A Selección da Costa Sub15 compite e queda ás portas da Fase Final co Campionato Galego
Catro xogadoras costeiras xogarán a Fase Final coa Selección Sub14 da Coruña, que dirixe o carballés Gueli.

A Selección da Costa Sub15 participou este luns 15 de abril no Campionato Galego de Seleccións Comarcais celebrado en Valga. A Amarela, dirixida por Josiño Abelenda e Martín Vecino, co apoio de óscar Leis e Manuel Corredoira, fixo un grandisimo papel, e quedou ás portas de pasar á fase final, que se vai desputar o 17 de maio en O Val, Narón. De feito, foi o golaveraxe xeral o que deixou fóra aos costeiros despois de quedar empatados na 4ª posición con Ferrol.
As que si estarán nesa fase de O Val serán as nosas representantes na Selección Sub14 Feminina. As Ana Bugallo (malpicán xogadora do Victoria), Alexia Lorenzo (Coristanco), Lucía Rodríguez (Cabana) e Laura Caamaño (Esteirana) venceron por partida doble ás ordes de Gueli.
As nenas da Costa Ana, Alexia„ Lucia e Laura na Selección sub14 da Coruña
A Amarela sub15
Foron dous partidos, cunha derrota, mascada nos últimos minutos ante a potente Coruña, e unha vitoria xa pola tarde ante a Selección de Ourense.
1º partido: Selección da Coruña - Selección da Costa (2-0)
- Amarela: Iván (Sofán); Nico (Dumbría), Joel Ameijeiras (Zas), Martín Lodeiro (Dumbría), Guille (Zas), Sergio (Cee), Xoel (Corme), Pablo (Outes), Keko (Outes), Raúl (Dumbría), Alfredo (Cee). Tamén xogaron: Manu Nantón (Cabana), Bryan (Zas), Manu (Sofán), Miguel (Cabana), Álex (Cee), Guille Botas (Sofán) e Martín Rama (Esteirana).
A Amarela competiu cara a cara cun dos cocos da competición. Os herculinos dominaban o control do balón, pero os costeiros estaban moi ben pratandos e non sufrían. Alfredo e Raúl buscaban as contras coa súa velocidade.
O choque estivo 85 minutos igualado, pero falta de 4 minutos un despiste nunha marca nun corner provocou o 1-0. Foi aí ao final os nosos adiantaron liñas na busca do empate, e na ultima xogada unha contra da Coruña cos costeiros volcados chegou o 2-0. Moi boa sensación a que deixou a Costa neste partido inagural.
2º partido: Selección da Costa - Selección de Orense (1-0)
- Amarela: Manuel Nantón; Nico, Martín Lodeiro; Guille; Joel Ameijeiras, Sergio, Pablo, Xoel, Raúl, Manu, Alfredo. Tamén xogaron: Iván, Keko, Bryan, Guille Botas, Miguel, Alex, Martín.
Partido ante Ourense e de novo a Costa raiou a un grandísimo nivel, Alfredo primeiro, Joel e Raúl rondaron o gol. A Selección da Costa foi medrando co paso dos minutos e nunha accion a balon parado o dumbriés Martín Lodeiro facía o 1-0 que supón unha vitoria historica para o combinado costeiro.
Selección Sub 14 Feminina da Coruña
As de Gueli pasan primeiras de grupo con 11 goles a favor e 0 en contra en cuatro partidos. En Valga venceron a Ourense por 0-2 e a Santiago por 0-1, e xa preparan a Fase Final de Narón. En semis estará a potente selección de Vigo.
Novas relacionadas
- Xaneiro 19: A sub15 volve coller o protagonismo.
- Xaneiro 19: A sub15 vive Abegondo.