Sábado. 05.10.2024
El tiempo

FSF: O Fisober volve á senda da vitoria

fisober contra Gaiola
FSF: O Fisober volve á senda da vitoria

Tras o primeiro tropezo do curso ante a súa besta negra, o Fisober volvía á senda da vitoria no seu encontro disputado na tarde-noite do sábado no PM de Santa Isabel en Santiago de Compostela correspondente a oitava xornada de liga.

As dumbriesas fican na 2ª praza só un punto por detrás do Grupo FormaT Vilalba, e con 2 de vantaxe sobre o Ribeira.

LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA, xornada 8

  • RESULTADO: SD A GAIOLA – FISOBER FSF (1-3).
  • FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Saray, Ana; tamén xogaron: Barca, Patri, Andrea.
  • Goles: 0-1 min 2 Adriana, 0-2 min 17 Barca; ( descanso), 0-3 min 33 Patri, 1-3 min 39 Laura.

Arrancou ben o conxunto de Fran Toba e despois dun lanzamento de banda, un disparo de Paula Fandiño era desvíado por Adriana para poñer o cero a un no electrónico e darlle tranquilidade as costeiras. As costeiras estaban moi espesas no seu xogo e as locais saían en perigosas contras para poñer a proba a Sharay moi segura durante todo o partido. As locais Laura, Estela ou a ex do Fisober Raquel facían intervir a Sharay. O Fisober tamén buscaba ampliar vantaxe con ocasións para Barca, Adriana, Paula Fandiño ou un lanzamento o pau de Saray.
Ata que todo trocou cun segundo gol do Fisober obra de Barca para dar máis tranquilidade as costeiras. Un gol nas que as locais pediron algo punible nun choque con Barca previa o gol.

A volta de vestiarios saíu máis inspirado o Fisober en ataque, e dispuxo de varias ocasións para ampliar o tanteador. Barca, Patri e Andrea acaparaban ocasións pero non eran quen de marcar, as locais seguían a ter opcións tamen para reducir diferenzas, pero tanto Marta coma Sharay eran inexpugnables. Incluso Barca marcou un gol “pantasma” que para os presentes naquela zona entrou claramente pero que o colexiado tapado pola porteira local non decretou. A pesares desto o Fisober seguíu intentando ata que Patri poñía un cero a tres que parecía decidir o partido para as costeiras. Daquela o partido baixou en pulsacións pero seguían as ocasións en ambos lados. Nos últimos minutos as locais tentárono co xogo de cinco e obtiveron premio a falla de corenta segundos co definitivo un a tres.

A vindeira xornada o Fisober recibe a visita do Viaxes Amarelle B.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios