Preferente: A SD gaña pola mínima

09:37 17/03/25
Segunda vitoria consecutiva para a SD Sofán despois do bache de febreiro, no que sumou 3 derrotas. Os de Pablo Torreira venceron pola mínima no Saviñao cun gol en propia meta do rival nos últimos minutos.
Cos puntos, queda na 7ª praza, pero a tiro de pedra de 4º e 5º clasificado.
Preferente, xornada 26
- Atlético Escairón - Sofán (0-1).
- Sofán: Brais Gómez; Raúl, Álex, Pablo Parafita, Dani; Iván Parafita, Fabián; Martín, Paulo, Braian e Eloy Díaz.
- Gol: 0-1, m.82: en propia.
Apretada vitoria do Sofán ante un serio Escairón, que viña moi necesitado estando na penúltima praza pero con opcións de saír. O equipo carballés foi superior na primeira metade, tendo varias ocasións, mesmo un gol anulado, que non servirían para poñerse por diante.
Seguíu dominando o Sofán na segunda, pero o gol non chegaba e tivo que ser na recta final, e cun gol en propia, como a SD se levaría os puntos do campo lucense.
Todas as Crónicas da Preferente
- X.25: O Sofán recupera a senda da vitoria.
- X.23: O Negreira alonxa ao Sofán da pelexa no desconto.
- X.22: O Sofán cae ante un rival directo.
- X.21: O Sofán recupera terreo co primeiro vagón.
- X.20: O Sofán deixa escapar en Miño o primeiro vagón:
- X.15: O Sofán mantense no podio.
- X.14: O Paisaco leva o derbi bergantiñán.
- X.12: O líder invicto non pode co Sofán.
- X.11: O Sofán colle praza no segundo vagón.
- X.10: O Sofán volve aos postos nobles.
- X.9: O Sofán deixa escapar dous puntos do Carral.
- X.8: O Pol frea ao Sofán tras 4 vitorias seguidas.
- X.7: O Sofán pode con todo un #CopadoRei.
- X.6: O Sofán xa se cola na zona noble.
- X.5: O Carral volve ser un fortín.
- X.4: A SD reivindícase co balón.
- X.3: O Carral volve sufrir.
- X.2: A expulsión de Noé deixa ao Sofán sen premio.
- X.1: O Sofán comeza mandando dende atrás.
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.