Domingo. 28.04.2024
El tiempo

E os Nominados para a Gala do Fútbol da Costa son….

Equipos Nominados a Gala do Futbol da Costa 2023
Dumbría, Sofán e San Lorenzo son os 3 equipos Nominados a Mellor Equipo na Gala do Fútbol da Costa 2022/2023
E os Nominados para a Gala do Fútbol da Costa son….

Xa coñecimos onte as finalistas do FUTFEM, hoxe toca repasar os nominados aos premios masculinos máis importantes da VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC, que se celebra este sábado ás 20:00h na Casa da Cultura de Corcubión.

Este ano, como as votacións foron abertas, saíron un feixe de nomes que perfectamente poderían formar un 11 ideal capaz de competir con calquera. Foron recollidas 70 votacións, nomeadamente 2 votos por club (que non podían votar polo seu propio club), algún colaborador de QPC, e varios xornalistas. De todos eses votos saíron estes finalistas:

Premio Lonxa D’Álvaro ao Mellor Equipo Masculino

  • C.F. Dumbría.
  • S.D. San Lorenzo.
  • S.D. Sofán.

Tamén foron votados os Muxía, Xallas, Corme, Baíñas ou Camelle.

 

Premio Roberto Mouro-Reale Seguros ao Mellor Xogador

  • Colón (Xallas).
  • Lucas (Corme).
  • Iván Rojo (San Lorenzo).
  • Estévez (Dumbría).

Tamén foron votados xogadores como Moriño (Camariñas), Eze (Cee), Alan (Porteño), Manu Nogueira (Muxía), Iván Facal (Castriz), Bieito (Baio)…

 

Premio La Pitusa ao Mellor Adestrador

  • Pablo Conde (Dumbría).
  • Dani Casal (San Lorenzo).
  • Pablo Torreira (Sofan).

Tamén recibiron votos Diego Lobelos (Muxía e gañador o ano pasado) Miguel Chouza (Castriz), Adrián Vázquez (Xallas), Ángel (Corme), Félix (Baio), entre outros.

Premio Iván Vilanova Asesoría á Mellor Afección

  • Corme.
  • Esteirana.
  • Camelle.
  • Volantes.
  • Baio.

Máis aberta que nunca, tamén recibiron votos a do Muxía, do Monte Louro, Fisterra, Sofán, Camariñas, Porteño… dando conta da boa calidade das nosas afeccións.

Premio RFGF ao Mellor 11 Masculino

Mellor Porteiro

  • Anxo (Dumbría).
  • Brais (Sofán).
  • Xandre (Muros).

Tamén recibiron votos MJ (Esteirana), Cote (Fisterra), Benja (San Lorenzo), Pablo Pose (Mazaricos), Iván Couto (Xallas), Bruno (Corcubión), Mariolo (Porteño), José Domingo (Muxía) ou Álex Pouso (Outes)…

Mellores defensas (3)

  • Aarón (Soneira).
  • Pablo Paz (Dumbría).
  • Canario (Dumbría).
  • Michael Vilela (Muxía).
  • Raúl Añón (Dumbría).

Tamén aparecen nas votacións Pablo Dom. (Baio), Dani Becerra (Sofán), Breixo (Fisterra), Maikel Mouzo (Muxía), Simón (Esteirana), Code (Esteirana), Raúl (San Lorenzo), Lucho (San Lorenzo), Chema (Cee), Dido (Camelle), Luca (Ponteceso)…

Mellores Centrocampistas (4)

  • Iván Facal (Castriz).
  • Bieito (Baio).
  • Eze (Cee).
  • Lucas (Corme).
  • Colón (Xallas).
  • Alex Taibo (San Lorenzo).
  • Iago Lema (Corcubión).

Tamén aparecen Borja Gándara (Soneira), Jacobo Eibe (Sofán), Parafita (Sofán), Esteban Capelo (Xallas), Fidi (Xallas), Xián (Louro), Alberto Recarey (Ponteceso), Pesco (Volantes), Dani Mato (Zas), Pablo Garrido (San Lorenzo), Mario (Camariñas), Xaco (Camariñas), Mario (Coristanco), Moriño (Camariñas), Mauro Romaní (Muxía), Lucas Toba (Dumbría)…

Mellores Dianteiros (3)

  • Javi Souto (Soneira).
  • Isaac Fábregas (Cee).
  • Estévez (Dumbría).
  • Iván Rojo (San Lorenzo).
  • Manu Nogueira (Muxía).
  • MC (Baio).

Recibiron algún voto xentes como Darío Capelo (Dumbría), César Lojo (Corcubión), Alan (Porteño), Alejo (Corme), Juan de Celia (Xallas), Lucas (Porteño), Adrián Rama (Coristanco), Fran Moreira (Muxía), Bruno (Cee)…

 

OS PRIMEIROS PREMIOS CONFIRMADOS

Xa temos algúns premios confirmados:

PATROCINADORES

Compre agradecer ás casas que fan posible esta gala, que conta co apoio da Real Federación Galega de Fútbol e do Concello de Corcubión:

  • Servicio Técnico Oficial Saunier Duval.
  • Cárnicas Domínguez.
  • Carbónicas Landeira “La Pitusa”.
  • Restaurante Lonxa D’alvaro (Muxía).
  • Iván Vilanova Asesoría e Auditoría.
  • Seguros Reale Roberto Mouro Baio-Zas-Santa Comba.
  • Autocares J. Pombo.
  • Grupo As Baleas (Cee - Muxía - Fisterra).
  • Aluminios Dumbría.
  • Muebles Ordóñez (Ponte do Porto.
  • Electricidade Héctor Castro (Cerqueda).
  • Asesoría Asfeco (Malpica).
  • Manuel Castiñeira Clínica Dental.
  • El Juguetón.
  • Cristalería Vilas.
  • Escola de Porteiros Nordés.
  • Restaurante Carrumeiro (Corcubión).

QPC agradece tamén a colaboración continua de Gerca, Bazarra, Oemáis, Centro Comercial Finisterrae, Gerca, O Semáforo de Fisterra e o Faro de Lariño, As Eiras de Lires, Bar o Moncho.

Máis info

Comentarios