As Finalistas aos 3 Premios Gordos do FUTFEM son…

Continuamos anunciando a serie de Finalistas que non poderán faltar á IX Gala do Fútbol da Costa que acollerá o Edificio Multiusos de Santa Comba este venres a partir das 20:30h.
Tralos premios confirmados (Pichichis, Pombos, base…) e os e as finalistas do 11 Ideal Masculino e do 11 Ideal Feminino, así como á Mellor Directiva, lanzamos os nominados aos premios gordos, neste caso do FUTFEM costeiro.
PREMIO HOTEL FARO DE LARIÑO AO MELLOR ADESTRADOR DO FÚTBOL FEMININIO
Os nominados son:
- Rupper (Xallas).
- Rubén Souto (Corme).
- Santi Lira (Dumbría).
Moi preto de meterse entre os finalistas quedaron Curro (Ponteceso), Rubén Castillo (Corcubión) ou Juan Cabrejo (EFC Camariñas), recibindo tamén algún voto Jose Manuel (Cabana), Nacho (Bergan B), Rafa (Cee) ou Rachón (Mazaricos).
Premio O MONCHO BURGUER AO MELLOR EQUIPO do FUFEM
Os nominados son:
- Xallas.
- Dumbría.
- Corme.
Os tres equipos coparon practicamente as votacións.
Premio Autocares J.Pombo á Mellor Xogadora
- Paula Veiga (Cee).
- Patri Romaní (Muxía).
- Paula Fandiño (Dumbría).
Detrás quedaron outros nomes, poucos, a verdade, pero si que apareceron Eva Carril (Ponteceso), María Rial (Xallas), Andrea Varela (Ponteceso), Kelly (Dumbría), Tamara Ramos (Mazaricos), Saray Duarte (Cee), Barca Toba (Muxía) ou Olalla (Xallas), que levou este premio o ano pasado.