Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Cerqueda certifica un histórico ascenso

3ª Autonómica: O Cerqueda certifica un histórico ascenso
O Cerqueda do ascenso 2014-2015 A Clínica Fisioterapia Xunqueira de Cee patrocina a 3ª. Coñécenos en Facebook

Quedan 4 xornadas para o remate da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira pero este Cerqueda non quere esperar. Superaba ao Corcubión e podía celebrar o ascenso directo á Liga da Costa. Un ascenso histórico deste cadro cerquedán, equipo nado en 1980 e que pasou varios anos desaparecido.

Despois dun ano inmellorable, o equipazo de Emilio Uzal xa é equipo da Liga da Costa, e espera cantar pronto o alirón e facerse co título da 3ª.

Mentres, a Liga segue pendente de dúas loitas. Ameixenda e Coristanco seguen pelexando polo ascenso directo. Non fallaron ningún e segue o cadro ceense con 3 puntos de vantaxe.

E por detrás, a loita pola Promoción deixa hoxe ao Corcubión fóra dos postos, cun puto menos que o Nantón, que vencía ao Muxía. Os 4 equipos (Lira, Muxía, Nantón e Corcubión están nun pano de só 3 puntos) pelexando por 3 prazas.

Atentos están xa os equipos pois na ponte de maio toca sesión doble, con cita copeira a golpe de venres.

Cerqueda - Corcubión (2-0)

  • CERQUEDA: Ángel (Gesto), Sergio (Pailos), Dani, Atu,J avi Pazos, Alberto Verdes, Lorenzo, Luchi (Javi), Dani Seaia (Pablo), Darío e Martín (Uru).
  • CORCUBIÓN: Beto, Javi, Gabi, Isma, Checho„ Toja, Mario, Trillo, Lema Javi Floreal e David Lourido. Tamén xogaron: Mini, Miguel, Germán, Samuel e Sito.
  • Goles: 1-0, min.35: Martín; 2-0, min.75: Martín.
Cerqueda e Corcubión no campo de Xaviña

Partido con moito ambiente nas bancadas esperando poder celebrar o ascenso a parroquia cerquedá. Saía Cerqueda un pouco temeroso e nervioso, que aprobeitou o Corcubión para facer algunha xogada de perigo ben resolta por Ángel na portería. Co paso dos minutos o Cerqueda asentouse e apareciu Martín no minuto 35 de xogada personal cun dispara dende a frontal e coa axuda do meta visitante para abrir o marcador, un tanto que relaxaba aos locais, que conseguiron mandar o resto do partido ante un canso cadro visitante.

Os dous equipos pediron varios penaltis pero o árbitro non se quixo mollar en esas accións e de novo Martín, natural de Cerqueda chegado este ano o equipo, poñía o 2-0 sendo o máis listo tras un despexe do porteiro.

Rematou o partido e quedou tempo para o goce e disfrute do Cerqueda, que mesmo se achegou ata o campo dos Petóns, o mítico campo onde se forxou a historia do cadro cerquedán.

O Cerqueda do ascenso 2014-2015 no Campo dos Petons O Cerqueda do ascenso 2014-2015 O Cerqueda do ascenso 2014-2015 manteando a Emilio Uzal-Foto-Eva Parga

Estes eran os goles:

Os goles de Martin Castro para certificar o ascenso do cerqueda a Liga da Costa cerqueda 2 corcubion 0

Posted by Unión Deportiva Cerqueda on Domingo, 26 de Abril de 2015

Lira - Coristanco (1-2)

  • LIRA: Peipo, Santi, Pardelo, Miky, Estrella, Josiño, Fran Perico, Saúl, Pata, Oli e Adrián Porto. Tamén xogaron: Cibrán, Aitor e Germán.
  • CORISTANCO: Nacho, Mato, Jose, Rubén, Joni (Marcos, min.50), Andrés, Iván, Pazos, Ivi, Juan (Cristian, min.75) e Gonzalo.
  • Goles: 0-1, min.15: Gonzalo culmina unha contra tras un roubo de Juan e un pase de Ivi; 0-2, min.30: Gonzalo de vaselina tras pase de Ivi; 1-2, min.80: Oli.

Partido de moita tensión, con moito en xogo no que ningún equipo quería cometer ningún error. O Coristanco empezaba esperando atrás, ben situado ante un Lira que óa polo partido. Pero nunha contra adiantábase os de Da Silva aos 15 minutos por medio de Gonzalo. O propio Gonzalo, cunha fermosa vaselina, facía o segundo á media hora, mentres o Lira seguía percutindo á ordeada defensa visitante.

Saíu o Coristanco a relantizar o partido na segunda e crear máis á contra sabendo que o Lira iriase arriba. Tiveron Juan, Iván e Ivi varias contras, pero o Lira estaba máis cerca do gol e Oli conseguía recurtar poñendo a incertidume ata o final. Pechou atrás o Lira ao Coristanco nuns últimos compases de infarto, pero non conseguiría acadar a igualada.


Nantón - Muxía (3-1)

  • NANTÓN: Ernesto, Lareu (Carlos, min.78), Dani Costa (Eloy, min.82), Félix, Diego, Carlos Vidal (Dabi B., min.80), Alberto (Fabio, min.85), Amado (David, min.75), Luís, Martín e Iván.
  • MUXÍA: José Antonio, Ruso (Antonio, min.55), Currás, Conguito, Gerardo, Javi (Víctor, min.30), Julián, Esteba, (Alberto, min.55), Martín, Peski e Joni.
  • Goles: 1-0, min.55: Carlos Vidal de cabeza tras un saque de falta cunha mala saída de José Antonio; 2-0, min.60: Luís nunha arrancada perseguido por tres defensas que define ante a saída do porteiro; 3-0, min.65: Carlos Vidal de cano despois dunha boa xogada combinativa; 3-1, min.80: Bicho de falta ben tirada dende a fronta.
  • Lesión: o visitante Javi.

Partido estrano nas Fontiñas cun Muxía que fixo un gran partido pero viu como o cadro local sentenciaba na segunda metade. A primeira era igualada, cun Muxía algo máis metido ant eun Nantón que non aparecía. Era Ernesto o protagonista da primeira metade cas súas intervencións mantendo o 0-0, no marcador.

Nas segunda saía algo mellor o Nantón, pero seguía o Muxia un puntiño por enriba. Sen embargo era o Nantón o que se adiantaba pronto e que encarrilaba a vitoria no ecuador da segunda, aproveitando a desorde xerada polo gol nos muxiáns, que recortaban no treito final cun fermoso tanto de falta do xuvenil Bicho.


Ameixenda - Laxe (4-2)

  • AMEIXENDA: Campos, Jorge, Samuel, Mateo, Álex, Demetrio (Javichu, min.46), Camacho, Antón, Borja (Purty, min.73), Andrés (Óscar, min.90) e Cristian.
  • LAXE: Jacobo; Iván, Bras, Aarón, Jaja, Jacinto; Djamel, Santi; Adrián, Iván Caamaño; Dani Pose e Elías. Tamén xogaron: Dani Argüelles e Lolo.
  • Goles: 0-1, min.6: Elías a centro de Adrián; 0-2, min.8: Dani a centro de Adrián; 1-2, min.10: Camacho; 2-2, min.41: Samuel, 3-2, min.48: Álex: 4-2, min.69: Andrés.

O Laxe prantábase ben no campo ante un Ameixenda que non podía fallar, pero empezaba durmida a defensa ceense e en menos de 10 minutos dúas xogadas por banda de Adrián ás costas da defensa eran rematadas por Elías e Dani para meter o 0-2 no marcador.

Pero lonxe de caer, o Ameixenda esperou e na xogada seguinte Camacho recurtaba. A primeira metade era dura, co Ameixenda indo por todo e con esforzo e bo fútbol chegaba o empate ao fío do descanso nunha boa contra. Pero antes Elías fallaba unha só diante de Campos.

Remataba o primeiro tempo e o cadro local aproveitou que o Laxe saíu durmido para facer o 3º tanto, que xa fixo demasiado dano ao cadro laxense, que iontentaba combinar pero non conseguía poñer en apuros á meta que o sábado defendía Campos. Andrés faría o cuarto.


Novas relacionadas

Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios