FutFem: O Bergan métese na final polo Ascenso; o Cee caeu

Disputábanse esta fin de semana as semifinais polo ascenso a 1ª Galega. Bergan e Cee, despois dunha liga regular impresionante, afrontaban esta eliminatoria de gañar ou marchar para casa. E finalmente foi foi cara e cruz para as nosas. O Bergan métese na final, pero o Cee non puido Bueu, que pelexará co cadro carballés polo ascenso.
Semifinais polo Ascenso
- Resultado: Narón O Freixo - Bergantiños (1-2)
- Bergantiños: Andrea, Sabrina, Seo, Lorena, Laura Torrado, Cruz, Alba, Noelia, Laura Caamaño, Yaiza, Bárbara. Tamén: Alexia, Gabriela, Carla, Eva e Claudia.
- Goles: 1-0, m.2: Martina; 1-1, m.55: Noe; 1-2, m.63: Cruz.
Esperábase un partido moi disputado e así foi. A choiva non cesaba e o campo non era o idóneo para o espectáculo, pero iso non parou aos dous equipos que pelexaron e dérono todo. Non se fixo esperar o primeiro gol, e nunha internada por banda chegaba o balón á área tras un erro das xogadoras vermellas que a dianteira local non perdoaba e batía a Andrea no minuto 2, subindo o 1-0 ao marcador.
Non se renderon as costeiras e empezaron a dominar espazos no terreo de xogo irregular de Río Seco, metendo ao Narón no seu campo e chegaban as ocasións: Cruz, Noe, Yaiza, Bárbara, Laura ou a ocasión de Alba, que nun mal despexe da porteira local e desde o medio do campo realizaba un disparo que se ía rozando o pau esquerdo da portaría local. Resistíaselle o gol ao equipo rojillo e nun pequeno descoido o Narón achegouse á portaría defendida por Andrea pero sen moito perigo. Chegábase así ao descanso cun inxusto 1-0 polos méritos e as ocasións de ambos os equipos.
Seguían as carballesas buscando o empate que chegaría aos 10 min despois do descanso tras un pase en profundidade a Cruz, que cede a Noe que non falla ante a saída da porteira local, e subía o empate ao luminoso. Tras o gol o equipo de Gueli Cotelo e René Díaz non cesou e continuou no seu asedio a por o segundo gol e tras algún achegamento de perigo, no minuto 63 Cruz tras unha contra plantábase soa ante a porteira local e esta vez si marcaba o segundo e definitivo 1-2.
Aí as locais deron un paso adiante, arriscando e indo a por o empate, pero Yaiza estivo moi ben, ata o último segundo.
Tras o asubío final chegou a alegría, as bágoas e a celebración co público que se achegou a animar ao equipo rojillo.
Semifinais polo Ascenso
- Resultado: Cee - Bueu (0-4)
- Cee: Noemí, Lucía Rod. Alba Trillo, Lucía Canosa, Andrea, María Lijó, Sharay, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Lucía Facal, Sara, Laura, Antía e Ruth.
Recibía o Cee na casa ao Bueu, pero estivo moi condicionado polo vento. As visitantes aproveitaron que comezaron a favor, e xa aos 5 minutos das visitantes se adiantaban cun córner moi pechado que se colaba na porta de Noemí. Intentouno o Cee con todo, pero ao cuarto de hora as costeiras xa caían por 0-2 cunha falta lonxana que foi espoleada polo vento. As ceenses comezaban a controlar e sacar mellor o balón, pero o terceiro gol, de novo a balón parado, xusto antes do descanso mataría as opcións das de Rafa.
NOVAS RELACIONADAS
- Ana Mouzo e Fran Figueroa, aos mandos da Escola Feminina CF Dumbría.
- O Dumbría abre unha Escola de Fútbol Base Feminino.
CRÓNICAS DO FSF
CRÓNICAS DO FUTFEM
- X.10: FutFem: Cee e Bergantiños remachan unha primeira fase inmaculada e pensan no ascenso.
- X.9: Cee e Bergan manteñen o ritmo.
- X.9: FutFem: Bergan e Cee aseguran o pase á fase de ascenso con dúas xornadas de marxe.
- X.7; Cee e Bergan, un chanzo por riba.
- X.5: O Bergan fixo valer a súa experiencia e físico ante o Cerqueda no primeiro derbi comarcal.
- X.3: Cee e Bergan no alto da táboa.
- X.2: O Bergantiños ponse líder en solitario.
- FutFem: As Miúdas estreáronse ante o imponente Cee.
- X.1: Debut histórico da UD Cerqueda.