Preferente: Freo á marcha positiva do Sofán
10:11 23/10/23
Freou a visita á Coruña a boa marcha de dúas vitorias seguidas da SD Sofán. Dous goles, un ao final de cada tempo, foron suficientes para que os puntos quedasen na cidade herculina na mañá dominical.
Atl. Coruña Montañeros - Sofán (2-0)
- Sofán: Gardu, Iván, Becerra, Noe, Raúl, Currás, Fita, Martín, Braian, Bandera e Javi Souto. Tamén: Mario, Miguel Taibo, Fabián, Montero, Luca, Aarón Fdez. e Alex Gallego.
- Goles: 1-0, m.43: Unai; 2-0, m.85: Rodrigo de penalti.
Dominou o control do xogo na primeira metade pero sen apenas profundidade, ata que, ao fío do descanso, se adiantaba nunha xogada a balón parado e tras varios rexeites.
O tanto obrigou aos de Pablo Torreira a subir liñas no comezo da segunda, comezando a presionar máis arriba, intentando roubar en campo contrario, pero sen poder crear verdadeiro perigo. O xogo desenvolvíase no medio campo ata que, de novo no treito final, o cadro coruñés sentenciaba dende os 11 metros.
NOVAS RELACIONADAS
CRÓNICAS DA PREFERENTE
- X.6: Segunda vitoria seguida para o Sofán.
- X.5: Importante primeira vitoria da SD Sofán.
- X.4: Accidentada derrota da SD en Noia.
- X.3: Segundo 3-3 na casa
- X.2: O Sofán mereceu máis no Municipal de Gallamonde.
- X.1: O Sofán arrincou a temporada no Carral.