Martes. 30.04.2024
El tiempo

Preferente: Empate que sabe a pouco na casa

Sofan MUgardos
Fotos: SD Sofán
Preferente: Empate que sabe a pouco na casa

Empate inxusto o colleitado polo cadro de Pablo Torreira este domingo no Carral, pero a falta de acerto cara gol impediu sumar 3 puntos que eran importantes.

Sofán - Mugardos (1-1)

11 do Sofan na casa

  • Sofán: Gardu, Iván, Becerra, Noe, Aarón Fdez., Fabián, Luca, Martín, Braian, Miguel Taibo e Javi Souto. Tamén: Raúl, Fita, Montero, Mario, Bandera e Alex Gallego.
  • Golez: 0-1, m.33: Pablo P.; 1-1, m.79: Martín.

Saíu a por todas o cadro de Pablo Torreira, barrendo o campo con moitas chegadas por banda. Estaba Martín espectacular, facendo dano en cada ocasión, e cedendo ocasións para Javi Souto e Miguel Taibo.
Pero cando mellor estaba a SD, na única chegada dos ferroláns, gol en contra nunha acción mal defendida a balón parado.

Seguiría o mesmo guión cun equipo protagonista sobre o céspede. Puido empatar o cadro local pero Taibo marrou unha pena máxima. Foi a falta de 10 minutos para o final, cando Martín acadaría o empate nun balón morto na área. De aí ao final o Galicia Mugardos faríase co balón pero sen xerar perigo ante a meta da SD.

Aaron Fdez no Sofan Mugardos
Aarón Fdez. foi titular

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS INFO

Comentarios