FSF: O Fisober coller velocidade de cruceiro para enfrontarse ao líder

As IDM O Conco en Dumbría acollían o sábado un novo partido do Fisober, que sumou o seu terceiro triunfo consecutivo das nosas, que as fai situarse xa a 5 puntos do líder, precisamente próximo rival, e sobre todo seguir sumando sensacións, goles, e puntos.
PREFERENTE FUTGAL FEMININA - XORNADA 7
- FISOBER FSF - EDC VERIN: 7-0.
- FISOBER: Sharay, Sabela, Ana, Patri, Paula; tamén xogaron: María, Alba, Nai, Andrea, Saray Duarte.
- GOLES: 1-0 min.1 Paula, 2-0 min.2 Paula, 3-0 min.9 Paula, 4-0 min.19 Patri; 5-0 min.23 Paula, 6-0 min.35 María, 7-0 min.37 María.

O partido, que contaba entre as titulares coa benxamín do grupo, Sabela, xa comezaba moi de cara con 2 goles dunha Paula espectacular de cara a portería nestas dúas últimas xornadas, sentenciando o partido nos primeiros 10 minutos e permitindo que todas sumasen minutos de calidade e deixan un presente moi esperanzador de cara ó tramo medio de liga, quedando atrás un inicio complicado que xa semella superado.
A vindeira xornada o Fisober viaxará á pista do Estrela Futsal o intratable líder da categoría, boa pedra de toque, dentro de 15 días xa que haberá parón na primeira fin de semana de novembro para elas.
Máis crónicas do FSF
- X.6: Fundamental triunfo do Fisober en Guitiriz
- X.5: O Fisober retoma o pulso da temporada.
- X.4: O Fisober non arrinca.
- X.3: Novo susto para o Fisober.
- X.2: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo.
- X.1: O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional