Mércores. 04.08.2021
El tiempo

FSF: O Fisober afronta a recta final de liga vencendo

lia porteira do Fisober
Lía, a porteiraza do Fisober
FSF: O Fisober afronta a recta final de liga vencendo

Volveu co premio de Begonte a familia do Fisober, no que era o seu último partido a domicilio da tempada, cos dous equipos cortos de efectivos.
A vindeira semana remata a liga coa visita do campión de grupo o 5 Coruña a Dumbría, tendo que sumar para asegurar unha honrosa terceira praza.

LIGA AUTONÓMICA-PREFERENTE FEMININA, SUBGR.A, X.13

  • Resultado: CONCELLO DE BEGONTE F.S. – FISOBER F.S.F. : 0-7.
  • FISOBER: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Carre, Mai ; tamén xogaron: María Dumbría, Nuriña.
  • Goles: 0-1 min 4 Mai, 0-2 min María Dumbría, 0-3 min 16 Paula Fandiño, 0-4 min 17 Adriana, 0-5 min 18 Carre; (descanso) , 0-6 min 31 Adriana, 0-7 min 35 Nuriña.

maría dumbría co Fisober
María Dumbría

Comezaba cunha ocasión do Fisober o partido despois dun lanzamento de Carre e o rexeite de Paula Fandiño que paraba a porteira local. Que pouco despois desfacía unha ocasión de Adriana. Despois a mesma Adriana a pase de Carre envíaba o balón ao ferro. Aos catro minutos un pase atrás de Adriana era materializado por Mai para o primeiro gol visitante.
As locais non se desmoralizaban e tiñan unha dobre oportunidade que desbarataba Lía. Despois unha boa combinación visitante finalizaba con remate de Nuriña. Despois era Carre a que se atopaba ca porteira local.
Mediada esta primeira metade un pase ao oco de Carre para María Dumbría e un remate desta última poñían o segundo visitante.
A catro para o fin un lanzamento de falta de Paula Fandiño poñía o terceiro. Un minuto despois era Adriana a pase de Mai a que facía o cuarto.
Chegaron ocasións de Paula Fandiño e Adriana, pero quen fixo o quinto foi Carre cun lanzamento que finalmente pegaba na porteira. O Begonte quería o seu gol e poñía perigo sobre Lía cun tiro exterior. Chegándose así ao fin da primeira metade.

A saída da segunda metade foi forte por parte das locais que poñían en apuros a Lía con varias ocasións que eran resoltas pola porteira costeira.
Apretaban as locais pero mediada esta segunda metade Mai atopaba a Adriana para facer o sexto visitante. As locais seguían a crear moito perigo na busca dun merecido gol que non chegaba. E nunha contra era Nuriña a que facía o definitivo gol costeiro.

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DO FSF

comentarios