Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Lira consegue, na prórroga, o ascenso á Liga da Costa

O Lira celebrando o ascenso a Liga da Costa
O Lira celebrando o ascenso a Liga da Costa nas Eiroas
O Lira consegue, na prórroga, o ascenso á Liga da Costa

Histórico ascenso o que vén de conseguir o Lira CF nas Eiroas. O cadro liracho, que se meteu na Promoción sobre a bocina, conseguía remontar un partido que se lle puña costa arriba ante un Sofán B, que partía como favorito. E nunha prórroga de infarto conseguía un ascenso histórico á Liga da Costa, facendo prevalecer a veteranía liracha ante a mocidade carballesa.

Todo acontecía mentres se disputaba a final da Copa da Costa FEM en Arliña, co filial carballés e o cadro carnotán se disputaban a 4ª praza de ascenso á Liga da Costa, para saber quen acompañaría a Xallas e Corcubión (que subiron pola vía rápida, e ao Soneira, que superaba ao Oza na tarde do sábado).

O 2-1 da ida en Lombáns deixaba todo aberto e o partido foi de tolos.

O cadro de Barca metíase por diante no treito final da primeira metade cun tanto de Raúl, e co 1-0 chegábase ao descanso. Arrincaba a segunda con moita igualdade, pensando nos dous equipos na prórroga, pero o resultado permitiríalle ao Sofán B non ter que ir á lotería dos penaltis, por quedar máis arriba na Liga.

Xa no m.73 marcaba o filial carballés o segundo por medio de Nachete, e ao Lira tocoulle sacar toda a artillería. E xa ao fío do final conseguía marcar por medio de Pablo Leis, o lariñán un dos héroes desta recta final, para empatar a eliminatoria. Prórroga.

Foi aí cando aparecía Ángel Golpes para marcar o gol que colocaba o 2-2 no marcador, aínda con 25 minutos por diante. Envorcouse o Sofán B de Barca, que tivo varias ocasións para empatar, pero a armada liracha aguantaba as embestidas.

Quen llo ía dicir á parroquia liracha cando hai mes e medio se lle complicaba meterse na promoción por unha aliñación indebida. Pero hoxe volven á Liga da Costa, apenas dous anos despois do seu descenso e renovación.

Máis novas

Comentarios