Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán mantén ao Victoria a raia

11 do Sofan na Coruna-Foto-Luis Gonzalez
11 do Sofán na Coruña-Foto-Luis González
Preferente: O Sofán mantén ao Victoria a raia

Sumou un punto o Sofán na súa visita á Grela, que polo menos permite deixar por debaixo ao cadro herculino do Victoria CF. Pero non se poden despistar os de Torreira, pois o primeiro posto de descenso está a só 6 puntos, a pesar de ter outros 5 equipos polo medio.

Mentres o Fisterra segue coa súa lenta agonía sufrindo derrota tras derrota.

Todo nunha xornada na que o fútbol galego lembrou, cun minuto de silencio en todos os campos, a Amancio, como nós o lembramos coas historias xalleiras que nos contou José María Suárez.

 

Betanzos - Fisterra (6-1)

  • Fisterra: Cote, Julito, Jano, Aarón, Juan Trillo, Alex, Mario, Lobelos, Soli, Gabri, Luisete. Tamén: Isaías, Jose, Lois, Ibra, Martín e Guille.
  • Goles: 1-0, m.15; 2-0, m.16; 3-0, m.18: 4-0, m.54; 5-0, m.56; 6-0, m.78; 6-1, m.89: Martín.

3 goles en 3 minutos cando apenas ían 15 minutos de xogos, é demasiado peso para poder levantar, e pon de manifesto os momentos de desconexión que sofre este equipo. O cadro fisterrán saíu forte no García Hermanos, chegando á meta contraria e facendo intervir ao porteiro local, pero 5 minutos de “pájara” permitiron que os do ex Pablo Vigo (non estaba Juan de Dora) metese 3 goles tras sendos centros dende a dereita.

Calmouse o encontro ata unha segunda metade na que de novo os locais, situados na 3ª praza, foron superiores e os locais ían ampliando a renda aproveitando os regalos do novo plantel fisterrán. A mellor nova, o gol do xuvenil Martín tras un pase espectacular do tamén xuvenil Mario.

 

Victoria- Sofán (1-1)

  • Sofán: Brais, Noe, Gody, Bece, Alexandre, Fabián, Brais Cancela, Bandera, Juanjo, Eibe, Montes. Tamén: Álex, Fita, Taibo, Dani Pena, Dani García e Roi.
  • Goles: 0-1, m.56: Bece; 1.1, m.84: de penalti.

Bo partido da SD, que saía coas gañas de ter o balón ante un cadro local máis temeroso. Avisaba Eibe cunha falta nada máis comezar pero non había demasiadas ocasións. Si que Alexandre tivo un tiro dende a frontal case ao descanso.

Arrincou a segunda co Victoria esperando os erros na saída dos carballeses, que se adiantaban no rexeite dun córner. Mantiveron a pelota os de Torreira ata que, apurados polo tempo, os herculinos foron vindo cara arriba. O partido comezou a ser un ida e volta, e a 5 do final, un penalti cometido por Becerra, suporía o empate do Victoria e posteriormente. Aínda tivero Taibo e Alexandre o 1-2 pero non estiveron acertados e o partido rematou en táboas, sumando o 4º encontro sen perder dos vermellos.

 

TODAS AS CRÓNICAS DA PREFERENTE

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios