FSF: O Fisober desfai o maleficio do pavillón de Cee

Recibía o Fisober no “exilio” de Cee a todo un filial do Viaxes Amarelle con presencia dalgunha xornada costeira. O cadro costeiro desfixo o maleficio xa que a súa única derrota coma locatario esta tempada fora precisamente nese pavillón fronte ao Meigas.
Ademais, o noso Amarelle Santa Comba sufría a primeira derrota da temporada. Foi ante o Praia de Barreiros, o campión da primeira fase do grupo de Lugo, que saca 3 puntos agora ás xalleiras na fase de ascenso.
PREFERENTE GALICIA-LIGA AUTONÓMICA, xornada 21
- RESULTADO: FISOBER FSF – VIAXES AMARELLE B (4-2).
- FISOBER: Sharay, Lucía Martínez, Adriana, Paula Fandiño, Uxía ; tamén xogaron: Claudia, Ana, Carre, María Dumbría, Saray.
- AMARELLE B: Aída, Marta Hermo, Ana Bermúdez, María Lijó, Laura Rivas; tamén xogaron: Nerea Ramayo, Lucía Sestayo.
- Goles: 1-0 min 7 Paula Fandiño, 2-0 min 12 Uxía (descanso), 2-1 min 28 María Lijó, 3-1 min 29 Ana, 4-1 min 32 Uxía, 4-2 min 37 María Lijó.
O inicio do partido foi con posesión para o Fisober pero ocasións para as visitantes. Ata tres tiveron as herculinas entre elas cun tiro ao longueiro. Despois o partido comezou a calmarse e as costeiras a animarse. Ata que unha triangulación entre Ana e Saray para un pase atrás no que Paula Fandiño non erra co seu tiro para o un a cero.
Pouco despois Uxía aproveitaba un roubo na saída de presión do xogo de cinco para facer o dous a cero. Agora era a xeira para Adriana que non acerta por pouco. Despois era Paula Fandiño a que poñía a proba a porteira herculina. O Fisober estaba a facer un xogo moi vistoso neses minutos finais co que se chegou o tempo de lecer.
A volta de vestiarios un pase de Adriana para Paula Fandiño a piques estivo de ter éxito. O xogo era agora de posesións longas pero poucas ocasións.
Mediada esta segunda metade un contragolpe das visitantes era rematado pola ceense María Lijó para facer o dous a un. Pero pouco lle durou a ledicia as visitantes xa que logo Ana facía o tres a un. E un par de minutos despois era Uxía a que cun tiro ca zurda facía o cuarto gol para as costeiras. Unha Uxía que envía despois un balón a Carre que vía como a portieira detiña o seu lanzamento. A tres para o fin de novo María Lijó reducía distanzas con catro a dous definitivo.
A vindeira xornada visita do Fisober ao Concello de Begonte, un partido no que podería voltar as pistas Mai, uns meses despois de colgar as botas e axudar en categorías inferiores decidiu descolgalas de novo para axudar neste sprint final.
1ª Autonómica Fem. Segunda Fase, xornada 2
- Resultado: Praia de Barreiros - Amarelle SAnta Comba (5-3)
- Amarelle Concello de Santa Comba: Eva Iglesias, Elsa Souto, Tania, Andrea, Nuria (cinco inicial), Eva Lema, Ge, Lidia, María.
- Goles: 1-0 Isabel (min. 9); 1-1 Nuria (min. 28); 2-1 Aranzazu (min. 35); 2-2 Tania (min. 37); 3-2 Nuria (min. 39); 4-2 Nuria (min. 46); 4-3 Elsa Souto (min. 48); 5-3 Andrea (min. 49).
O partido empezaba cun Amarelle Concello de Santa Comba querendo mandar no partido e empezando a xerar perigo, pero a fortuna non estaba ao lado visitante; mentres que o Praias de Barreiros conseguía subir o 1-0 ao marcador aos nove minutos por medio de Isabel. O Amarelle Concello de Santa Comba non parou na súa intención de igualar a contenda, pero o partido foise ao tempo de asueto co 1-0 no marcador.
A segunda metade cun Amarelle Concello de Santa Comba moi metido no partido, e Nuria conseguía igualar a contenda aos tres minutos. Xa coa igualada no marcador, as xalleiras trataron de poñerse por diante, pero nuevamente chegaría o gol das locais, por medio de Aranzazu; aínda que case sen tempo a celebralo, Tania devolvía a igualada ao marcador a trece minutos do final do encontro. O conxunto xalleiro buscaba con ansia a vitoria, pero o gol resistíase, e as locais estaban moi efectivas, e Nuria con dous goles consecutivos devolvía a vitoria para o Praias de Barreiros CD, que se colocaba cun 4-2, a falta de 4 minutos para o final do partido. Con dous goles de desvantaxa, as xalleiras optaron polo xogo de cinco, e Elsa Souto consegue subir o 4-3 ao marcador a falta de dous minutos.
O Amarelle Concello de Santa Comba seguiu intentándoo co xogo de cinco, pero unha perda en cancha contraria supuxo o definitivo 5-3, transformado por Andrea cun gol desde a súa propia cancha, cando as xalleiras estaban en xogo de cinco.
Máis información
- Clasificación do Fisober da Preferente Feminina.
- Clasificación do Amarelle Santa Comba na 1ª Autonómica.
Novas do FSF
- FSF: 4 de 6 para o Fisober na finde mentres o Amarelle Santa Comba comeza a segunda fase con vitoria.
- FSF: O Fisober non puido sumar ante o Lieders.
- FSF: O Fisober consegue endosarlle a primeira derrota ao líder e o Amarelle Santa Comba segue imparable.
- FSF: O Fisober afianza un empate no Carballiño que alonxa o perigo.
- FSF: O Fisober escapa do perigo dende Vigo.
- O Fisober despide o ano con sorriso.
- FSF: As televisivas do Fisober volven cun empate de Vigo.
- FS: O traveseiro evitou alegrías para Fisober e Villa de Cee.