A UD Cerqueda presenta o seu equipo feminino

16:14 10/07/20
Segue medrando o fútbol feminino na Costa da More. Se hai dous anos só había 2 equipos en competicións do FutFem (As Miúdas e Bergantiños), o ano pasado xa se incorporaron outros dous (Cee e Mazaricos). O curso 2020/2021 dará un novo impulso.
A primeira en facerse realidade é a do UD Cerqueda Feminino. Hoxe, o club (que ten como novo presidente a Héctor, fai oficial a creación do equipo feminino.
Polo momento coñecemos ás 3 primeiras “fundadoras”, Lucía, Lydia e Mónica, e ao longo da semana irá publicando nas redes sociais o resto do plantel.
Novas relacionadas
- Rebeca Facal e Silvia Cancela valoran o auxe da presencia da muller no Fútbol da Costa.
- Unha hora con Fran Figueroa falando sobre o auxe do Fútbol Feminino.
Entrevistas #Futfem
- José ángel e Graci, do Mazaricos Fem.: “A aprendizaxe foi brutal xa que melloraron a un ritmo tremendo”.
- Saskia, xogadora do Bergan: "Ano de aprendizaxe onde hai que pelexar por un posto contra xogadoras máis veteranas.”.
- Alba Trillo, xogadora do UC Cee: “Xogar a fase de ascenso no primeiro ano estaría moi, moi ben!”.
- Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”.