Venres. 26.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Despedindo o ano con espectáculo

Mazaricos futfem
O Mazaricos remata o ano como líderes
FUTFEM: Despedindo o ano con espectáculo

Se o Bergan xa pechaba este histórico 2021 a semana pasada e con bo sabor de boca, o resto de equipos da comarca aínda tiñan pendente desputar a última xornada ano, marcada polo pasamento do novo colexiado Lucas Vicende Vidal. As Ligas Autonómicas non se suspendían como aconteceu coas comarcais, pero en todos os campos se lembrou ao cormelán.

No apartado deportivo, cómpre destacar o partidazo vivido no Eleuterio Balayo con dous equipos que competiron ata o final e deron un gran espectáculo, permitíndolle sumar unha nova vitoria ao Xallas pero demostrando As Miúdas que poden gañar a calquera.
En calquera caso, o mellor equipo costeiro do ano é o Cee. 7 vitorias e só unha derrota, ante as líderes, un Noia que só saca 2 puntos ás de Rafa. O Cerqueda non fallaba ante as pechacancelas e queda ás portas do podio.

Na Liga F7, o Mazaricos vencía de novo, gracias a un triplete de Grac,i e remata o ano no máis alto da táboa.

2º Galega, Gr.3., xornada 9

As Miúdas - Xallas (2-3)

  • As Miúdas: Noa; Pau, Mariña, Clara, Sofía; Ana, Leti, Adriana, Sabela; Marta e Saray. Tamén: Nerea e Lorena
  • Xallas: Xiana; Laura, Inés, Rita e Maite; Michelle, Luchi e Andrea, María; Yoli e Xastia. Tamén xogaron: Alí, Rosio, Leti, Yomar e Tania.
  • Goles: 0-1, m.21: Xastia; 0-2, m.25: María; 1-2, m.66: Sofía; 2-2, m.82: Leti de penalti; 2-3, m.83: Yolanda.

Fáltalles un chanzo ás muradás para competir ao máximo, e aprender a comezar a tope dende o principio e non ofrecer regalos. Aproveitaron as xalleiras que as de Juan Carlos tardaron en asentarse para colocarse 0-2 na primeira media hora, cun primeiro zurdazo de Xastia dende moi lonxe que se colou pola escadra e un segundo gol de María despois de recoller un balón que dou no longueiro de Yoli.

Unha vez fixadas as marcas e mellor colocadas, as locais competiron cara a cara contra a garra das de Rupper. A segunda metade, nos primeiros minutos non houbo ocasións pero o Xallas tiña ben controlado o encontro, ata que nunha falta Leti metías as locais no partido. Seguiron crendo as muradás e Leti facía o empate dende os 11 metros, pero cando tiñan o máis difícil feito, na seguinte xogada Yoli marca un fermoso gol de xogada individual sen ser parada polas defensas.

Non chegaba con toda esa montaña rusa de emocional que aínda tivo As Miúdas a última gran ocasión do partido cun penalti que botou Marta pero que atallou a porteira Xiana cunha gran intervención. En definitiva gran espectáculo o vivido en Muros para rematar o ano.

 

Cee - Calo (2-0)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Barreiro, Alba, Nerea, Lucía Canosa, María Lijó, Sharay, Lucía Martínez, Sarai Duarte, e Uxía. Tamén: Laura, Lucía Facal, Sabela e Antía.
  • Goles: 0-1, m.3: Uxía; 0-2, m.50: Uxía.

Partido relativamente cómodo para as de Rafa ante un rival con algunhas xogadoras veteranas e de bo nivel. Adiantábase na primeira ocasión que tiveron por medio de Uxía que na primeira metade foi un constante pesadelo para a defensa do Calo puidendo marcar algún gol máis na primera metade, pudo Nerea poñer máis distancia no marcador nunha gran xogada persoal na que desde a posición de lateral foise levando a canta rival lle saiu ó paso ata plantarse diante da porteira que atallou ben o seu disparo. Co paso do tempo foron perdendo profundidade no xogo aínda que tiñan o resultado controlado porque non concedían ocasións.

No inicio da segunda metade subían as locais un pouco o ritmo ata que chegou o segundo gol de Uxía, momento no que volveron a relaxarse e incluso no tramo final do partido o Calo rondou a área, aínda que sin moito perigo.

Amio - Cerqueda (0-4)

  • Cerqueda: Lucía Dourado, Paula, Nuria, Naroa, Lidia, Raquel, Ana Suárez, Natalia, Saskia, Lorena e Eva. Tamén: Ana Varela, Cris Veres, e María.
  • Goles: 0-1, m.3: Ana Suárez; 0-2, m.32: Naroa; 0-3, m.66: Paula; 0-4, m.80: Ana Suárez.

UD Cerqueda feminino

Partido disputado no Municipal do Sergas, onde o cadro de Jorge Guillamet saíu a dominar o partido desde o primeiro minuto fronte ao Amio.
Foi moi pronto, no 3 cando Ana Suárez adiantou ás visitantes nunha xogada a balón parado. Coa vantaxe no marcador o equipo trato de ser combinativo e aproveitar diversas chegadas por banda, nunha delas foi Naroa a que ampliaría a vantaxe a pase de Paula para establecer o 0-2 co que se chegaría ao descanso.

A segunda parte seguiu a mesma tónica que a primeira, e unha falta na frontal serviulle a Paula para ampliar a vantaxe do equipo visitante. O marcador se pechou como se abría, con outro gol de Ana Suárez aproveitando unha xogada a balón parado.

 

Liga F7, Santiago, xornada 5

Mazaricos CF - EDF Silleda (3-1)

  • Mazaricos: Pedrosa, Ánxela, Lucha, Tamara, Graci, Natasha e María Jirra. Tamén xogaron: Sheila, Claudia, Fátima, Katia, Seijas e Daniela.
  • Goles: 0-1, m.5; 1-1, m.28: Graci; 2-1, m.30: Graci; 3-1, m.32: Graci.

Partido moi disputado, no que se adiantaban as visitantes a saída dun córner tras un despiste nas marcas das locais. O Silleda mantíñase en bloque baixo e moi ordenadas tacticamente e o Mazaricos era dono do balón e intentabao con tiros lonxanos que non creaban moito perigo. Así se chegou ao descanso.
A segunda metade comezou coa mesma predisposición no Silleda pero as amarelas entenderon moi ben por onde tiñan que crear o perigo. Nese momento apareceu a figura de Graci, que con dous tiros desde a frontal tras dúas xogadas ensaiadas de córner puña lle daba a volta ao marcador. E finalizaría o seu personal hattrick e como consecuencia a sentencia do encontro con un golazo de falta pola escadra facendo vibrar aos siareiros, que unha semana máis se fixeron notar, sendo unha parte importante dos partidos na casa. Moi boas sensación das rapazas, que siguen coas súa melloría.

 

Todas as crónicas do FUTFEM

Crónicas do FSF

Comentarios