luns. 15.12.2025
El tiempo

Preferente: Dous valiosos empates

11 do Dumbria en Ordes-Foto-Sannc
11 do Dumbria en Ordes-Foto-Sannc
Preferente: Dous valiosos empates

Conseguiron sendos empates o Sofán e o Dumbría na 15ª xornada da Preferente, pero valiosos tendo en conta que se enfrontaban a equipos da zona alta. Os carballeses empataron co Burela, que chegaba ao Carral a só 3 puntos; mentres que os dumbrieses sumaron no campo do que viña como 2º clasificado.

Sofán - Bureña (1-1)

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani García, Iván, Alex Sánchez, Pena, Fabián, Pablo Parafita, Alexandre, Julián e Iván Pardo. Tamén: Brais, Izan, Isma, Joel, Iraitz, e Braian.
  • Goles: 1-0, m.25: Iván remata un córner botado por Pena; 1-1, m.66: Diego Chao de penalti.

Igualado partido no Carral entre dous equipos moi parellos. As dúas primeiras ocasións do partido foron do Burela. No minuto 2 tras un balón en longo e as dúbidas do porteiro e da defensa quedaría un balón rexeitado e un xogador do Burela mandaríaa ao pau. A seguinte tamén foi por un erro na saída de balón aínda que puido roubar ben Pablo Parafita para que Jairo non rematase. A partir de aí, dominio alterno pero eran os de Pablo Torreira os que se adiantaban no marcador nun corner sacado por Pena que remataba Iván no segundo pau.
A partir do gol puido ampliar a renda o Sofán en varias transicións claras nas que fallaban no último pase.

A segunda parte comezaba co partido bastante pechado. Pero abríase despois dun penalti pitado por man de Sánchez co que empatou o Burela. Houbo chegadas ás dúas áreas nesa última media hora, sendo as ocasións máis claras as locais, cun remate de Joel tras un saque de falta de Alexandre, ou un remate ao traveseiro de Julián que empuxou Joel a gol e salvou o porteiro sobre a liña.

Órdenes - Dumbría (0-0)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón Fdez., Iago, Lucas Toba, Juan Trillo, Toni, Alex Marcote, Javi Souto e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Pablo Costa Carabel, Xabi Castro, Adrián Periscal, Jano.

Sendo un puntazo, porque era o campo do segundo clasificado (e ademáis serve para poñer o descenso a un punto mais) Pablo Conde marcha coa sensación de ter perdido dous.
A primeira parte foi moi igualada, pero con balón o cadro dumbriés conseguía facer moi bo xogo, con boas posesións e bos ataques combinados.

Na segunda os 20 primeiros minutos os visitantes estiveron moi ben, capaces de chegar arriba e tan só a falta de acerto privou de abrir o marcador. No treito final o partido pechouse e non houbo grandes ocasións. Con este empate rompen a serie de 4 partidos sen gañar, pero suman o 5º sen marcar.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios