Preferente: Set e promoción
24 de marzo de 2025 (10:24 h.)
Terceira vitoria seguida do Sofán que volve colocarse en postos de promoción tras golear a un Sigüeiro, que aínda avantaxa en 2 puntos aos carballeses. Unha goleada que vale moito ademais animicamente.
Preferente, xornada 27
- Resultado: Sofán - Sigüeiro (6-1)
- Sofán: Gardu, Javichu, Iván, Álex, Dani, Pablo Parafita, Fabián, Martín, Iván Parafita, Braian e Eloy Díaz.
- Goles: 1-0 m.12: Eloy de penalti; 1-1, m.21: Cristian Liñares; 2-1, m.55: Javichu; 3-1, m.66: Braian; 4-1, m.69: Martín; 5-1, m.89: Becerra; 6-1, m.90: Fabián.
Custoulle romper o partido ao cadro de Torreira, e malia adiantarse no marcador tras un penalti cometido sobre Martín, o cadro visitante conseguía empatar.
Tras moitos minutos de control inerte, o equipo carballés saía cunha marcha máis na segunda, avisando por medio de Fita, e de contado, marcando por medio de Javichu, o mellor do partido pois tamén acabou con 3 asistencias. Dous tantos seguidos de Braian e Martín deixaban sentenciado un choque que finiquitaban Becerra e Fabián sobre os 90.
Todas as Crónicas da Preferente
- X.26: A SD gaña pola mínima.
- X.25: O Sofán recupera a senda da vitoria.
- X.23: O Negreira alonxa ao Sofán da pelexa no desconto.
- X.22: O Sofán cae ante un rival directo.
- X.21: O Sofán recupera terreo co primeiro vagón.
- X.20: O Sofán deixa escapar en Miño o primeiro vagón:
- X.15: O Sofán mantense no podio.
- X.14: O Paisaco leva o derbi bergantiñán.
- X.12: O líder invicto non pode co Sofán.
- X.11: O Sofán colle praza no segundo vagón.
- X.10: O Sofán volve aos postos nobles.
- X.9: O Sofán deixa escapar dous puntos do Carral.
- X.8: O Pol frea ao Sofán tras 4 vitorias seguidas.
- X.7: O Sofán pode con todo un #CopadoRei.
- X.6: O Sofán xa se cola na zona noble.
- X.5: O Carral volve ser un fortín.
- X.4: A SD reivindícase co balón.
- X.3: O Carral volve sufrir.
- X.2: A expulsión de Noé deixa ao Sofán sen premio.
- X.1: O Sofán comeza mandando dende atrás.
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.