Martes. 19.03.2024
El tiempo

#PreviaQPC: Tres derbis costeiros na 1ª e 2 na Liga da Costa poñen o foco da xornada

Imaxe dun Ponteceso-Corme no Pinguel de 2019
#PreviaQPC: Tres derbis costeiros na 1ª e 2 na Liga da Costa poñen o foco da xornada

Tralo repaso aos e ás pichichis das Ligas da Costa, afrontamos unha nova semana chea de Fútbol costeitro. A día de hoxe, venres, non hai ningún aprazado por COVID.

Comezando a previa por arriba, o Sofán recibirá ao Viveiro o domingo pola mañá. Partido chave, trala vitoria colleitada en Noia, para engancharse á salvación pois o cadro da Mariña é xusto o que marca a salvación, con 9 puntos de vantaxe sobre os carballeses, a falta de aínda 13 xornadas.

A semana na Preferente viu marcada pola estrana non aparición do Estudiantil (o pechacancelas da categoría) en Ara Solis para disputar un dos numerosos partidos atrasados que lle quedan por disputar aos de Juan Purrúa, En calquera caso, serán case seguro 3 puntiños máis para intentar achegarse aos 5 postos de arriba, entre os que está o Dubra, equipo que visitan o domingo pola tarde.
O Xallas, coa idea de quedar o máis arriba posible para a seguinte fase visita a outros dos de arriba, O Pino.

Xa na nosa 1ª Galicia, teremos 3 derbis, destacando o que enfrontará no Pinguel a Ponteceso e Corme. Os dous últimos da táboa buscan a súa segunda vitoria do curso. Ademais, o líder Mazaricos terá outro derbi ante o Volantes, no mellor momento da tempada dos dous equipos. 3 vitorias seguidas levan os laranxas, 5 os amarelos.
Tamén teremos derbi soneirán, cun Baio que intentará colarsse entre os 3 de arriba superando ao Soneira. Pola súa banda, o Dumbría visita ao potente Tordoia, como un dos últimos vagóns para subirse a ese podio que dá acceso á Liguila polo ascenso e asgeura a categoría.

A Liga da Costa hai tamén un derbi espectacular. O envalentonado Muros porá a proba ao poderoso líder, a Esteirana, nun choque de alto voltaxe, como o vivido na primeira volta en #QPCtv. Ademais, o Camariñas buscará chegar ao liderato aproveitando un hipotético tropezo dos blaugranas vencendo noutro fermosísimo choque ante o Muxía en Arliña.
No norte descansa o líder, e o Coristanco intentará achegarse vencendo ao pechacancelas, Zas, en San Andrés. A loita pola 3ª praza (a clave no formato de competición da Liga da Costa) está ben fermosa. 3 equipos empatados a dúa de hoxe, entre eles, o Cerqueda e o Castriz qaue se enfrontan en Xaviña. O San Lorenzo visita a un Buño á alza, mentres que Nantón e Malpica, que tamén están dentro da pelexa, se verán as caras nas Fontiñas.

Cando quedan 6 xornadas para o remate da 3ª Galicia, a cousa segue moi bonita por arriba. O líder, Porteño, buscará seguir sumando de 3 en 3, ante o pechacancelas, un Castrelo con eternos problemas de efectivos. Por detrás, o Corcubión recibe o sábado ao Pereiriña, que está inmerso na loita poala 5ª praza, con Laxe (que recibe ao Ameixenda), e Seaia, que visita o campo de Fontenla para enfrontarse a un dos equipos que máis gustan da categoría como é o Xallas B. O Oza medirá as posibilidades de engancharse á loita polas 5 primeiras prazas dun Camelle que leva sen xogar mes e medio…

Máis info

Comentarios