luns. 22.12.2025
El tiempo

Preferente: Preferente: Un parón tranquilos

Ultimo 11 do Dumbria de 2025
Último 11 do Dumbría neste 2025
Preferente: Preferente: Un parón tranquilos

5 partidos sen gañar levaba o Dumbría, e a súa vitoria ante un rival director nesa zona morna, permítelle aos de Pablo Conde respirar e deixar o descenso a 6 puntos para marchar ao parón de Nadal.

Máis arriba ficará o Sofán, que caeu na Pobra do Caramiñal, e ve como a promoción se escapa lixeiramente.

Con todo, notable comezo de temporada para os dous equipos costeiros en Preferente.

Preferente, xornada 16

Puebla - Sofán (4-0)

  • Gardu, Javi, Dani García, becerra, Braian, Izan, Dani Pena, Pablo Parafita, Marcos Montero, Joel e Julián. Tamén: Brais, Marcos, Iván Parafita, Iván Pardo, Alex Sánchez, Iraitz.
  • Goles: 1-0, m.24: Chiño; 2-0, m.46: Juan García; 3-0, m.88: Chiño; 4-0, m.90: Hugo.

Foron de máis a menos os carballeses, arrincando con dúas boas ocasións. Pero pouco a pouco o Puebla foi avisando, con dúas boas transición, e á terceira, abría o marcador.

Nada máis saír do descanso, un erro na saída do balón permitíu ao cadro local facer o segundo. Aí baixou o Sofán, que tiña o balón pero sen demasiado perigo, agás un centrochut de Javi que case se cola. Xa ao final, cando o equipo estaba achuchando, os locais mataron o partido.

Dumbría - C. Ribeira (2-1)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Iago, Juan, Toni, Marcote, Lucas, Javi Souto e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Íker, Pablo Costa Carabel, Adrián Periscal e Jano.
  • Goles: 0-1, m.17: Aguado; 1-1, m.72: Mario; 2-1, m.91: Estévez.

Por fin saíulle o plan a Pablo Conde, e iso que comezaron algo dubidosos e os primeiros 20 minutos foron de demonio visitante. Xa co marcador en contra, os dumbrieses reaccionaron e se meteron no partido, avisando pronto cunha de Javito.

Na segunda tocaba arriscar máis, con momentos de bo xogo foron capaces de chegar e que manter a liña atrás ben segura. Conseguiron crear varias ocasións pero non entraban ata que Mario abríu a lata cun zapatazo pola escuadra. Quedaba pouco e as gañas locais e a reacción dos visitantes provocou que o partido se voltase un ida por volta, e foi xa casi no desconto, cando Diego métese na área e fánlle penalti. Fallou o disparo, pero meteu o rexeite para conseguir tres puntos claves para rematar o ano desafogado.

Fixo Estévez o seu 8º tanto da temporada, a só 2 do pichichi Eloy Tabooada (Negreira).

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios