#FUTFEM: Collendo posicións para a segunda fase
3 xornadas para o remate da primeira fase, e os equipos seguen competindo co futuro practicamente decidido. Lembren que semana pasada analizando como será a segunda fase, e no Norte xa temos practicamente un equipo descendido á que será a nova 3ª Galega, con Corme e Ponteceso inseridos na fase complicada pola permanencia.
Polo Sur, con Xallas, Cee e Dumbría practicamente co posto de promoción de ascenso asegurado (e a permanencia, que non é pouco en tempos de cambios estruturais, se ben o Xallas ainda ten opción de alzarse co título se o Calo pincha nalgún partido, pois a derradeira xornada será un Calo-Xallas), Os Miúdos ten complicadísimo meterse entre os 2 mellores 6º clasificados.
Todo mentres o fútbol feminino costeiro deséxalle a meirande das sortes a Andrea Amil, a porteira herculina, escollida o ano pasado como a mellor porteira do Fútbol da Costa trala súa gran temporada no Bergantiños, que está de camiño a Barcelona para participar na Queens League de Piqué.
Loita pola pichichi
No norte, o goliño de penalti de Naroa (Corme) válelle para aumentar a vantaxe fronte a Laura Rama (Abellá). A cormelá ten 39 e a perseguidora 37.
Polo Sur, Yasmin (Xallas) suma 32, polos 30 e 28 das xogadoras do líder, o Calo, Laura Lema e Carla Couso. A compañeira xalleira Olalla suma 26 e a dumbriesa Paula Fandiño “FandI” suma 21, polos 20 da súa compañeira María das Carisas.
2ª División Fem., Gr.2, xornada 23
Ponteceso - Almeiras (1-2)
- Ponteceso: Colores (María, m.56), Lara (Laura m.89), Berdeal, Ainhoa, Noe, Silvia, Muíño, Eva, Mel (Vir, m.73), Andrea, Lauriña.
- Goles: 0-1, m.11; 1-1, m.37: Andrea de penalti; 1-2, m.100: Yadira.
Con mal sabor de boca acabaron as de Curro tras caer pola mínima nun partido que, en calquera caso, volve demostrar a tremenda progresión deste equipo en apenas uns meses. Chegaba un equipo inmerso na loita pola promoción, que con 50 puntos demostra a fenda aberta entre os 6 primeiros e o resto (o 7º suma 29 puntos).
O Almeiras saía mandón pero o bo traballo defensivo das pondalianas impedía que chegasen sequera a tirar a gol. Si se conseguían adiantar nunha falta dubidosa ao borde da área. Abriase o choque con chegadas nas dúas áreas, e antes do descanso, unhas mans na área visitante eran aproveitadas pola killer Andrea dende os 11 metros.
O Almeiras só conseguía facer dano con accións a balón parado nas que tanto a meta Colores como logo María resolveron moi ben. Á contra, a capi Eva vía como lle anulaban un tanto, e Lauriña e Muíño tamén rozaron o gol.
E cando todo parecía que remataría cun empate, de novo noutra acción polémica de fóra de xogo que non asubiaría o colexiado, no minuto 106 de partido as visitantes aproveitarían para transformar o man a man diante da meta María no 1-2 final.
Cerqueda - Pastoriza (0-9)
- Cerqueda: Valeria, Jimena, Lucía Rod., Mónica, Pauliña, Tati, Irene, Raquel, Andrea, Inés e Isa. Tamén: Paula Casal, Sonia, Vane, Mariña e Carla.
As líderes visitaban Xaviña, e as cerquedás conseguiron aguantar facendo os mellores 40 minutos do curso. Non só mantiveron nese treito a meta ben defendida, senón que foron quen de chegar ata 3 veces con claridade á área rival. Pero un tanto no m.40 fixo moito dano, e de aí ao descanso o equipo encaixou dous tantos máis.
A segunda metade foi moi longa, pero Dani Reixía queda con eses 40 minutos.
Meicende - Corme (3-1)
- Corme: Belén; Lucía (Ana) (Aurora), Aroa, Vero (María), María; Nati (Candela), Irene, Ana, Cris, Carla e Naroa.
- Goles: 1-0, m.12; 2-0, m.25; 3-0, m.40; 3-1, m.44: Naroa de penalti.
Partido contra un equipo moi superior en todas as facetas do xogo, tanto a nivel individual como a nivel táctico, con moitas variables no xogo que rompían unha e outra vez as liñas cormelás.
Tralo claro 3-1 da primeira metade, na segunda as de Rubén Souto fixeron cambios tácticos para controlar mellor atrás, e non sufriron tanto.
O peor foi a lesión da porteira Belén emais de Vero, ambas cun forte golpe na zona lumbar que as fixo ser sustituidas.
2ª Div. Fem., Gr.4, xornada 23
Xallas - Victoria FC C (3-1)
- Xallas: Rosío; Laura, Saskia, Alicia, Andrea Otero; Luchy, Andrea Barbeira, María; Paula Barcia, Olalla e Yasmina. Tamén: Mayte, Inés, Rhany, Nuria e Paula Gándara.
- Goles: 1-0, m.1: Yasmina; 2-0, m,13: Saskia; 2-1, m.53: en propia; 3-1, m.67: Olalla.
Saían echufadas as de Rupper e xa no minuto 1, Yasmina, “a gacela de Barbeira”, puña por diante o equipo local. O Xallas que parece que superou a páxara que tivo e que volve a estar forte en todas as liñas, estivo moi firme diante dunhas santiaguesas que saíron a xogar con calidade. Pero a entrega e brega das xalleiras foi moito. Saskia a balón parado facía o segundo da tarde.
Recortaría distancias o Victoria na segunda metade nun fallo no despexe de Saskia, Alicia e Rosio meterían o gol en propia porta... Non tardou en sentenciar o cadro verde, cunha falta directa de Olalla para dar tranquilidade aos siareiros xalleiros que ateigaban a grada cuberta cando caía unha tromba de auga.
O Pino - Os Miúdas (0-4)
- As Miúdas: Adriana, Elba, Alba, Ximena, Ana, Paula López, Marta Piñeiro, Leti, Pati e Bárbara. Tamén: Marta Verán, Marina e Naiara.
- Goles: 0-1, m.8: Leti; 0-2, m.41: Pati anota un golazo por encima da meta local; 0-3, m.68: Elba; 0-4, m.80: Elba.
Partido cómodo das de Lucho, que se afianzan no grupo de arriba, co dominio do xogo todo o partido sen apenas sustos en contra. Leti e Pati na primeira e a xemelga infantil Elba na segunda, e por partida doble, anotaron os tantos. Lucho quere destacar o papel das infantís Elba, Ximena, Alba e Naiara que “xa están collendo os mandos do xogo equipo nestes partidos o que nos deixa moi boas previsións de futuro”.
Cee - Rois (4-0)
- Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Caamaño, Laura Blanco, Nerea, Ruth, Saray Duarte, Sabela, Sharay Caamaño, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Thalia, Nayara, Sabela, Antía e Andrea Romero.
- Goles: 1-0, m.44: Nerea a pase de Lucía Caamaño; 2-0, m.46: Lucía Martínez; 3-0, m.68: Saray Duarte de falta; 4-0, m.70: Ruth.
Dous goles ao fío do descanso e nada máis voltar dos vestiarios ratificaron a superioridade ceenses no choque celebrado no san Paio de Refoxos. O cadro ceenses continúa metidísmos na pelexa por todo, a só 3 puntos do Xallas.
Dumbría - Calo (0-4)
- Dumbría: Lía, Noa, Carril, Martina, Mai, Eva, Fandi, Kelly, Ainoa, Sabela e María das Carisas. Tamén: Naira, Yoli, Sara e Icía.
- Goles: 0-1, m.16; 0-2, m.40; 0-3, m.53; 0-4, m.78.
Con 10 dende o minuto 25. Demasiada lousa para o Dumbría no enfrontamento ante o poderoso líder. As de Fran Figueroa saíron moi serias, controlando ás embestidas locais anta que unha indecisión das centrais permitía que a dianteira Cintia adiantara ás teenses. A base de empurre e con varios córners o Dumbría ameazaba a área rival.
Ata que chegou o momento que marcaría o partido: nun barullo na frontal sae Lía a despexar, o balón queda solto e o remate da atacante é bloqueado de volta por Lía. O colexiado entendeu que estaba fóra da área así que falta e vermella directa para a meta local.
Non lle perdeu a cara ao partido o cadro local, que seguía gañando os duelos individuais, roubaban e se adentraban en campo contrario. Pero unha mala saída de Naira ao fío do descanso, deixou o balón na frontal para que Carla abrira a ferida ainda máis, poñendo o 0-2 co que se chegou o descanso.
As líderes apretaron na saída da segunda e pecharon o partido pronto.
Nicrariense - Mazaricos (2-3)
- Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Peta, Fátima, Mariña, Silvia, Lúa, Daniela, Ánxela, Tamara, Jirra. Tamén xogaron: Katia, Buján, Leire, Saray e Antía.
- Goles: 0-1, m.14: Tamara anota un golazo de volea; 0-2, m.16: Jirra rouba na saída de balón e define; 1-2, m.59; 2-2, m.92; 2-3, m.93: Tamara.
Partido non apto para cardáicos no Cepelo, cun cadro amarelo que saía moi ben atacando e tendo o control do xogo. Apenas concedían ocasións as de Borja Sueiro e en dñuas xogadas ao cuarto de hora Tamara e Jirra abrían fenda no marcador.
Apretaba o cadro local nos últimos 10 minutos da primeira metade, e sobre todo na segunda, moito máis intensas e gañando todos os segundos balóns. Recurtaban pronto as nicrarienses e seguían percutindo ante un cadro amarelo que se mantiña ben replegado. Ata que xa co tempo cumplido un malentendido defensivo provoca o 2-2 no minuto 92. Pero lonxe de virse abaixo, na seguinte xogada Tamara marca o 2-3 que lles dá moita moral ás amarelas para o que resta de tempada.
MÁIS NOVAS DO FUTFEM
- ANALIZANDO A SEGUNDA FASE DA 2ª FUTFEM
- O Seaia tamén se apunta á revolución do #FUTFEM.
- O Fisterra únese á revolución do #FUTFEM con dous equipos.
- As Seleccións da Costa Femininas demostraron estar a un gran nivel no Campionato Galego.
- #FUTFEM: O CF Muxía xunta 30 rapazas para o seu primeiro adestramento.
- O CF Dumbría sumará un terceiro equipo feminino.