Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FUTFEM: O Cerqueda soña coa salvación

Ponteceso-Cambre B-Foto-Brais Pose
Ponteceso-Cambre B-Foto-Brais Pose
FUTFEM: O Cerqueda soña coa salvación

A segunda vitoria do Cerqueda foi un das novas máis destacadas da xornada do fútbol feminino costeiro. As cerquedás venceron a un rival directo pola salvación como é o Xuv. Crendes, ao que deixa a 1 só punto, malia que o golaveraxe fica en contra.
Corme e Ponteceso caeron.

Mentres, polo Sur, o Xallas venciu con comodidade a un débil Dubra no Municipal de Fontenla e afianzou o seu líderato na clasificación unha semana máis. Non fallou tampouco o Cee, pero no partido máis importante da xornada, o Dumbría sufría unha dura derrota ante o Cacheiras, que marcha 6 puntos por diante.

Todo uns días despois de saber que Muxía CF únese á revolución do FUTFEM e vai intentar competir con equipo sénior e de promesas o ano que vén  

2ª División, Gr.2, xornada 16

Cerqueda - Xuv. Crendes (3-2)

  • Cerqueda: Valeria, Jimena, Lucía, Mónica, Pauliña, Tati, Irene, Raquel, Vane, Inés e Mariña. Tanén: Uxía, Sonia, Carla e Lorena.
  • Goles: 1-0, m.8: Pauliña; 1-1, m.11; 2-1, m.22: Pauliña; 2-2, m.77; 3-2, m.90: Mariña.

Competiu cara a cara o cadro de Dani Reixía durante os 90 minutos, quedando cos 3 puntos cun gol sobre o desconto. Comezaron moi enchufadas e pronto Pauliña Veiga, a capi, abría o marcador. Non tardou en chegar o gol do empate nun erro de marcaxe na frontal, que a xogadora visitante puxo o balón en toda a escadra. Pero pouco despois, un xogadón de Mariña por banda, cédelle o balón a Paula marcaría o 2-1 de fermoso disparo.

Mediada a segunda parte nun balón parado, o Crendes facía o 2-2. E cando peor o estaban pasando pasando as locais sacaron o mellor de si mesmas, culminando o partido cun auténtico golazo de Mariña.

Ponteceso - Cambre B (0-2)

11 do Ponteceso feminino-Foto-Brais Pose
11 do Ponteceso feminino-Foto-Brais Pose
  • Ponteceso: Colores, Andrea, Eva, Muíño, Sari, Laura, Silva, Noe Martínez, Lara, Ainhoa, Myre. Tamén: Noe Blanco, Lucía, Laura Ramos, Miriam.
  • Goles: 0-1, m.50: en propia; 0-2, m.71.
Ponteceso-Cambre B-Foto-Brais Pose 2
Ponteceso-Cambre B-Foto-Brais Pose 2

Partido de moito ritmo por parte dos dous conxuntos que comezaba con poucas ocasións. Si que Muíño, Andrea e Lara Fariña avisaban mentres que o Cambre apenas era capaz de crear perigo salvo varios balóns colgados a balón parado moi ben despexados polas defensoras de Curro.

Seguía dominando o cadro local na segunda, chegando timidamente. Perdoou e a mala sorte cebouse coas locais cun tanto en contra. Fixo dano este gol nas rapazas de Curro xa que vían como o Cambre sen apenas tirar a porta se adiantaba, e minutos seguidos de novo unha xogada similar fixo que o balon tras varios rexeites quedara na área pequena solo para que as visitantes puxeran o 0 a 2 no marcador.

Non baixarían os brazos as locais, tendo moitísimas ocasións e mans a mans claros por parte de Silvi, Lauriña e ata un gol anulado a Myre, pero nos que non foron capaces de poder definir.

Pastoriza - Corme (8-0)

  • Corme: Belén; Ana (Aurora), Laura (Cecilia), Irene, Vero; Cris (Candela), Ana, Carla, Nati, Naroa; María (Julia).

Pouco se pode dicir ante un Pastoriza superior en todas as facetas do xogo, nun campo moi grande para as de Rubén.

 

2ª División, Gr.4, xornada 16

As Miúdas - Vista Alegre (1-2)

As Miudas animando a Saray e Maria
As Miúdas animando a Saray e Maria
  • As Miúdas: Adriana, Elba, Alba, Ana, Ximena, Paula, Marta, Sofía, Leti, Pati e Bárbara. Tamén: Claudia, Noa, Marina e Marcela.
  • Goles: 0-1, m.30; 1-1, m.61: Leti; 1-2, m.81.

Sorprendette derrota das Miúdas. O míster considera que o equipo está pagando o progresivo cambio de sistema, procurando baixar máis o balón, buscando laterais… E iso que non xogaron mal as muradáns, dominando, tendo ocasións ante unhas santiaguesas que aguantaron ben atrás e sacaron perigosas contras. Un erro defensivo permitiu que as visitantes se adiantasen á media hora.

Entraron fortes na segunda as de Lucho, e conseguiron empatar, pero outro erro de colocación costou o segundo. En calquera caso, a progresión do fútbol do grupo é patente.

Xallas - Dubra (5-0)

Xallas feminino x16

  • Xallas: Rosio; Nuria, Mayte, Saskia, Paula Barcia; María, Luchy, Andrea Barbeira; Olalla, Yaiza e Yasmina. Tamén xogaron: Alicia, Andrea Otero, Laura, Rhany e Paula Gándara.
  • Goles: 1-0, m.6: Yasmina; 2-0, m.17: Olalla; 3-0, m.18: Yasmina; 4-0, m.20: Yasmina; 5-0, m.34: Olalla.

20 minutos de “rodillo” xalleiro serviron para sentenciar rápido o choque e despois contemporizar co balón. Salientar o debut de Paula Gándara na parte final do mesmo.

Cee - Nicrariense (5-0)

  • Cee: Noe, Lucía Caamaño, Lucía Facal, Alba, Nerea, Ruth, Saray Duarte, Andrea, Laura, Lucía Martínez, Sharay Caamaño. Tamén: Sabela Abel, Sabela Corbelle, Antía, Nayara e Thalia.
  • Goles: 1-0, m.13: Lucía Martínez; 2-0, m.17: Lucía Martínez; 3-0, m.42: Lucía Martínez; 4-0, m.49: Antía; 5-0, m.81: Sharay Caamaño.

Partido semellante cun cadro ceense moi superior que deixou o choque listo en apenas 15 minutos.

Cacheiras - Dumbría (2-0)

  • Dumbría: Lía, Sabela, Mai, Noa, Martina, Eva, Serena, Claudia, Ainoa, Yoli e Juliette. Tamén xogaron: Reyes, Naira, Sara, Paula Rodríguez e Naiara.
  • Goles: 1-0, m.44; 2-0, m.66.

Cara a cara foi o partido entre Dumbría e todo un Cacheiras, aspirante a todo. Foi un choque bastante trabado, con poucas ocasión e máis xogo desenvolto en campo local, cunhas boas internadas de Claudia e algunha ocasión de Juliette.

Xusto cando o partido marchaba ao descanso, chegou o doloroso gol dende o medio campo collendo a Lía adiantada.

Seguíu o Dumbría forte, levando o balón a campo contrario, pero era o cadro local o que roubaba e conseguía traspasar as primeiras liñas pero non chegaba á meta dumbriesa. Foi no único despiste da zaga do Dumbría nunha falta lateral que a propia Irena saca rápido e ainda que Lía chega a tocar mon pode evitar que o balón entre acabando co 2-0.

Así e todo, lonxe de baixar os brazos e tras perder a Sabela e Claudia (tamén con molestias), as costeiras acabaron creamdo ocasións e un disparo de Ainoa atopou ben colocada á gardamallas local evitando calquer atisbo de remontada, e deixando ás de Dumbría sin anotar por primeira vez nesta temporada, nun partido con xusta victoria para as terceiras da tabla, ainda que con premio de máis tralo visto no duelo.

Victoria - Mazaricos (5-0)

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Fátima, Valeria Gascó, Antía, Silvia, Tamara, Buján, Daniela, Ánxela e Jirra. Tamén xogaron: Leire, Katia, Romay, Saray e Araceli.

Partido no que comezaron as de Borja Sueiro durmidas e encaixaron no primeiro minuto, pero logo deste gol pronto se repuxeron. Trataron ao rival de igual a igual e competiron a primera parte, onde Jirra era un puñal arriba e aproveitaron os balóns as contras.
Faltounos o de todo o ano, ese gol que nos dá confianza, tívoo Claudia dende a frontal, pero a súa porteira estaba ben colocada.

Na segunda parte o partido cambiou totalmente, as locais comezaron con máis intensidade e nun balón á espalda da defensa Pedrosa tapa ben pero tivemos a mala sorte de que o rechace lles favoreceu e meteron o 2-0. Esto desmoralizou ao equipo e baixamos os brazos, e como consecuencia elas meteron o terceiro e o cuarto de seguido. Rematou o partido cun 5-0, que reflexa a segunda parte pero non o traballo feito na primeira. Toca seguir traballando ata que comecen a sair ad cousas.

 

Liga F7, Coruña, Gr.A, xornada 12

Corcubión - Torre B (5-0)

  • Corcubión: Elena, Claudia, Adriana, Noa, Ana, Paula, Carla Lema. Suplentes: Marta, Vivi, Andrea, Cristina, Maria Castro, Alexandra Lojo e Sara Cubelo.
  • Goles: 1-0, m.22: María Castro; 2-0, m.26: Alexandra Lojo; 3-0, m.36: Ana Sierra; 4-0, m.40: María Castro; 5-0, m.41: Sara Cubelo.

O domingo pola mañán disputábase no Novo Cubaleiro un partido que remataría con outra vitoria para as corcubionesas que, neste caso, se enfrontaban contra as xogadoras do Torre SD B. As locais foron as claras dominantes do encontro. Non obstante, na primeira parte custou que o balón se adentrase na portería contraria con éxito. Tras numerosos intentos fallidos, unha falta que tiraba María Castro se convertía no primeiro gol e no único dese primeiro tempo.

Xa no segundo, os tiros a portería foron máis acertados e os goles das corcubionesas foron sucedéndose. Nada máis arrincar, Alexandra Lojo marcaba o 2-0. Posteriormente serían Ana Sierra, María Castro de novo e Sara Cubelo as artífices dos outros tantos que conformaban o resultado final.

Máis novas do FUTFEM

MÁIS CRÓNICAS DO #FUTFEM

TÁBOA DO GR.2 DA 2 DIV.- FEM

TÁBOA DO GR.4 DA 2 DIV.- FEM

Comentarios