Domingo. 28.04.2024
El tiempo

FSF: Primeira derrota do curso para o Fisober

Fisober Patri e ANa
FSF: Primeira derrota do curso para o Fisober

Se hai un equipo que é unha auténtica besta negra do Fisober é o Vilalba. Por sexta tempada consecutiva gañou ás costeiras en Dumbría. Si a tempada pasada foi o único equipo que acadou gañar no Conco, este ano é o primeiro que é quen de levarse os puntos ante o Fisober quedando así as lucenses coma líderes e único equipo invicto da categoría.

PREFERENTE GALICIA - LIGA AUTONÓMICA, XORNADA 6

  • RESULTADO: FISOBER FSF – GRUPO FORMA T VILALBA FS (2-4).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Barca; tamén xogaron: Saray, Nuriña, Andrea.
  • Goles: 0-1 min 2 Andrea, 1-1 min 5 Nuriña, (descanso), 2-1 min 22 Paula Fandiño, 2-2 min 29 Antía, 2-3 min 32 Nerea, 2-4 min 38 Elvira.

barca,andrea,paula co Fisober

Coma todos estes anos chegou o gol visitante o principio nunha xogada desafortunada con remate no segundo pau de Andrea e o balón que peta en Sharay e vaise para dentro. Novamente tocaba ir a remolque fronte as do Vilalba. Ós cinco minutos era Nuriña a que igualaba o electrónico e todo comezaba de novo. O partido era moi intenso pero ambos equipos estaban a defender a media pista. Chegaban ocasións para ambos equipos pero ningún dos dous lograba superar as porteiras. A falla de puntería fixo que o resultado ó tempo de lecer fora de igualada a un tanto.

A volta de vestiarios unha falta no borde do área propiciaba co lanzamento de Paula Fandiño o segundo gol costeiro que as poñía en vantaxe. Parecía que as costeiras poderían aproveitar o gol de Paula para ter tranquilidade. Pero non foi así. As visitantes aumentaron o seu empurre e puxeron en apuros as locais.
Mediada esta segunda metade Antía igualaba o partido de novo. Pouco despois era Nerea a que facía o terceiro para o Vilalba e poñelas por diante. O Vilalba estaba a ser superior e as costeiras intentábano con corazón pero sen acadar igualar. A pouco do fin Elvira facía o cuarto e definitivo ante o que o Fisober xa non puido facer nada.

Fin de semana completa

Fisober de Cadetes
Os Cadetes

Fin de semana longo con tódalas categorías en liza por primeira vez na tempada.

Na 1ª Autonómica Sénior masculina no seu grupo I o Fisober recibía dentro da 5ª xornada na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría ó UD Estrada FS co resultado de 9 a 3 a prol dos costeiros.
Polo Fisober formaron: Víctor, Iván, Javi, Edgar, Carlos; tamén xogaron: Suso, Alberto Catalán, Adan, Mario, Álex. Os goles do Fisober foron obra de Carlos en catro ocasións, Javi e Alberto Catalán en dúas ocasións, Iván en unha.

Na División de Honra cadete masculina o Fisober recibía dentro da 6ª xornada de liga ó 5 Coruña FS na mañán do domingo nas ID de O Conco en Dumbría con triunfo local por 8 a 3.

Na Liga Galega alevín feminina o Fisober visitaba ó FSF Castro dentro da 4ª xornada de liga na tarde do domingo no PM de Castro Ribeiras de Lea co resultado de 1 a 6 a prol das visitantes.

Ademias, na 1ª Autonómica Infantil masculina o Fisober recibía dentro da 3ª xornada na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría o Troula Betanzos B co resultado de 2 a 0 a prol dos costeiros.

Fisober alevin feminino
As Alevíns

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios