Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Previa: O título da Liga Xuvenil, en xogo no Carral

Imaxe dun Xallas-Sofan Xuvenil-Foto-Luis Gonzalez
Imaxe do Xallas-Sofán Xuvenil da ida . Foto-Luis González
Previa: O título da Liga Xuvenil, en xogo no Carral

Vén marcada esta xornada, ademais de pola volta dos colexiados costeiros aos campos, pola disputa de media Liga Xuvenil. A 4 xornada para o final, os dous primeiros e destacados conxuntos, que xa se xogaron a liga a vida ou morte o ano pasado, enfróntanse este sábado 11 ás 18:00h no Carral.

O Sofán de Barca e Diego Viaño recibe ao Xallas de Jota. Os carballeses chegan a 2 puntos dos xalleiros, pero cun partido menos, polo que o que aconteza no choque será vita para o desenlace da Liga, a consecución do título e o único pase á Liga de Ascenso.

Falamos de dous equipos moi parellos. O Sofán é un equipo moi forte, cun gran porteiro e unha gran defensa. Os de Jota están moi mellorados con respecto o ano pasado, coa chegada de Marcos, o completemento perfecto para a defensa, e a subida dos cadetes Asier e Souto, e Manu Cuns.

Se polo bando xalleiro "estamos todos e imos con todo", polo vermello terán que agardar ata última hora pois ata 5 xogadores están con molestias musculares, pero agardan que estean listos para o sábado.

”O partido vaise determinar por detalles, un fallo nunha marca, un mal despexe…”, considera un Jota que como na ida, cre que “o primeiro que marque vai ter moito gañado”.

Máis previa

A finde ten varios puntos de interese, como o derbi de 1ª entre Baio e Soneira, ou o choque no alto entre Lalín e Xallas.

Na Liga da Costa, os ollos estarán postos no San Lorenzo - Castriz da tarde do sábado.

Ademais, en 3ª, o Porteño celebrará o ascenso cunha festa para os seus socios, no derbi ante o Camelle.

Importante xornada ademais para os dous postos de playoff que quedan pendentes de confirmar, cun Buño-Laxe, un Xallas B - Lira e un Zas-Malpica.

Pero sen dúbida, unha das grandes citas será o Xallas-Dumbría da 2ª Feminina na mañá dominical. O cadro dumbriés é unha pedra de toque para as líderes do gr.4.

Todos os horarios e o carrusel domincal en www.futboldacosta.com.

Comentarios