Venres. 19.04.2024
El tiempo

A RFGF activa a posta en marcha de todas as categorías de Fútbol base

Imaxe do Corme-Esteirana de Xuvenis-Foto-Fin Lema
Imaxe do Corme-Esteirana de Xuvenís-Foto-Fin Lema
A RFGF activa a posta en marcha de todas as categorías de Fútbol base

Trala activación da Preferente e das Ligas Autonómicas de base, a Real Federación Galega de Fútbol anuncia a posta en marcha de todas as categorías do fútbol base galego. Así, tanto as ligas provincias como locais arrincarían en formato exprés para esta tempada 20-21.

Así o decidía, por unanimidade, o Comité Galego de Fútbol Base tras unha videoconferencia realizada este pasado luns, que se repetía tamén para o fútbol feminino e o fútbol sala.

En principio ábrese un proceso de inscrición para coñecer con exactitude os equipos que participarán en cada categoría para a partir de aí elaborar os plans competicionais correspondentes, adaptados a cada realidade. Se hai descensos e ascensos ou non aínda está por debater, segundo nos sinalan dende a RFGF.

Os membros do Comité insistiron na “necesidade de dar aos rapaces e rapazas a posibilidade de practicar deporte no que queda de tempada, independentemente do modelo competicional, pois estamos a piques de cumprir un ano sen fútbol autonómico e todos demandan poder voltar á práctica deportiva coas medidas sanitarias establecidas no protocolo federativo autorizado pola Xunta de Galicia”.

Comite Galego de Futbol Base

Novas relacionadas

Comentarios