luns. 12.01.2026
El tiempo

Preferente: Unha goleada das que non se lembran e un gol do porteiro

Gardu porteiro do Sofan goleador
Gardu, o porteiro do Sofán, foi o goleador da xornada
Preferente: Unha goleada das que non se lembran e un gol do porteiro

É certo que o Sigüeiro viña de fichar varios xogdores como Héctor Pérez (Praíña) ou Iván Varela (Arosa), pero a derrota por 7-0 do Dumbría no campo de Santa Cruz de Montaos é dificilmente comprensible. Unh a derrota ademais que deixa aos de Pablo Conde na zona baixa, a sço 5 puntos do descenso directo tras sumar só unha vitoria en 7 partidos.

Pola contra, o Sofán recuperou boas sensacións e se volve achegar á zona de promoción de ascenso tras superar ao Maniños no Carral.

Sigüeiro - Dumbría (7-0)

  • Dumbría: Anxo, Berto, Jano, Mario, Toni, Iago, Adrián Periscal, Juan Trillo, Javito, Xabi Castro e Diego Estévez. Tamén: Isma, Lucas Toba, Íker, Pablo Costa Carabel, Aarón Fdez., Pablo Costa Ramos e Antón.
  • Goles: 1-0, m.22: Jorge Parcero; 2-0, m.30: Jorge Parcero; 3-0, m.35: Lucas Besada; 4-0, m.39: Saúl Amoedo; 5-0, m.41: Roi Rama; 6-0, m.47: Pedro Rey; 7-0, m.91: Alberto Fraga.

Non estiveron a altura do partido os homes de Pablo Conde que sufriron unha debacle, e unha goleada que non ten explicacións.

Sofán - Cultural Maniños (2-0)

  • Sofán: Gardu, Javichu, Alex Sánchez, Iván, Dani Pena, Xandre, Braian, Iván Parafita, Pablo Parafita, Marcos Montero e Iván Pardo. Tamén: Eloy, Fabián, Isma, Joel, Julián, Iraitz
  • Goles: 1-0, m.78: Joel a centro de Javichu; 2-0, m.83: Gardu de saque dende a súa área tras un bote alto que lle pasou por arriba ao meta visitante.

Non fallou o cadro de Pablo Torreira ante o pechacancelas, que saíu moi enchufado e tivo o choque controlado en todo momento. Saía buscando chegadas por fóra, con varias chegadas e moitos “uis”, que non se culminaron. Seguía o mesmo guión na segunda, se ben houbo 10 minutos nos que o cadro ferrolán apretou, e tivo varias chegadas a balón parado. Pero o cadro carballés soubo reaccionar, volveu tornar o campo cara á área contraria e soubo acertar nunha acción a balón parado.

Pouco despois, o meta local Gardu convertíase en protagonista cando un saque longo dende a súa área empuxado polo vento, botaba alto xusto ao borde da área mentres Joel intenta controlar o balón; non o consegue pero despista ao meta visitante, ao quese lle colaba o balón por enriba para facer o segundo e definitivo tanto.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios