Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Ligas Galegas: O Bergan Xuvenil métese na fase polo ascenso

O gol do Bergan que lle da o pase a seguinte fase
Así celebraron os xuvenís do Bergan o gol no desconto que lles dá o pase á seguinte fase
Ligas Galegas: O Bergan Xuvenil métese na fase polo ascenso

Aínda faltan dúas xornadas, pero o Bergantiños Xuvenil certificou o seu pase á seguinte fase ao vencer na Estrada. Os de Óscar Mingui suman 7 vitorias e 1 empate en 8 partidos, con 22 goles a favor e só 4 en contra. Uns números que animan a buscar o ascenso á 2ª categoría xuvenil a nivel estatal.
Pola súa parte, o Dumbría caía con rotundidade en Oroso.

En Cadetes o Xallas vencía o derbi ante o Dumbría, ao que deixa o último posto.

E finalmente, en Infantís, segue o Dumbría con grandes dificultades (aínda non conseguiu marcar un gol) e o Bergan si conseguiu un meritorio empate na pista do lider, o Bertamiráns.

 

Liga Galega Xuvenil, Gr.C, xornada 8

  • Resultado: Estrada - Bergantiños (1-2)
  • Bergantiños: Carlos, Isra, Noe, Pablo Rod., Iván, Pedro, Dani, Ashier, Pardo, Totó e Vila. Tamén: Pablo Duarte, Fita, Javi Pérez e Carlos Fondo.
  • Goles: 1-0, m.50; 1-1, m.56: Pardo; 1-2, m.90: Fita.

Non saía nada nos primeiros compases no equipo bergantiñán e mesmo Óscar tiña que facer varios cambios. Os locais facían dano da man dun recuperado Lahsan, que coordinaba todo o xogo de ataque, pero por fortuna os vermellos conseguiron manter a porta a cero: o mellor da primeira parte era o resultado.

Axustáronse tacticamente os costeiros, e saíron mellor, pero unha magnífica xogada de Lahsan abría o marcador. Tocaba rematar, e houbo sorte, porque practicamente na primeira chegada á área rival, Iván Pardo remachaba unha boa xogada de Totó. Non se conformaba co empate, e aproveitaron a incercia que volcaba o campo contra a portería estradense, e xa no desconto, un córner botado por Ashier, Fita facía o gol da vitoria para delirio dos carballeses.

 

Liga Galega Xuvenil, Gr.C, xornada 8

  • Resultado: Xuv. Oroso - Dumbría (8-2)
  • Dumbría: Xacobe, Isaac, Álex, Borja, Anxo, GUille, Sergio, Iago, Raúl, Lucas e Alfredo. Tamén: Alex Sendón, Brais e Kevin.

Con moitas baixas chegaba o cadro de Martín Vecino a Oroso, tendo só 14 fichas incluídos dous cadetes. Aínda así adiantábanse os dumbrieses cun tanto de Borja aos 5 minutos, e foron capaces de aguantar coa renda case ata o descanso, xusto cando empataban os locais. Pero foi moi longo o encontro, e a saída en tromba dos locais, acompañada da falta de gasolina dos dumbrieses, foi provocando a goleada. Raúl Lado sería o autor do segundo tanto dumbriés.

 

Liga Galega Cadete, G.C, xornada 8

  • Resultado: Dumbría - Xallas (1-2)
  • Dumbría: Íker Muíño, Kevin, Leo, Hugo, Brais, Carlos Costa, Fabio, Pablo Gabín, Vila, Martín Piñeiro e Sergio. Tamén: Iván, Yeray, Manu Martínez, Íker Aurífero e Samu.
  • Xallas: Íker Aran, Marcos Carro, Yago, Gabri, Alex Calvo, Luís, Dani Barbeira, Mauro, Jesús, Óscar Feal e Jairo. Tamén: Fabio, Manu Vieito, Óscar Martínez, Fabián e Lois.
  • Goles: 1-0, m.5: Sergio; 1-1, m.27: Íker de penalti cometido sobre Gabi; 1-2, m.37: Luís Mourelle tras un saque de banda longo.

Xallas Cadete
O Xallas venceu no Conco

Derbi disputado, con moita entrega, entre os dous equipos costeiros da categoría, que se puido decantar dos dous bandos. O Dumbría de Huelvis comezaba dominando, cun Xallas de César e Jota, estaba moi ben asentado atrás, con moita disciplina. Os locais marcaban o ritmo e facían chegadas de Piñeiro e Carlos Costa, antes do gol de Sergio tras unha boa combinación. Puido ampliar a renda Fabi, pero o Xallas, a base de empuxe e garra, foi cambiando o perfil.

Empataban de penalti, da man do meta e capitán xalleiro, Íker Arán, e pouco despois, noutro perigoso saque de banda longo do especialista Jairo, Luís metía en vantaxe aos visitantes.

No segundo tempo foi un querer e non poder dos locais, con ocasións ata un balón ao pau, ante un Xallas moi ben colocado, que sacaba tamén algunha contra perigosa que tivo que salvar Mauro.

 

Crónicas das Ligas Galegas

Comentarios