A Sub15 prepárase cun amistoso para o Campionato Galego do luns

11:45 11/04/19
Este luns 15 de abril a Selección Sub15 da Costa disputará a segunda fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais. A cita desenvolverase en Valga, onde tamén se celebrará o campionato Sub14 feminino.
En féminas non contamos con Amarela, pero Gueli si que convocou a varias xogadoras costeiras para a Selección da Coruña: Alexia Lorenzo (Coristanco), Laura Caamaño (Esteirana), Lucía Rodríguez (Cabana) e ademais Ana Bugallo, natural de Malpica, que xogan no Victoria.
Os de Josiño e Martín teñen hoxe mesmo, xoves 11 de abril, un amistoso contra un combinado do Bergantiños da Liga Galega e de División de Honra. A cita de preparación será ás 18:15 no Carral.
A convocatoria é a seguinte:
XOGADOR | CLUB |
IVÁN FRAGA ECHEVERRY | S.D. SOFÁN |
MANUEL CASTRO RAMILO | S.D. SOFÁN |
GUILLERMO EIROA BLANCO | C.D.C. ZAS |
NICOLÁS ABELENDA POSE | DUMBRIA C.F. |
ISAAC VILAR RAMOS | U.C. CEE |
PABLO TUÑAS CAAMAÑO | OUTES C.F. |
SERGIO PAZ LUACES | U.C. CEE |
MARTIN RAMA NUÑEZ | ESTEIRANA |
ALFREDO VÁZQUEZ RODRIGUEZ | U.C. CEE |
MIGUEL BLANCO MOUZO | CABANA SD |
SERGIO MARTINEZ BAZARRA | OUTES C.F. |
XOEL CASTRO GARCIA | CORME C.F. |
MANUEL NANTÓN VARELA | CABANA S.D |
LUIS G. GONZALEZ BOTAS LAGO | S.D. SOFÁN |
JOEL AMEIJEIRAS GRILLE | C.D.C. ZAS |
MARTIN LODEIRO PÉREZ | DUMBRIA C.F. |
BRYAN GARCIA PEREIRA | C.D.C. ZAS |
RAUL LADO MAYO | DUMBRIA C.F. |
Horario
Novas relacionadas
- Xaneiro 19: A sub15 volve coller o protagonismo.
- Xaneiro 19: A sub15 vive Abegondo.