Preferente: Segunda vitoria seguida para o Sofán
Volveu marcar no último suspiro a SD Sofán para levar os puntos de Ribeira. O cadro de Pablo Torreira pega un salto na táboa e se afianza nunha cómoda 9ª posición.
Cidade de Ribeira - Sofán (1-2)
- Sofán: Gardu, Iván, Becerra, Alexandre, Martín, Currás, Brais Cancela, Braian, Fita, Fabián, Bandera. Tamén: Mario, Raúl, Marcos Montero, Luca, Aarón, Alex Gallego e Javi Souto.
- Goles: 1-0, m.28; 1-1, m.56: Marcos Montero; 1-2, m.96: Currás.
Comezaba o choque co cadro local máis entonado, levando o control do balón, e abrindo o marcador á media hora. Non foi unha boa primeira metade para os carballeses que, porén, reaccionaron na segunda, asumindo o control da pelota, e empatando pronto por medio de Marcos Montero, que marca por segunda semana consecutiva, definindo ben noutro man a man co meta local.
Non baixou o pistón a SD que seguía presionando moi arriba, e obrigando ao Cidade de Ribeira a xogar en longo, tendo algunha ocasión como un balón á madeira nunha das contras que tiveron. O Ribeira intentábao e dunha xogada de ataque co equipo case envorcado, o Sofán sacou unha contra que finalizou Currás.
NOVAS RELACIONADAS
CRÓNICAS DA PREFERENTE
- X.5: Importante primeira vitoria da SD Sofán.
- X.4: Accidentada derrota da SD en Noia.
- X.3: Segundo 3-3 na casa
- X.2: O Sofán mereceu máis no Municipal de Gallamonde.
- X.1: O Sofán arrincou a temporada no Carral.