mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: O Sofán recupera a senda da vitoria

Sofan SD - Pol
Preferente: O Sofán recupera a senda da vitoria

Recuperou a senda da vitoria o Sofán nesta xornada 25 tras 3 derrotas consecutivas que o alonxaron da pelexa polos postos de promoción. Con esta vitoria os carballeses fican na 8ª praza pero só a 3-4 puntos dos 4º e 5º clasificado, polo que queda todo aberto a falta de 9 xornadasl.

Sofán - Pol (4-2)

  • Sofán: Brais Gómez, Javichu, Álex, Braian, Dani; Pablo Parafita, Fabián; Martín, Paulo, Montero e Eloy Díaz.
  • Goles: 1-0, m.1: Eloy Díaz; 1-1, m.12: Fernando Cuadrado; 2-1, m.38: Paulo; 3-1, m.66: Álex Sánchez de cabeza nun córner; 3-2, m.70: Fernando Cuadrado de penalti; 4-2, m.90 Rául Pérez.
Sofan-POL 8M
Sofán e Pol posaron cunha pancarta do 8M

Vitoria merecida dunha SD que se adiantou nada máis comezar gracias a un erro na saída do balón do Pol e unha boa recuperación na presión de Martín. Non tardaron en empatar os visitantes, pero antes do descanso Paulo marcaría nunha xogada individual para meterse de novo por diante.

Os de Pablo Torreira saían moi firmes na segunda e ampliaban a renda, pero acto seguido os visitantes metíanse de novo no partido, deixando o choque aberto case que ata o desconto, cando Raúl sentenciaba.

Todas as Crónicas da Preferente

Máis info

Comentarios