O Lira é sancionado con 3 puntos por aliñación indebida


E parece que non é certo, pero a Federación sancionaba con 3 puntos e 60€ de multa ao conxunto liracho por, supostamente, aliñar a un xogador sancionado, Pesco, no partido contra o Corcubión da xornada 12. Un partido que venceran os carnotáns 3-2, pero que trala resolución do comité, quedaría 0-3 para os corcubioneses, como xa vimos de modificar nas nosas táboas, baixando da 2ª á 5ª praza con 19 puntos.
Con estupefacción recibían a nova os directivos do Lira, pois a pesar de que o Corcubión reclamase hai dúas semanas, aseguran que non houbo aliñación indebida en ningún caso.
I é que Pesco, José Buján Martelo, o suposto aliñado indebidamente, non xogou ese partido. De feito, era expulsado e sancionado con 3 partidos o choque anterior contra o Laxe, e non xogou dende aquela. Aseguran dende o Lira que o si xogou foi Yanki, José Bermúdez Candamo, que non aparece na acta.
Ante a situación, o cadro liracho vai ver que pode facer, pero parece que o prazo de reclamacións ten vencido. O propio delegado, Chucho, que ademais é sancionado con 2 meses, asegura que "Este ano o Lira nunhca puxo nin porá unha aliñación indebida, porque sería unha falta de respecto ao resto de equipos e aos outros xogadores que quedan sen convocar".
Queda para os equipos a idea clara de que hai que revisar as actas…
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- Veteranos: O CD Hosgran afianza o seu mandato.
- Xuvenís: Unha loita aberta cando faltan 4 partidos.
- Ligas Galegas: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- Copa da Costa: Ameixenda e Camariñas superan a Previa.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda non ten parada.
- 2ª Autonómica: O San Lorenzo amosa o seu poderío e o Ponteceso saca a cabeza a costa do Montelouro.
- 1ª Autonómica: Uns gañan e outros perden.
- Preferente: O XSC caza ao Dumbría.
- Resultados e análise desta xornada da ponte de decembro.
Novas relacionadas
- Axenda futboleira para esta segunda fin de semana de decembro.
- Os vellos roqueiros toman os pichichis.
- Pablo Varela: Una tarde al lado de Frank Lampard.
- Xa temos Cadro da Copa da Costa 2015.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).