carlos de falta dende a frontal, e fixeron traballar a Hadrián nun par de ocasions máis, contra o final Riero faría o quinto nun remate dentro da area firmando asi un hack trick. A pesar do resultado viuse un bo Coristanco que volveu sufrir un golpe moral do que este equipo sempre se recupera.  

Cee - As Pedreiras (3-4)

  • Cee: Carlos, Rubén Castillo, Senlle, Borha, Chema, Pablo, Alex Agulleiro, Jon, Isma, Samu e Isma Márquez. Tamén: Xabi, Xavi, Iván, Brais Lagoa e José Carlos.
  • As Pedreiras: Benjamin, Kuki (Cotelo), Alex, Fidalgo, Aarón, Eloy, Iván (Rubén), Jose (Ángel), Yago, Brais (Diego) e Alberto (David)
  • Goles: 0-1, m.27 Brais (penalti); 1-1, m.53: Isma Márquez; 1-2, m.61: Brais; 2-2, m.66: Isma Márquez; 2-3, m.75: David marca un golazo de falta directa; 3-3,m .76: Isma Márquez; 3-4, m.79: Brais (penalti).
Cee-As Pedreiras juvenil-Foto-Sergio Cambeiro Cee-As Pedreiras-Foto-Sergio Cambeiro Partido de infarto o vivido no san Paio de Refoxos, con moitas lecturas. Lamenta o Cee por exemplo ter sufrido dous penaltis e unha expulsión (tamén recoñecen que un dos goles tivo unha man previa), mentres que o equipo carballés considera ter sido superior. En todo caso, foi un auténtico partidazo, tremendamente igualado, con alternativas e emoción ata o final. Arrincou mellor o equipo de Rudi, facendo que as cores vermellas superasen ás azuis. Jon no medio campo aguantaba pero os medios visitantes parecían ter un home máis. Cambiou o conto na segunda. Menos fútbol pero máis goles e emoción. Empataba pronto o Cee e sucedíanse minutos de golpes nunha e noutra área, pasando polo empate a 2 e o empate a 3, sempre cos carballeses dando primeiro. Ao final, o segundo penalti a 10 para o final decantaba o partido para o norte. Cómpre destacar o debut de Isma Márquez co Cee, marcando os tres tantos do equipo. Polo bando carballés, a vindeira xornada podería cantar xa o pase á Fase de Ascenso. Cee-As Pedreiras Xuvenil-Foto-Sergio Cambeiro 2 Cee-As Pedreiras Xuvenil-Foto-Sergio Cambeiro  

Ponteceso - Outes (7-0)

  • Ponteceso: Víctor, Iván Cousillas, Luca, Samu, Jorge, Ismail, Eloy, Aarón, Iván Rodríguez, Aday e Loureiro. Tamén: Lucas, Damián, Pop, Arturo e Brais Ceán.
  • Outes: Siro, Álvaro, Simón (Sergio Nieto), Joel, Alberto, Saúl, Fabio, Serxio, Adrián, Adán e Fran.
  • Goles: 1-0,m .23: Aday; 2-0,m .25: Luca; 3-0, m.31: Eloy; 4-0, m.43: Loureiro; 4-0, m.59: Iván Rodríguez; 5-0, m.61: Loureiro; 6-0, m.83: Lucas de penalti.
Demasiadas baixas está tendo este Outes, que ademais quedou sen centrais puros ao ter que marchar Simón cos maiores. Aguantaron 25 minutos os da Serra no Pinguel, tendo mesmo algunha chegada á área rival, ante un Ponteceso que controlaba o balón e o tempo. Chegaba o primeiro tanto e o equipo visitante veuse algo abaixo deixando xa o cadro local o choque sentenciado na primeira metade. Na segunda, saíron con folgos novos os brancos e negros, pero os goles caían como lousas, o que non quita o mérito que ten este Outes pelexando cada partido a pesar das numerosas baixas.  

O Fisterra, único invictor nas Liguillas copeiras

Caía o Baio en Sofán deixando ao Fisterra como único equipo invicto das ligas copeiras. Os fisterráns vencían con solvencia ao Corcubión o Grupo 1. Pero o partido da xornada era o do Carral, onde o Sofán, con dous tantos de David Dourado, superaba ao ata o domingo invicto Baio, que pensaba que podería ter salvado un punto cando Estefan empataba o choque no minuto 70 tras levar unha hora por debaixo no marcador. Ambos son os destacados do Grupo 2, por diante do Laxe cun Camariñas afundido. O grupo máis igualado segue a ser o Grupo 3. O Montelouro parece que non consegue aguantar o ritmo, mentres que en Muros, Os Miúdos podían cun Cabana demasiado durmido.  

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios