#PreviaQPC: Finde de despedidas, finalísimas e apuros
- Os resultados das competicións ligueiras e o carrusel dominical en www.futboldacosta.com.
- Os resultados das Fases Finais e da Copa da Costa sempre actualizados en www.copadacosta.com.
- Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.

As Finalísimas polos títulos de Infantís e Xuvenís protagonizan a máxima actualidade desta fin de semana. Pero así e todo hai moitas cousas.
Como a despedida da SD Sofán da categoría nacional, nun choque na mañá dominical ante o Estradense no que ademais se vivirá outra emotiva marcha, a de Raúl, eterno dianteiro do Carral.
Na Preferente, bola de partido para o Xallas, outro dos equipos costeiros sobre o que pesa a sombra dos descensos e arrastres. Os de David González visitan ao Santaballés no que pode ser unha viaxe á esperanza ou ao inferno.
Na 1ª, o Baio ten a súa última ocasión de subirse ao carro do ascenso, visitando ao Cidade de Ribeira. Peor teñen as cousas por Corme (descansa o cadro cormelán); por Ponteceso (visita o complicado campo do Tordoia); e por Muros (o Volantes ten outra final ante un rival directo como o Val do Ulla).
Na 2ª xornada da Liga de Ascenso da 2ª, así como nos grupos da Permanencia hai choques fermosos.
E ollo á 3ª, onde as cousas están apretadísimas por conseguir a única praza de ascenso. No Gr.A descansa o Xallas B e o Corcubión non pode fallar na súa visita ao Seaia. No B, o Laxe, despois de vencer ao Laxe e presentar a súa candidatura, non debe fallar ante o Ameixenda, e esperar que o Porteño non esperte ante un moi mellorado Pereiriña.
Mención especial para o Futfem. O Bergan, trala impresionante convocatoria de Elena Vázquez coa Selección Española Sub-15 segue soñando co ascenso á 1ª Nacional (é posible que haia dous postos e o equipo aínda ten posibilidades) e para iso ten que vencer no Val.
Ademais, comeza a Fase de Ascenso á 1ª Galega, a partido único. O Cerqueda visita na mañá do domingo ao Mos B, e o Cee recibe ao Carral á mesma hora.