Luns. 29.04.2024
El tiempo

Leo Picallo, o Premio Histórico da VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC

Fotos historicas de Leo Picallo no Futbol da Costa
Fotos históricas de varios autores de Leo Picallo no Fútbol da Costa
Leo Picallo, o Premio Histórico da VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC

Máis de 500 goles en todas as categorías do Fútbol da Costa o contemplan. Leo Picallo vén de anunciar a súa retirada este ano, tras 32 temporadas competindo no nosos fútbol. Ese goleador de sempre, listo coma un allo, vén de colgar as botas do fútbol modesto (deben estar os veteranos desexando pescar por Corcubión) aos seus 47 anos.

Comezou no hockey da vila de San Marcos, e en xuvenís (naqueles lonxevos anos 80 non había Biberóns, pero tampouco cadetes) xa se inseriu no UD Corcubión. Tiña 15-16 anos, e tralo seu paso pola mili (si, Leo fixo a mili, para que vexades o vello que é), volveu directamente para o UC Cee.

Aí comeza a marcar goles para todos os equipos: Soneira, volta ao Corcubión, Camariñas, volta para o Cee… un breve paso polo Noia de Preferente… En 2010 ficha polo Xallas, despois segunda etapa en Camariñas, dúas tempadas no Dumbría, paso de novo polo Soneira, ata que se volveu retirar ao equipo dos seus, o Cee, onde non se daba retirado ate este ano.

Ten un título da Copa da Costa, pero ten 4 finais xogadas, que non é pouca cousa. E como non, suma no seu palmarés varias Ligas de 3ª Autonómica, 2ª Autonómica e mesmo da 3ª.

Leo Picallo é o Premio Histórico da VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC, que se celebra este sábado 24 de xuño ás 20:00h na Casa da Cultura de Corcubión.

   

Os nominados

OS PRIMEIROS PREMIOS CONFIRMADOS

Xa temos algúns premios confirmados:

PATROCINADORES

Compre agradecer ás casas que fan posible esta gala, que conta co apoio da Real Federación Galega de Fútbol e do Concello de Corcubión:

  • Servicio Técnico Oficial Saunier Duval.
  • Cárnicas Domínguez.
  • Carbónicas Landeira “La Pitusa”.
  • Restaurante Lonxa D’alvaro (Muxía).
  • Iván Vilanova Asesoría e Auditoría.
  • Seguros Reale Roberto Mouro Baio-Zas-Santa Comba.
  • Autocares J. Pombo.
  • Grupo As Baleas (Cee - Muxía - Fisterra).
  • Aluminios Dumbría.
  • Muebles Ordóñez (Ponte do Porto.
  • Electricidade Héctor Castro (Cerqueda).
  • Asesoría Asfeco (Malpica).
  • Manuel Castiñeira Clínica Dental.
  • El Juguetón.
  • Cristalería Vilas.
  • Escola de Porteiros Nordés.
  • Jorge Parri Fotografía.

QPC agradece tamén a colaboración continua de Gerca, Bazarra, Oemáis, Centro Comercial Finisterrae, Gerca, O Semáforo de Fisterra e o Faro de Lariño, As Eiras de Lires, Bar o Moncho.

Máis info

Comentarios