Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: Novos cambios, mesmos resultados

  • “O que non daba conta dende fóra é que ao equipo lle falta moito físico”, sinala o novo míster fisterrán
Fabian novo adestrador do Fisterra
Fabián, novo adestrador do Fisterra
Preferente: Novos cambios, mesmos resultados

Debutaba Fabián Mirón á fronte da SD Fisterra, trala destitución. Pero as cousas non melloraron moito para o cadro fisterrán, que sufría unha nova goleada e se mantén no pozo da táboa con apenas 2 puntos en 9 xornadas.

Non foi mellor a cousa para o Sofán. O cadro carballés volveu con 4 da Barraña, coa sensación de non poder cun dos de arriba.

Fisterra - Victoria (0-6)

  • Fisterra: Ángel, Andrés Vigo, Julito, Breixo, Martín, Jano, Lobelos, Mauro, Mario, Alex Vázquez, Hibrahim. Tamén: Aarón Casais, Toni, Jonathan, Mamadou e Lois.
  • Goles: 0-1, m.16; 0-2, m.21; 0-3, m.23; 0-4, m.36; 0-5, m.68; 0-6, m.79.

En apenas media hora o partido quedou liquidado. Os coruñeses xa colaran 4 tantos na meta local tras senllos erros grosos da defensa fisterrá. A partir de aí o equipo baixou os brazos e se deixou ir. Pero a mensaxe nos vestiarios foi de tranquilidade, de soltarse a presión e intentar baixar a pelota e o no segundo tempo o equipo estivo algo máis presente.

Difícil comezo da nova etapa de Fabián, que apenas tivo un adestramento e que ademais se atopou cun equipo cheo de baixas no que mesmo tiveron que saltar 3 xuvenís no 11 (só recuperaron ao muradán Toni). “O que non daba conta dende fóra é que ao equipo lle falta moito físico”, analiza Fabián tras ver o baixón do equipo a partir do m.40.
En calquera caso, “ao equipo lle doe perder, iso véxoo, os chicos están mal e queren revertir iso. Pero cando non hai físico é imposible. Por iso vou facer unha minipretemporada con eles a ver se nos poñemos a tono. Esixencia póñoa eu, quero salvar ao equipo”, sentenza.

 

Boiro - Sofán (4-1)

11 do Sofan na Barrana
11 do Sofán na Barraña-Foto-Luis González SD
  • Sofán: Brais, Noé, Diego Rod., Becerra, Canedo, Alexandre, Iván Parafita, Fabián, Dani García, Pablo Parafita, Bandera. Tamén: Álex López, Taibo, Dani Pena, Alex Montes, Juanjo, Eibe.
  • Goles: 1-0, m.13; 2-0, m.28; 3-0, m.48; 3-1, m.59: Iván Parafita; 4-0, m.90.

Primeira metade de clarísima superioridade local, marcando 2-0 ao descanso, cunha defensa visitante que deu facilidades para un equipo con ese poderío. Fita tería un man a man para poder recortar distancias, pero nada máis saír dos vestiarios os locais facían o 3-0.
O cadro de Torreira meteu máis agresividade e puido recurtar co tanto de Fita, pero só foi un espellismo e os locais non sufriron no treito final, senón que acabaron marcando un tanto máis.

Todas as crónicas de Preferente

A táboa en futboldacosta.com

Comentarios