O Outes súmase finalmente á revolución do FUTFEM costeiro
12:13 18/08/23
Espectacular o que vivimos este ano coa revolución do fútbol feminino na Costa da Morte. Se este ano xa tivemos 9 equipos en competición (Corme, Ponteceso, Cerqueda, Cee, Xallas, As Miúdas, Dumbría, Mazaricos en F11 e Corcubión en F7), a cifra deste ano vai ser moito máis alta.
Xa comentamos a aparición das Fisterra, Muxía, Cabana, Camariñas… e hoxe ratificoou a súa presenza na 3ª Galeaga o Outes. Unha gran nova no marco, ademais, do 50 aniversario do club.
Ademais, o Sporting Seaia confirmaba onte tamén, e presentará esta fin de semana, o seu equipo para competir en F7.
Deste xeito, o cadro de equipos femininos do fútbol da Costa queda do seguinte xeito, con 15 equipos en competición oficial:
2ª DIVISIÓN GALEGA
- Xallas (ás ordes de Rupper).
- Cee (Rafa Suárez).
- As Miúdas (Lucho).
3ª DIVISIÓN GALEGA
- Dumbría (Fran Figueroa).
- Corme (Rubén Souto).
- Ponteceso (Curro).
- Cerqueda (Dani Riexía).
- Mazaricos (Rachón).
- Fisterra (novo, ás ordes de Fran).
- Muxía (novo, pendente de confirmar adestrador/a).
- Camariñas (novo, ás ordes de Jua Cabrejo).
- Cabana (novo, ás ordes de Marcos e José Manuel).
- Outes (novo) .
- Corcubión (ás ordes de Rubén Castillo).
Fútbol7
- Seaia (novo).