FSF: O vendaval Fisober

Non frea este Fisober embalado na carreira polo ascenso de categoría. 5 vitorias en 5 patidos, e unha nova vitoria contundente ante un recén descendido da categoría nacional. O choque disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría tivo unha primeira metade igualada pero a segunda o cadro de Fran Toba foi un vendaval.
PREFERENTE GALICIA - LIGA AUTONÓMICA, xornada 5
- RESULTADO: FISOBER FSF - A FERVENZA FSF (7-1).
- FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Barca, Nuriña; tamén xogaron: Patri, Ana, Saray, Andrea.
- Goles: 1-0 min 3 Barca, 1-1 min 15 Keira, (descanso), 2-1 min 22 Andrea, 3-1 min 24 Andrea, 4-1 min 27 Patri, 5-1 min 31 Nuriña, 6-1 min 35 Paula Fandiño, 7-1 min 38 Patri.

O Fisober arrancou ben e no minuto tres adiantábase despois dun roubo de Paula Fandiño que cedía para Barca para facer o un a cero. Pero despois diso as locais estiveron moi espesas, tendo algunha ocasión que salvou a porteira visitante. As 15 minutos Keira facía a igualada para as de Ferrolterra. E non so iso xa que as visitantes tiveron un tiro ao ferro tamén nesta primeira metade.
A volta de vestiarios novamente o Fisober marcaba para desfacer a igulada por medio de Andrea. Pouco despois de novo Andrea facía o tres a un. Un gol que lle deu tranquilidade as costeiras o que provocou que foran moito máis dinámicas en ataque. Chegaba o vendaval dumbriés.
No minuto 27 era Patri a que faía o cuarto e case deixaba sentenciado o partido. Mediada esta segunda metade a que marcaba era Nuriña. Despois nos últimos minutos eran Paula Fandiño e Patri as que pechaban o electrónico.
A vindeira semana toca a difícil visita a pista lucense do Ribeira, onde terán que facer un partido moi completo se queren sacar algo en limpo.
O Sénior Masculino, en Teixeiro
O recén creado equipo da 1ª Autonómica senior masculina no seu grupo 1 e dentro da 3º xornada de liga en partido disputado na tarde do sábado no P. Centro Penitenciario de Teixeiro o Fisober visitaba ó Victoria CF co resultado de igualada 5-5.
Polo Fisober xogaron: Víctor, Suso, Iván, Edgar, Carlos; tamén xogaron: Alejandro, Mario, Iago Insúa, Adrián, Adan, Pablo Costa, Juan Emilio. Foi o debut co primeiro equipo dos cadetes Iago, Adrián, Pablo Costa e Juan Emilio.
Os goleadores costeiros foron Carlos e Iago Insua en dúas ocasións e Adrián.
A Base
Tamén seguen en competición os Infantís e as Alevíns.


MÁIS CRÓNICAS DO FSF.
- X.4: FSF: 4 de 4 para o Fisober.
- X.3: O Fisober fai historia coa creación dun equipo Sénior Masculino.
- X.2: O Fisober tamén sabe sufrir.
- X.1: FSF: O Fisober arrrinca o curso vencendo a todo un 5Coruña.
- Setembro: O Fisober empeza con ilusión a súa 19ª campaña con novidades.
- Xullo 23: O Fisober pechou a temporada nunha moi meritoria segunda praza.