mércores. 11.12.2024
El tiempo

FSF: O Fisober sucumbe ante o intratable líder

  • O cadro masculino tampouco puido co Pasarela
ESTRELA-Fisober
FSF: O Fisober sucumbe ante o intratable líder

Partido disputado na noite do venres no PM de Cortegada correspondente a 8ª xornada de liga. O intratable líder non tivo piedade do Fisober e gaño con solvencia ante a visita das costeiras.

PREFERENTE FUTGAL FEMENINA – XORNADA 8

  • Resultado: ESTRELA FUTSAL – FISOBER FSF (8-1)
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula, Andrea, Saray; tamén xogaron: María, Carre.
  • GOLES: 1-0 min 4 Paula, 2-0 min 5 Saiona, 3-0 min 15 María Estévez, 4-0 21 Saiona, 5-0 min 25

Comezaba repregado o conxunto costeiro dando o dominio as locais e buscando a contra, nunha desas Andrea nun contragolpe acariñou o pau cun lanzamento ca esquerda. A resposta local foi cun lanzamento que pasou polo medio de moitas pernas para inagurar o eléctronico. Pouco despois era Saiona a que nunha xogada individual facía o segundo que matou as visitantes. Co terceiro de María Estévez poñia unha pedriña máis sobre o Fisober. A resposta foi un lanzamento de María o longueiro.

A volta dos vestiarios un novo gol de Saiona enterrou as esperanzas visitantes, que se foron apagando cos goles locais. Patri facía o gol da honra costeira para pechar o abultado resultado.
A vindeira xornada chega o Bulebule FS.

PREFERENTE FUTGAL, XORNADA 9

  • PASARELA RIBEIRA FS B – FISOBER FSF: 4-0
  • FISOBER: Brais, Champi, Iván, Pablo Costa, Adrián; tamén xogaron: Grille, Mario Areas, Suso,
  • Javi, Mario Ferreiro, Cuki.
  • GOLES: 1-0 min 15 Bruno, 2-0 min 18 Unai, 3-0 min 19 Bruno, 4-0 min 32 Nabriga.

Fisober Masculino 24-25

Partido correspondente a novena xornada de liga xogado na tarde do domingo no PM Casa do Deporte de Lugo.
Partido con moito ritmo no que ambos equipos presionaron dende o inicio. Os locais dominaron un pouco máis, con boas chegadas e tiros lonxanos pero que se atoparon cun Brais espectacular na portería e con algún tiro a madeira.
O Fisober saía a contra e puido adiantarse no electrónico grazas a saber sufrir na faceta defensiva.
Nos últimos cinco minutos da primeira metade un golazo pola escadra abría o electrónico para os locais. O baixon físico e moral das ocasión erradas fixo que chegaran dous novos goles antes do tempo de lecer.
Trala volta de vestiarios superon refacerse os costeiros e seguiron insistindo. Agora cos locais pechados e saíndo a contra, cun xogador de campo coma porteiro pola lesión do seu, pero que se converteu no protagonista do partido polas boas intervencións, mantendo a raia o impulso visitante. Nunha contra chegou o definitivo catro a cero.
A vindeira xornada o Fisober recibe a visita do FS Pontedeume.

Máis crónicas do FSF

Outras novas sobre o FUTFEM

Comentarios