Preferente: Escápase a promoción e achérgase perigosamente o descenso

11 do CF Dumbría en Dubra

Mala xornada para os dous equipos costeiros nesta xornada 18 da Preferente, con dúas inxustas derrotas. Sen merecelo, o Sofán caía na casa nun duelo directo que pode alonxar definitivamente ao cadro carballés da loita pola promoción. O Betanzos, tras vencer no Carral, saca 5 puntos ao Sofán, que queda nesa 6ª praza.

Tampouco mereceu o Dumbría, pero acabou caendo ante outro rival directo da zona baixa, e ve como os postos de descenso se lle achegan a só 3 puntos.

Sofán - Betanzos (1-3)

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani García, Iván, Izan, Xandre, Iván Parafita, Fabián, Marcos Montero, Julián e Iván Pardo. Tamén: Brais, Dani Pena, Isma Rod., Álex Sánchez, Joel, Iraitz e Braian.
  • Goles: 0-1, m.25: Alberto Leira; 0-2, m.43: en propia; 0-3, m.65: Andre Poses; 1-3, m.80: Braian.

Foron mellores os xogadores de Pablo Torreira durante todo o encontro pero o fútbol non sempre é xusto. Comezaron moito mellor os carballeses, con chegadas claras para abrir o marcador como un centro lateral de Julián que a piques estivo de rematar Iván Pardo; unha falta de Fita dende 25 que se atopou coa cruceta, unha volea de Alexandre… Mentres que os rivais apenas tiveron no primeiro tempo a chegada do primeiro gol, e unha fría internada ao fío do descanso que acabou en gol en propia e que foi moi doloroso para os locais.

Na segunda seguía o partido co mesmo guión, co Sofán levando o peso do partido e tendo ocasións, pero nunha saque de banda nunha segunda xogada os visitantes facían o terceiro. Non decaeu o equipo, que aínda recurtou por medio de Braian, e seguiu competindo ata o final.

Dubra - Dumbría (2-0)

  • Dumbría: Anxo, Berto, Jano, Aarón, Iago, Toni, Alex Marcote, Juan, Adrián Periscal, Xabi Castro e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Lucas Toba, Quique Benlloch, Pablo Costa Ramos e Javito.
  • Goles: 1-0, m.43: Martín García; 2-0, m.66: Santi Carneiro.

Outro partido sen puntuar do cadro dumbriés, e iso que non competiron mal a pesar do mal estado do campo do Juan Baleato. A falta de acerto e os erros puntuais sentenciaron aos de Pablo Conde. Un erro nas marcas nun saque de banda rival e unha perda na saída de balón custaron dous goles ante os que non foron capaces de reaccionar.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.