#LigadaCostaFEM: O Soneira pon a cousa quente

O Soneira venceu ao Cabana no partido da xornada

Continúa a loita no alto da táboa da Liga da Costa. Non fallaba o EF Juan Cabrejo en Muros, mentres o duelo directo deparaba unha vitoria do Soneira ante o Cabana. As soneirás quedan empatadas coas camariñás no alto da táboa, con 3 agora sobre o Outes e 4 sobre o propio equipo cabanés.

Todo, nunha xornada marcada polo negativo sucesos entre os adestradores de Zas e Cerqueda, que provocou que se suspendese o choque.

As Miúdas - EF Juan Cabrejo (2-6)

  • As Miúdas: Clara, Atenea, Leire, Iria, Nicole, Ana Romero, Adriana Piñeiro, Salomé, Sofía, Alba Paz e María González. Tamén: Carlota, Lucía e Lola.
  • EF Juan Cabrejo: Desiré, Uxía, Rocío, María, Brenda (Alba), Laura Pose, Aitana, Ana Lelucha (Lola), Laura Paredes, Yara, Maira (Daniela).
  • Goles: 0.1, m.20: Yara; 0-2, m.36: Aitana; 0-3, m.38: Laura Paredes; 1-3, m.41; Sofía Caamaño de falta: 2-3, m.44: Sofía dende 30 metros; 2-4, m.56: en propia tras unha internada e pase da morte de Yara; 2-5, m.79: Laura Paredes; 2-6, m.89: Aitana.

Aguantou o primeiro tempo o cadro muradán ante un Juan Cabrejo que dominaba e chegaba. Colocábanse 0-3 as de Cabrejo e Faus, pero as locais conseguirían poñerse 2-3 con dous golazos de Sofía, un de falta e outro desde uns 30 metros.

Foi chave o cuarto gol aos 10 minutos de comezar o segundo tempo, que provocaría que as muradás baixasen algo os brazos.

Soneira - Cabana (2-0)

  • Soneira: Karen, Dolores, Laura Calvo, Luana, Ana Mouzo, Leila, Kelly, Sara Agra, Daniela, Kenny, e Tamara. Tamén: Cristal, Marcela, María Lema, Cris, e Sara Rod.
  • Cabana: Miriam, Idania (Nuria), Iria, Mireia, Aroa, Inma, Silvia (Marta), Laura (Natalie), María Gómez (Alejandra), Adriana, Sabela (Valeria).
  • Goles: 1-0, m.25: Luana; 2-0, m.54: Kenny.

Partidazo entre dúas das aspirantes ao ascenso, no que o acerto foi clave para o resultado. O mal tempo non impediu un partido de poder a poder, que comezaba con ocasións para o cadro irmandiño, que con vento a favor apretaba máis e facía lucirse a Miriam. Nun rebumbio na área Luana pescaba e abría o marcador. Seguía tendo o control do balón o equipo de Roland, e a balón parado poñia en apuros a Miriam, que tamén salvaba un man a man con Daniela.

Xa no segundo tempo, comezaba apretando o equipo de José Manuel, que chegaba pero non estaba fino cara gol, e ademais se atopaba unha e outra vez con Karen. E pronto acadou o segundo o Soneira, cando Kenny aproveitaba un bo pase ás costas da defensa de Kelly. Aí baixou o ritmo do partido, tendo que destacar o debut da xogadora cadete Sara Rodríguez, o que dá conta do bo facer nas categorías inferiores femeninas do cadro irmandiño no seu primeiro ano.

Debut de Sara Rodríguez, cadete do Soneira

Outes - Dubra (3-1)

  • Outes: Marta Gerpe, Fátima, Antía, Claudia, Alicia, Iria, Natalia, Cris, Gra, Carla Vidal, Laura Lires. Tamén: Candela Vidal, Erika, Miriam, Uxía e Candela Caamaño.
  • Goles: 0-1, m.3: Lara; 1-1, m.46: Laura llires; 2-1, m.65: Iria; 3-1, m.75: Erika.

Sufriu o Outes o parón e comezaban fóra do partido as de Dani Salgueiro. Encaixaban pronto, nun rebumbio tras un saque de esquina, quedando unha primeira metade desordeada, descontrolada, con Dubra buscando balóns longos e un Outes sen claridade, máis un par de faltas e tiros lonxanos de Laura e Carla.

Pero o descanso doulles calma e nada máis saír, con outra actitude, Laura poñía o empate de tiro cruzado. A partir de aí asumiron o control, sen presas, xerando ocasión tras ocasión. Iria aproveitaba un rexeite ao cuarto de hora, metendo por diante ás locais, pero aí tiña que aparecer Candela Vidal, que volvía dunha longa lesión, para salvar un man a man das visitantes. No 75 nunha contra Erika vaise da defensa, párase diante da portería e mete o balón na escuadra facendo inútil a estirada da porteira, sentenciando o choque.

Xallas B - Ponteceso (0-1)

  • Xallas B: Gasco, Paula Maneiro, Carmen Pena, Judit, Daniela, Laura, Mar, Luchy, Saray, Yaiza e Michelle. Tamén: Alba, Soraya, Sara, Valeria e Noa.
  • Ponteceso: María Lema, Sabela, Laura Rod., Lorena, Iria Baneira, Lucía Vila, Eva Carril, Lucía Pena, Clara e Oanes. Tamén: Nerea, Tania, Tati e Maica.
  • Gol: 0-1, m.77: Oanes.

Caía un diluvio en Fontenla cun vento tremendo tamén, que provocaba que o choque se parecese máis a unha batalla naval que a un partido de fútbol. Era o Ponteceso o que levaba algo máis a iniciativa, se ben as de Noe Vimi tamén tiveron algún achegamento, como unha falta ao poste. Oanes avisaba na primeira, e foi na segunda, cando aparecía para marcar de xogada persoal. No último treito aprovetou o cadro local, pero as de Pablo souberon aguantar.

A mellor nova, a volta da xalleira Luchy aos terreos de xogo que tras romper o cruzado fai un par de anos volvíu vestirse de curto.

A Baña - Corcubión (1-5)

  • Corcubión: Juliette, Alexandra Lojo, Marta, Carla, Cris, Antía, Sandra García, Lara, Sandra López, María Castro e Jimena. Tamén: Xaira, María Díaz Tati e Lucía Garea.
  • Goles: 0-1, m.8: Sandra López; 0-2, m.31: Alexandra Lojo; 0-3, m.40: María Castro; 0-4, m.50: María Castro; 1-5, m.85: Cris.

Partido complicado de xogar, con moitas baixas (Juliette tivo que meterse de porteira) e con mal tempo. As de Rubén Castillo puxeron o mono de traballo e deixaronse de florituras e buscaron a eficacia. E foron contundentes, marcando as que tiñan que marcar.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info