Unha merecida homenaxe para Milucho e Jesús
Desta volta é o colexiado Marcos Ordóñez o que nos deixa unhas palabras sobre o malpicán e sobre o oleiro.

Como malpicán, como amigo dos dous homenaxeados, como árbitro e como seguidor do Fútbol da Costa, pídenme que escriba sobre dous mitos do meu Concello: Jesús do Malpica e Milucho do Buño.

Coñecín a Jesús con 15 anos cando entraba pola porta do campo da Pedra Queimada, cando eu soñaba con que o Malpica me fixera ficha para xogar nos xuvenís. Eran tempos de campo embarrado, cal para pintar as liñas e botas Marco no lavadoiro. Eran tempos de traballo que el facía cun sonriso permamente e sempre tratando a todos co mesmo respecto, igual ao veterano figura que a un neno de 15 anos que entraba pola porta e non sabía nin onde cambiarse.
Pasados os anos voltei como árbitro e xa non me tratou co mesmo respeto, senón que me tratou mellor. Despois descubrín que trataba a todos os árbitros así de ben. Creo que nos admiraba máis que aos xogadores. Poida que ser árbitro fose unha das actividades que lle tivera gustado ser: tiña personalidade, era afable, non lle importaba o “que dirán” e non lle gustaba queixarse.
Pasoume 3 veces na miña vida que coñecín a árbitros de fóra da Costa que cando descubrían que eu era de Malpica preguntábanme se coñecía a Jesús e que lle dera recordos…. Incluso do paso do Malpica por Preferente e 3ª lembránbanse de Jesús árbitros que só estiveron na Pedra Queimada unha ou dúas veces. Poucas veces me sentín tan orgulloso de decir “non só o coñezo, é amigo meu”.

De Milucho sería imposible falar de todo o que fixo polas xentes de Buño, na nosa cultura da Costa cando unha persoa quere moito a un pobo tamén quere ao seu equipo de fútbol. Só vou falar dos seus anos como afeccionado nas bancadas de calquera campo de Fútbol da Costa seguindo ao seu equipo, especialmente nas de Xaviña, ao lado dunha columna do medio da grada, acompañado de Carmiña e Montse. Lembro o primeiro partido que fun arbitrar a Buño sin que estivese Milucho sentado nese sitio, e sin que me fose saudar a o vestuario…. Decidín pedir o teléfono de Carmiña e chamala para decirlle que o botei en falta, faltaba Milucho falando coa xente de Buño e repartindo bondade. Agora sei que alá onde estea segue vendo os partidos, ao lado de Lucas Vicente, árbitro e amigo, entre os dous axudan aos árbitros nas situacións máis difíciles.
Milucho deixa un legado imborrable, de servizo á xente, e de valores. Valores que continúan os seus fillos, como mostra o seu fillo Emilio foi lenda da Costa.Só fai falla dicir que foi un dos cromos representativos do álbum da Liga de Costa (pode haber maior distinción?).
Emilio en 25 anos en activo non tivo nin unha soa expulsión e seguro que máis dunha vez os propios árbitros lle demos algún motivo… E cartóns amarelos cóntanse cos dedos dunha man. Un deses cartons mostreillo eu en Xaviña, foi nunha entrada dubidosa pero decidín amonestalo porque sei que ao seu pai non lle gustaría que por ser meu amigo tratase ao seu fillo diferente a os demáis. Así era Milucho para os que tivemos a honra de coñecelo.
- Marcos Ordóñez.
Gala 2022
- Xosé Manuel Varela: Milucho, memoria imprescindible da vila oleira de Buño.
- 2022: Bruno Méndez, David Cancela e Chris Sendón, finalistas ao Premio Lucas Vicente Vidal da Gala QPC.
- 2022: César, Marta e Rubén, nominados ao Delegado do Ano na Gala do Fútbol da Costa.
- 2022: Diego, MJ e Andrea, @s Álex Pombo do Fútbol da Costa.
- 2022: Alejo, César e Lucía Canosa, @s pichichis que recibirán un Balón de Buño na Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- 2022: O Premio do Árbitro do Ano da Gala do Fútbol da Costa QPC levará o nome de Lucas Vicente Vidal.
- 2022: Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.
Repaso das Galas
- Gala 2019: O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018: A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013: Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.