Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Os Finalistas aos 3 Premios Gordos do Fútbol Masculino costeiro son…

Nominados Premio Mellor Xogador Gala Futbol da Costa-QPC-2024
Os Finalistas aos 3 Premios Gordos do Fútbol Masculino costeiro son…

Continuamos anunciando a serie de Finalistas que non poderán faltar á IX Gala do Fútbol da Costa que acollerá o Edificio Multiusos de Santa Comba este venres a partir das 20:30h.

Tralos premios confirmados (Pichichis, Pombos, base…) e os e as finalistas do 11 Ideal Masculino e do 11 Ideal Feminino, así como á Mellor Directiva, lanzamos os nomiados aos premios gordos, neste caso do Fútbol masculino.

Premio CRISTALERÍA VILAS ao Mellor Adestrador do Fútbol Masculino

Nominados Mellor Adestrador Masc Gala Futbol da Costa-QPC-2024

E os nominados son:

  • Miguel Chouza (Castriz).
  • Julio Vila (Ponteceso).
  • Cousillas e Baña (Porteño).

Moi, moi preto de meterse entre os finalistas quedaron Pablo Conde (Dumbría), Marcos Domínguez (Mazaricos) e Doriño (Xallas), e un pouco máis atrás Pablo Torreira (Sofán), Alex Romero (Outes), Jose Abelenda (Soneira) e Barca (Sofán B).

Premio Maderas Muíño ao Mellor Equipo Masculino

Nominados Mellor Equipo Masc Gala Futbol da Costa-QPC-2024

  • Xallas.
  • Castriz.
  • Corcubión.

Tamén apareceron nas quinielas Sofán, Porteño, Muxía e o Dumbría.

Premio Lonxa D’Álvaro ao Mellor Xogador

Nominados Premio Mellor Xogador Gala Futbol da Costa-QPC-2024

Diego Estévez (Fisterra) Adrián García (Castriz) Manu Nogueira (Muxía)

Tamén recibiron votos Richi (Soneira), Doro (Xallas), Bieito (Baio), Iago Lema (Corcubión), Juanjo (San Lorenzo), Lucas Toba (Dumbría), César Lojo (Corcubión), Iván Facal (Castriz) ou Djibril (Camariñas), ademais dos Braian (Baio), Javi (Sofán), Martín Pereira (Sofán), Pesco (Volantes), Chumiko (Mazaricos), Bruno (Cee), Sergio Antelo (Baio), Javi Souto (Sofán), Mario (Camariñas), Adrián Makaay (Fisterra) ou Kanario (Dumbría).

Máis premios da Gala

A edición da Gala do Ano pasado

Comentarios